DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 28 de agosto de 2023 Páx. 50811

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 21 de agosto de 2023 pola que se publica a redistribución e a ampliación do crédito da Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para investimentos produtivos, incremento da eficiencia enerxética e fomento da reconversión das empresas acuícolas a fontes de enerxía renovables, e para a obtención de servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, xurídico, ambiental ou económico no ámbito da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se procede á súa convocatoria para o ano 2023, tramitado como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE205F).

BDNS (Identif:): 669998.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da orde de ampliación de crédito cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Redistribución do crédito

1. Modifícase o crédito destinado ás axudas convocadas na Orde do 27 de decembro de 2022, redistribuíndo o crédito previsto na dita orde para a anualidade 2023 da seguinte maneira:

Aplicación de orixe

Proxecto de orixe

Aplicación de destino

Proxecto de orixe

Importe

15.02.723A.772.6

2016 272

15.02.723A.772.2

2016.271

90.000,00 €

15.02.723A.772.5

2016 269

92.656,90 €

Segundo. Ampliación do crédito orzamentario

Amplíase o importe da contía máxima das axudas, correspondentes á modalidade A, que se van conceder ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2022, na seguintes contías e aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023:

Crédito

Modalidade de axuda

Aplicación orzamentaria

Proxecto

Ano 2023

Inicial

Modalidade A

15.02.723A.772.2

2016 271

2.500.000,00 €

Ampliado

2.802.161,40 €

Terceiro. Prazo de presentación de solicitudes

A publicación desta orde non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2023

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar