DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 24 de agosto de 2023 Páx. 50295

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación do Instituto Feiral da Coruña-Ifeco

ANUNCIO de publicación das baremacións provisionais dos tribunais cualificadores do proceso selectivo extraordinario de estabilización (grupo III asistente de dirección e grupo III técnico de mantemento).

Mediante as dúas resolucións do 28 de xullo de 2023, da presidenta dos tribunais, publícase a baremación provisional dos tribunais cualificadores do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de grupo III asistente de dirección e grupo III técnico de mantemento da Fundación do Instituto Feiral da Coruña (Ifeco).

Ambas as resolucións publicaranse no portal web corporativo da Fundación do Instituto Feiral da Coruña (Ifeco) www.expocoruna.com

A Coruña, 31 de xullo de 2023

Andrés Fernández Calderón
Director xerente da Fundación do Instituto Feiral da Coruña-Ifeco