DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 23 de agosto de 2023 Páx. 50103

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 4 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e logo de intentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícaselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo, as comunicacións de inicio ou resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de comunicacións de inicio do procedemento sancionador, outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para aleguen o que consideren conveniente, e presentaren a documentación que consideren oportuna.

Para o caso de resolucións do procedemento sancionador, a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderá interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, reclamación administrativa previa, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en materia de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa cabe formular demanda perante o xulgado do social competente, no prazo de dous meses seguintes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñecemento, a persoa interesada poderá comparecer debidamente acreditada na oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 4 de agosto de 2023

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

(DNI/NIE)

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

08369514K

08369514K/02-06-2023/2.1.D

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

33334297Y

33334297Y/24-04-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

33338802A

33338802A/08-03-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

34290516T

34290516T/07-06-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

O Corgo

34321947J

34321947J/13-03-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

50580518E

50580518E/20-06-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Barreiros

Y4493530B

Y4493530B/03-03-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

33837170F

33837170F/10-04-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Friol

35695419V

35695419V/20-02-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

35695419V

35695419V/15-12-2022/2.1.A

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

48779631N

48779631N/22-12-2022/2.1.A

Resolución de procedemento sancionador

Outeiro de Rei

79340261J

79340261J/12-04-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vilalba

X5708073W

X5708073W/15-03-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

X7907465L

X7907465L/22-06-2022/2.1.D

Resolución de procedemento sancionador

Foz