DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 22 de agosto de 2023 Páx. 49865

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública (expediente 2023/U040/000001).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 3 de xullo de 2023, acordou aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa para a obtención dos terreos do sistema xeral SX-VI/AU11 na rúa Neptuno, polo procedemento de taxación conxunta, segundo o documento redactado pola entidade Estudio Técnico Gallego, S.A. e asinado polo arquitecto Isidro López Yáñez (colexiado nº 2261 COAG), presentado o 26 de maio de 2023 (rexistro de entrada núm. 202399900002454), no cal se inclúen a delimitación territorial do ámbito, a descrición de bens e dereitos e titulares afectados, a fixación de prezos e as follas de prezo xusto individualizadas.

Polo que se somete a información pública, por un prazo dun (1) mes, para que as persoas que se consideren interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular no relativo á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Así mesmo, os titulares dos bens e dereitos afectados son requiridos para que acheguen os títulos que os acrediten como propietarios deles. Advírteselles que este anuncio serve de notificación no caso de que estes sexan descoñecidos ou se descoñeza o seu enderezo, segundo o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A relación de bens e dereitos afectados polo expediente expropiatorio é a seguinte:

Predio

Referencia catastral

Titular

Superficie total (m2)

Superficie afectada (m2)

Clasificación urbanística

Situación básica do solo

Outros bens afectados

1

3931930NH2941N0001RW

Manuel Pensado Martínez (usufruto)-10 %

Silvia María Pensado Lorenzo (propiedade)-90 %

714

193

Solo de núcleo rural común-ordenanza 2.2-Sistema viario

Urbanizado

1

Ud. traslado portal chapa galvanizada (1,8x4m)

1

Ud. árbore de xardín

10

m2 muro de bloque de formigón

2

3931926NH2941N0001KW

Consuelo Díaz Fernández

Manuel Sánchez Ferreiro (herdeiros)

409

57

Solo de núcleo rural común-ordenanza 2.2-Sistema viario

Urbanizado

1

Ud. traslado contador de auga

1

m3 muro formigón

57

m2 soleira de formigón

78

m2 muro de bloque de formigón

3

3931933NH2941N0001IW

Servando Fernández Rama

211

37

Solo de núcleo rural común-ordenanza 2.2-Sistema viario

Urbanizado

8

m2 muro de bloque de formigón

O documento estará á disposición dos interesados na Oficina Técnica Municipal, das 10.00 ás 13.00 horas, na páxina web na seguinte ligazón, punto 7 Outros:

http://carballo.org/urbanismo/planeamentodesenvolvemento.php?idioma=gl#ancla

E na sede electrónica deste concello (no taboleiro de anuncios na seguinte ligazón: https://sede.carballo.gal/sxc/es/informacion/).

Carballo, 26 de xullo de 2023

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde