DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 23 de agosto de 2023 Páx. 50119

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Soutomaior

ANUNCIO da oferta de emprego público 2023.

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local, do 24 de xullo de 2023, deste concello, aprobouse a oferta de emprego público correspondente ás prazas que a seguir se sinalan:

Persoal funcionario:

Grupo

Subgrupo

Escala

Subescala

Número de
prazas ofertadas

Quenda
(quenda libre/promoción interna)

C

C1

Administración xeral

Administrativo

1

Promoción interna

C

C2

Administración xeral

Auxiliar administrativo

1

Estabilización RDL 5/2023, do 28 de xuño. Taxa adicional (oferta de emprego público de exercicios anteriores)

Persoal laboral fixo:

Categoría laboral

Denominación

Número de prazas ofertadas

II

Bibliotecario/a

1

II

Técnico/a ambiente

1 (novo servizo)

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público do Concello de Soutomaior no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente o recurso potestativo de reposición ante este concello, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Vigo ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso potestativo de reposición, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente ao seu dereito.

Soutomaior, 24 de xullo de 2023

Manuel A. Lourenzo Sobral
Alcalde