DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 11 de agosto de 2023 Páx. 48369

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carral

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual número 3 das normas subsidiarias de planeamento e ordenación detallada dun sector de solo urbanizable sito no lugar das Travesas.

O Pleno do Concello de Carral, na sesión ordinaria que tivo lugar o 30 de marzo de 2023, aprobou inicialmente a modificación puntual nº 3 das normas subsidiarias de planeamento e ordenación detallada dun sector de solo urbanizable sito no lugar das Travesas.

O que se somete a información pública durante o prazo de dous meses contado desde a publicación deste anuncio, de acordo co establecido no artigo 60.6 da Lei do solo de Galicia, para que calquera interesado poida examinar o expediente e/ou presentar as alegacións que xulgue oportunos. O expediente completo estará dispoñible no departamento de Urbanismo, das 9.00 ás 11.00 horas, así como na web do Concello.

O procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición nos ámbitos previstos nesta modificación quedan suspendidas (artigo 47 da LSG).

Carral, 20 de xullo de 2023

Francisco Javier Gestal Pose
Alcalde