DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 30 de agosto de 2023 Páx. 51062

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 10 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS626F (expediente 15011000219R e dous máis).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial, intentada a notificación dos requirimentos de documentación ditados nos procedementos de revisión no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar, por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para seren notificadas dos ditos actos administrativos.

Así, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer, para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes e advírteselles que, de non o faceren, se entenderá efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

As persoas interesadas poderán comparecer, persoal ou debidamente representadas, na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que, transcorrido o prazo que se indique nos requirimentos, contado desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia sen teren presentado a documentación, continuará a tramitación dos expedientes sen prexuízo da adopción das medidas que procedan, de conformidade co disposto no artigo 43 e seguintes da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.

A Coruña, 10 de xullo de 2023

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS626F

Nº de expediente

DNI/NIE/ID

Acto administrativo

Data do acto administrativo

15011000219R

52456386X

Requirimento de documentación

31.5.2023

15030023522R

Y9160231N

Requirimento de documentación

8.6.2023

15030030422R

Y8847778Z

Requirimento de documentación

9.6.2023