Mediante a Resolución reitoral do 2 de decembro de 2022 (DOG do 16 de decembro e BOE do 6 de marzo de 2023), convocáronse as probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade química (resonancia magnética nuclear), grupo III, pola quenda de acceso libre.
Mediante a Resolución reitoral do 28 de abril de 2023 (DOG do 11 de maio), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.
Rematado o dito prazo, e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,
resolvo:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.
Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas para a realización do segundo exercicio da fase de oposición o día 18 de outubro de 2023, ás 11.00 horas, na «Aula Seminario de Físico-Química», no pavillón central da Facultade de Farmacia, avenida de Vigo, s/n, Campus Sur, Santiago de Compostela.
A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuarase polo tribunal, nos locais onde se realizase a proba anterior, no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web:
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo de un mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2023
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela