DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 24 de agosto de 2023 Páx. 50294

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza vacante de oficial 1ª albanel.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 127, do 3 de xullo de 2023, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para cubrir definitivamente, mediante o sistema de selección de oposición, a praza de persoal laboral fixo do cadro de persoal, denominada oficial 1ª albanel, incluída na oferta de emprego público do ano 2021 e que se corresponde co posto nº 05.01.00.04 da relación de postos de traballo.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.

O Porriño, 21 de xullo de 2023

Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Alcalde