De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázase a persoa citada no anexo para proceder á notificación da resolución ditada no expediente que se indica no referido anexo, instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta no dito expediente tramitado nesta xefatura territorial.
Para o coñecemento íntegro da resolución, a persoa interesada por si mesma ou a través da persoa que legalmente a represente poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial en Vigo, da Consellería de Política Social e Xuventude, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborais, das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do dito prazo establecido para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses, desde o día seguinte á notificación da resolución, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.
Vigo, 9 de agosto de 2023
A xefa territorial de Vigo
P.A. (Decreto 124/2022, do 23 de xuño)
Mª Ana Gómez Carrera
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa
ANEXO
Nº de expediente: 2023/69-36.
NIE: Y5409092N.
Acto que se notifica: Resolución administrativa do 9 de xuño de 2023.
Efectos xurídicos que produce a resolución: mantemento de medida administrativa.