DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 11 de agosto de 2023 Páx. 48339

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de minas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril), pola que se fan públicos varios acordos.

En sesións que tiveron lugar o 28 de xullo de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 27 de abril de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de minas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril),

ACORDOU:

Primeiro. Revisadas as alegacións presentadas ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, establécese que se o tribunal, de oficio ou con base nas reclamacións que as persoas aspirantes poden presentar nos tres (3) días hábiles seguintes ao da realización do exercicio, anula algunha ou algunhas das súas preguntas ou modifica o modelo de corrección de respostas, publicarao no DOG.

O tribunal detectou que no modelo de respostas das preguntas de reserva existen algúns erros:

– Acceso libre: márcanse as preguntas 193 e 194, que non deben figurar no modelo, xa que tampouco constan no exame.

Corríxese de oficio o modelo nas preguntas:

188, a alternativa B

189, a alternativa B

191, a alternativa A

De acordo co disposto na base II.1.1 da convocatoria, logo de revisadas as alegacións, acórdase que cando se anulen preguntas da segunda parte do exercicio correspondentes ao suposto práctico, o seu lugar pasará a ser ocupado polas preguntas de reserva correspondentes ao suposto práctico.

De conformidade co anterior, acórdase, ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria:

– Acceso libre: anular as preguntas 24, 33, 62 e 178, e utilizar as seguintes preguntas de reserva: 181, 182, 183 e 189.

– Promoción interna: anular as preguntas 22 e 138, e utilizar as seguintes preguntas de reserva: 141 e 147.

– Modificar o cadro de corrección de respostas, en acceso libre, nas seguintes preguntas:

42, a alternativa B

72, a alternativa B

89, a alternativa A

99, a alternativa C

125, a alternativa C

151, a alternativa C

180, a alternativa B

183, a alternativa C

185, a alternativa D

190, a alternativa A

192, a alternativa D

– Modificar o cadro de corrección de respostas, en promoción interna, nas seguintes preguntas:

2, a alternativa B

32, a alternativa B

49, a alternativa A

59, a alternativa C

85, a alternativa C

111, a alternativa C

140, a alternativa B

Desestímanse na súa totalidade as restantes alegacións.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1, o exercicio cualificarase de 0 a 50 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de 25 puntos. Para estes efectos, nos criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio aprobados polo tribunal o 29 de maio e publicados na páxina web da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal, estableceuse:

Superaron o primeiro exercicio:

Acceso libre: tres (3) persoas aspirantes, que obtiveron unha puntuación mínima de 25 puntos; fixouse en 72 o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación (56 na 1ª parte e 16 na 2ª parte), unha vez feitas as deducións previstas na base II.1.1.1 da convocatoria.

Promoción libre: dúas (2) persoas aspirantes, que obtiveron unha puntuación mínima de 25 puntos; fixouse en 56 o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación (40 na 1ª parte e 16 na 2ª parte), unha vez feitas as deducións previstas na base II.1.1.1 da convocatoria.

As persoas declaradas aptas terán unha cualificación distribuída entre os 25 e os 50 puntos, proporcional ao número de respostas correctas.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, así como a relación das que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1 da convocatoria.

De conformidade coa dita base II.1.2.7, publicarase o acordo no DOG xunto coas notas do primeiro exercicio.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2023

María Dolores Pérez Ayuso
Presidenta do tribunal