DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 23 de agosto de 2023 Páx. 50098

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos da Laracha e Carballo (expediente IN407A 2022/334-1).

Expediente: IN407A 2022/334-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: regulamentación da LMTA Laracha (BRT706)-apoios A2WHQ3TH/35 ao A292260O/43.

Concellos: A Laracha e Carballo.

Feitos:

1 O día 14 de outubro de 2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución eléctrica, co fin de realizar obras de regulamentación de diferentes treitos aéreos da liña de distribución de media tensión LMT BRT806 (expediente 27.210), procedente da subestación Bértoa. Proxéctase a substitución de varios apoios de formigón por outros metálicos, así como a substitución dos condutores da liña nos vans existentes entre os ditos apoios.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución nomeado Regulamentación da LMTA Laracha (BRT706)-apoios A2WHQ3TH/35 ao A292260O/43, asinado por Rubén Fervenza Nicolás o 27 de abril de 2022, enxeñeiro técnico industrial graduado en enxeñaría eléctrica e co número colexial 4.684 de Vigo (CoitiVigo).

• Anexo: asinado o 29 de agosto de 2022 por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial e co número colexial 15.670 de Madrid.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

• Portal da transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

• DOG do 8 de maio de 2023.

• BOP do 20 de abril de 2023.

• Xornal La Voz de Galicia do 1 de maio de 2023.

• Taboleiro de anuncios do concello, segundo certificado municipal da secretaria do concello de Laracha do 27 de xuño de 2023.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Augas de Galicia-Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e aos concellos da Laracha e Carballo.

A empresa promotora manifestou a súa conformidade co informe presentado polo Concello de Carballo no prazo outorgado para ese efecto.

No día desta resolución, non consta no expediente resposta de Augas nin do Concello da Laracha á solicitude de informe.

5. O día 20 de xullo de 2023 emitiuse un informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 59/2023, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia; o Decreto 79/2023, do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia; e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño de 2014).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

Regulamentación da LMTA BRT806 (expediente 27.210), procedente da subestación Bértoa, coas seguintes actuacións:

– Substitución dos apoios A2WHQ3TH//35, A2UCEOPG//36, A2O0V7O9//38, A2FKAMKO//41 e A292260O//43 de formigón por apoios tipo celosía C-16/2000-H35-CAIII, C-14/1000 H35 CAIII, C-16/2000 H35 CAIII, C-16/1000 H35 CAIII e C-16/1000 T35/180 CAIII, respectivamente.

– Retensado do treito da LMTA, a 15 kV, de 139 metros en condutor tipo LA-110 Al coa orixe no apoio número A30TSGH0//34 existente e remate no apoio número 35 que se substitúe.

– Substitución de condutor en treito LMTA, a 15 kV, de 412 m en condutor tipo LA-110 Al, coa orixe no apoio número 35 e existente e remate no apoio número 38 que se substitúe.

– Retensado do treito da LMTA, a 15 kV, de 155 m en condutor tipo LA-110 Al, coa orixe no apoio número 38 que se substitúe e remate no apoio número A2L4U7SH//39 existente.

– Retensado do treito da LMTA, a 15 kV, de 161 m en condutor tipo LA-110 Al, coa orixe no apoio número A2IH33IA//40 existente e remate no apoio número 41 que se substitúe.

– Substitución de condutor en treito LMTA, a 15 kV, de 346 m en condutor tipo LA-110 Al, coa orixe no apoio número 41 que se substitúe e remate no apoio número 43 que se substitúe.

– Retensado do treito da LMTA, a 15 kV, de 255 m en condutor tipo LA-110 Al, coa orixe no apoio número 43 que se substitúe e remate no apoio número A24LM6FW//44 existente.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 31 de xullo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña