DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 30 de agosto de 2023 Páx. 51088

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barro

ANUNCIO da oferta de emprego público de 2023.

Procedemento: oferta de emprego público.

Expediente: 432/2023.

Mediante a Resolución da Alcaldía deste concello 2023-0281, do 23 de agosto de 2023, aprobouse a oferta extraordinaria de emprego público correspondente á praza que a seguir se menciona, para o ano 2023.

Persoal laboral:

Nº de vacantes

Denominación

Xornada

Sistema de acceso

1

Auxiliar secretario xulgado de paz

½ xornada

Concurso oposición

O que se fai público en cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e no artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Barro, 23 de agosto de 2023

Xosé Manuel Fernández Abraldes
Alcalde