DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 18 de agosto de 2023 Páx. 49099

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, dunha instalación eléctrica nos concellos de San Cibrao das Viñas, Taboadela e Paderne de Allariz (expediente IN407A 2023/034-3).

Examinado o expediente instruído por solicitude de UFD Distribución Electricidad, S.A. sobre as autorizacións administrativas previa e de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública das instalacións eléctricas que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: nova saída LMT subestación San Cibrao e pechamento derivadas VLL813, SCV831C e ALL807.

Situación: concellos de San Cibrao das Viñas, Taboadela e Paderne de Allariz.

Orzamento: 457.097,34 €.

Características principais do proxecto que foi asinado o 3.6.2022 polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2233 do Coeticor.

– Nova LMT saída da subestación San Cibrao SCV836C: LMT soterrada, a 20 kV, de 1.814 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL(S) 12/20 kV 1×240 mm² Al e RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm² Al, con orixe na posición libre SCV836C da subestación San Cibrao e remate no paso A/S proxectado que se vai realizar no apoio existente núm. D62-36-11-2, da LMTA VLL813.

– Pechamento VLL813 con SCV831C: LMT soterrada, a 20 kV, de 1.291 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2 OL-12/20 kV 3(1×240) mm² A, con orixe no paso A/S proxectado no apoio núm. D62-36-17 existente da LMTA VLL813 e remate no paso A/S proxectado que se vai realizar no apoio existente núm. 58-23-B19, da LMTA SCV831C.

– Pechamento VLL813 con ALL807: LMT aérea, a 20 kV, de 1.748 m de lonxitude, en condutor LA-110, con orixe no apoio núm. D62-90 existente, do tipo HV, da LMTA VLL813, e remate no apoio existente núm.130-B-40, do tipo C-12/2000, da LMTA ALL807.

– Substitución de 683 m do condutor existente, do tipo LA-30, por un novo condutor proxectado, do tipo LA-56, no van entre os apoios existentes núm. D62-36 e núm. D62-36-5 e a derivada ao CT Balinas-32AN91 da LMTA VLL813, e instalación de 4 apoios proxectados de celosía metálica, do tipo C-14/1000, C-16/2000, C-16/1000 e C-16/2000, en substitución dos apoios existentes, do tipo HV.

– Substitución de 227 m do condutor existente, do tipo LA-30, por un novo condutor proxectado, do tipo LA-56, no van entre os apoios existentes núm. D62-45 e núm. D62-47 da LMTA VLL813, e substitución do apoio existente núm. D62-46 por un novo apoio proxectado de celosía metálica, do tipo C-14/2000.

– Substitución de 75 m do condutor existente, do tipo LA-30, por un novo condutor proxectado, do tipo LA-56, no van entre os apoios existentes núm. D62-70 e núm. D62-71 da LMTA VLL813.

A información pública do proxecto foi realizada mediante o Acordo desta xefatura territorial do 2.3.2023, que foi inserido no DOG do 3.4.2023 e no xornal La Región de Ourense do 3.4.2023. O proxecto tamén estivo en exposición pública nesta xefatura territorial e no Portal de transparencia desta consellería durante o prazo regulamentario. Dentro do prazo establecido para iso non foron presentadas alegacións.

Para dar cumprimento ao artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, realizouse o trámite de notificación a descoñecidos co correspondente anuncio que se inseriu no DOG do 26.4.2023 e no TEU do BOE do 4.5.2023.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Que polo representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 149 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, se dea comezo ao levantamento das actas previas á ocupación, nos días e nas horas que a cada interesado se lle notifique de xeito individual, daqueles predios que figuran no anexo do acordo de información pública do proxecto.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 13 de xullo de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense