DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 23 de agosto de 2023 Páx. 50054

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 4 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2023, para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, para a preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización correspondentes a 2022, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) (código de procedemento PE155C).

BDNS (Identif.): 712823.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) y 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvenciones (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das subvencións, as organizacións de produtores pesqueiros do ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, inscritas no Rexistro de Organizacións de Produtores Pesqueiros e Asociacións de Organizacións de Produtores, establecido no artigo 8 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.

Segundo. Finalidade

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización das organizacións de produtores pesqueiros do ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo establece a sección IV do capítulo II do Regulamento (UE) núm. 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2013, no artigo 66 do Regulamento (UE) núm. 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, e no artigo 15.5 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.

Por outra banda, tamén é obxecto desta orde a convocatoria, para o ano 2023, das axudas aos plans de produción e comercialización do ano 2022.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 4 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2023, para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, para a preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización correspondentes a 2022, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) (código de procedemento PE155C).

Cuarto. Importe

Para o ano 2023, o importe total máximo das subvencións que se concedan será de 2.750.000,00 euros, e as axudas concederanse con cargo ás aplicacións orzamentarias 2023.15.02.723B.780.1 e 2023.15.02.723B.770.1, que figuran dotadas no orzamento de gastos da Consellería do Mar para o ano 2023.

Aplicación orzamentaria

Organización

Importe

2023.15.02.723B.780.1

Sen ánimo de lucro

1.690.000,00 €

2023.15.02.723B.770.1

Con ánimo de lucro

1.060.000,00 €

Total

2.750.000,00 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que o último día sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2023

A secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
P.A. (Artigo 11.e) da Orde do 21.2.2022)
Mª Dolores Novo Gutiérrez
Vicesecretaria xeral da Consellería do Mar