DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 24 de agosto de 2023 Páx. 50263

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 1 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Chantada (expediente 2022/36 ATE).

O 25 de abril do 2023, a xefatura territorial de Lugo ditou resolución, pola que se outorgan á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previas e de construción, e se recoñece, en concreto, a utilidade pública, da instalación eléctrica denominada regulamentación LMTA DC CHA811-CHA813 -apoios D2, D3, D9, D13 e D26, no concello de Chantada (Lugo).

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación aos efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar todas as persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo a esta resolución e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do Concello de Chantada, deducida da que se someteu a información pública no diario La Voz de Galicia do 23 de febreiro de 2023 e no Diario Oficial de Galicia do 24 de febreiro de 2023, para que compareza o día 13 de setembro de 2023 no Concello de Chantada sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalará día e hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello de Chantada estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por unha persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, e poderanse acompañar dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Asi mesmo, advírteselles a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial (rolda da Muralla 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE) e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 1 de agosto de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Regulamentación LMTA DC CHA811-CHA813-apoios D2, D3, D9,
D13 e D26 (Chantada)

Nº de predio

Titular

Pol.

Parc.

Lugar

Cultivo

Afección
apoio

Sup. apoio

Lonxitude voo (m)

Superficie voo (m2)

1

J. Antonio Aguiar García

43

339

Penaschas

Prado

D3

2.0

7

José Manuel Fernández Fernández

45

629

Ligoeiras

Prado

D22

2.0

8

Mª Isabel Vázquez Suárez

45

235

Estradas

Prado

D26

2.0