Unha vez rematado o proceso selectivo para a provisión como persoal laboral fixo de 1 praza de auxiliar de axuda no fogar, dentro do proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal previsto na Lei 20/2021, do 28 de decembro, faise pública a Resolución da Alcaldía nº 0284/2023, do 19 de xullo, da adxudicación da dita praza e conseguinte nomeamento nos termos que se citan:
1º. Nomear como persoal laboral fixo deste concello ao seguinte aspirante:
Denominación da praza |
Nome e apelidos |
DNI |
Auxiliar de axuda no fogar |
Isabel Mesa López |
***0370** |
2º. Publicar o nomeamento no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 60.c) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para os efectos do xeral coñecemento.
Begonte, 20 de xullo de 2023
José Ulla Rocha
Alcalde