DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 29 de agosto de 2023 Páx. 50950

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vilagarcía de Arousa (expediente IN407A 2023/303-4).

Expediente: IN407A 2023/303-4.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: substitución do apoio 9TMKN1M1A/9-1 da LMTA VAR 8051131, LMTA, LMTS e ITC.

Situación: concello de Vilagarcía de Arousa.

Feitos:

Primeiro. O 25 de maio de 2023, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación eléctrica denominada substitución do apoio 9TMKN1M1A/9-1 da LMTA VAR 8051131, LMTA, LMTS e ITC.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que consiste na instalación dun elemento de manobra na rede aérea de media tensión VAR805, mediante as seguintes actuacións situadas na Lomba, na parroquia de Sobradelo, no concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra):

– No tramo VAR8051131 substitúese o apoio 9TMKN1M1A/9-1 por un de celosía C-1000/14, no cal se instala un interruptor telecontrolado (ITC).

– Substitución por mesmo condutor do tramo de liña de media tensión aérea (LMTA) desde o apoio 9TMGWEQS//9 ata o apoio proxectado.

– Desmontaxe de 9 metros do tramo de liña de media tensión subterránea VAR8051130 ao centro de transformación Piscina (36CZ65).

– Instalación dunha liña de media tensión subterránea (LMTS) de 16 metros desde o apoio proxectado ata un empalme coa LMTS VAR8051130.

Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Vilagarcía de Arousa.

O informe municipal indica que as obras son viables desde o punto de vista do cumprimento da normativa municipal.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Segunda. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresarias en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

Terceira. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Substitución do apoio 9TMKN1M1A/9-1 da LMTA VAR8051131 por un apoio C-1000/14, no cal se instala un interruptor telecontrolado.

– LMTS a 20 kV, con condutor RHZ1, de 16 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-1000/14, mediante un paso aéreo-subterráneo, e final no empalme coa LMTS VAR8051130.

– LMTA aérea a 20 kV, con condutor LA-56, de 15 metros de lonxitude, con orixe no apoio 9TMGWEQS//9 e final no apoio proxectado C-1000/14.

– A instalación está situada na rúa Adolfo Pedrido Morla, A Lomba, parroquia de Sobradelo, no concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Consonte o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar a UFD Distribución Electricidad, S.A. a autorización administrativa previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada substitución do apoio 9TMKN1M1A/9-1 da LMTA VAR 8051131, LMTA, LMTS e ITC, expediente IN407A 2023/303-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e logo da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Terceiro. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 28 de xullo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra