DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 1 de setembro de 2023 Páx. 51261

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 14 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polos expedientes de expropiación IN407A 2021/258 e un máis.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócase a todas as persoas interesadas e, particularmente, as relacionadas no anexo que segue a este escrito, ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas denominadas nova saída LMT do CS Xesta e derivación Currelos, no concello da Laracha (expediente IN407A 2022/307), e regulamentación da LMTA SNT822 entre os apoios D22-35-1 e D22-35-2, no concello de Ames (expediente 2021/258), acto que se realizará, en primeiro lugar, sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias municipais dos mencionados concellos, seguindo o calendario e horario que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas titulares dos bens ou dereitos afectados por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 14 de agosto de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/307-1.

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Concello: A Laracha.

Nº predio

Concello

Lugar

Datos catastrais

Titular

Data

Hora

2

A Laracha

Casa Vedra

Polígono 501, predio 696

María Jesús Cabezas Vilas

25.10.2023

10.30

Expediente: IN407A 2021/258-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Concello: Ames.

Nº predio

Concello

Lugar

Datos catastrais

Titular

Data

Hora

2

Ames

Rial

Polígono 507, predio 786

Áurea Arufe Pensado

6.10.23

10.30