DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 1 de setembro de 2023 Páx. 51263

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 14 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, de consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente IN407A 2021/29-1, no concello da Laracha.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT e CT Teixoeira, no concello da Laracha (expediente IN407A 2021/29-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 14 de agosto de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/29-1.

Entidade beneficiaria: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Denominación da instalación: LMT e CT Teixoeira.

Concello: A Laracha.

Predio

Referencia catastral

Titularidade proposta

Depósito

Importe

1

0674903NH3807S0001TA

Descoñecida

757/2023

502,54 €

2

15042A153001250000RO

Herdeiros de Dolores Vilas López

758/2023

2.032,28 €