DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 11 de agosto de 2023 Páx. 48306

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2023 pola que se fai pública a aprobación definitiva da modificación número 2 do proxecto sectorial da Central de Transportes e Terminal Intermodal Ferroviaria en San Cibrao das Viñas, Ourense, aprobada mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de xuño de 2023.

En cumprimento do disposto na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, faise pública a aprobación definitiva, mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de xuño de 2023, da modificación número 2 do proxecto sectorial da Central de Transportes e Terminal Intermodal Ferroviaria en San Cibrao das Viñas, Ourense, así como das súas disposicións normativas modificadas, para a súa entrada en vigor.

Os artigos modificados nas ordenanzas quedarán redactados do seguinte xeito:

6.2.2. Normas particulares.

6.2.2.1. Naves de carga fraccionada, naves loxísticas e nave de terminal intermodal.

Naves para almacenaxe, manipulación de mercancías, empresas de transportes, empresas produtoras e, en xeral, para todas as actividades loxísticas e do Centro de Transporte.

– Usos permitidos: edificacións para almacenaxe, comercialización e outras actividades loxísticas.

– Usos prohibidos: residencial, industrial e, en xeral, todas aquelas construcións non compatibles coas actividades loxísticas.

– Ocupación: 100 % da área de movemento da edificación.

– Altura máxima: 15 metros altura máxima cornixa.

– Número de plantas: 3.

– Recuamentos: en atraques de pesados 14,50 metros e no resto segundo grafado de planos.

– Fronte mínimo de parcela: 20 metros.

– Beirís: só tipo marquesiña ou viseira ata 3,50 metros.

– Sotos: ata 6 metros baixo rasante, non computable como edificabilidade.

– Edificabilidade máxima sobre mazá 0,80 m2/m2. En todo caso, teranse en conta as aliñacións do proxecto sectorial.

6.2.2.2. Espazos libres.

Zonas verdes e espazos arborados destinados ao esparexemento público, protección e illamento e mellora das condicións ambientais.

Usos permitidos: instalacións de elementos de ornato como templetes, quioscos, casetas, mobiliario urbano, luminarias, xogos.

As instalacións permitidas non ocuparán nunca máis do 10 % da superficie total.

Estas zonas deben urbanizarse cos seus correspondentes camiños ou sendeiros e acondicionamentos vexetais.

Os demais usos non estarán permitidos.

6.2.2.3. Equipamento de interese público e social.

A presente ordenanza regula os centros administrativos, comercial e de control da área loxística e da área intermodal.

– Usos permitidos:

• Uso global: dotacional.

• Uso pormenorizado: equipamento.

• Usos principais: todos os destinados a satisfacer as necesidades dos cidadáns, incluídos sanitario-asistencial, educativo, cultural, administrativo, deportivo, administrativo- institucional, servizos públicos e dotacional múltiple.

• Usos compatibles: terciario, incluídos comercial, oficinas, recreativo e hoteleiro.

– Usos prohibidos: residencial e industrial.

– Edificabilidade: 0,6 m2/m2.

– Altura máxima de cornixa permitida 10,50 metros.

– Número de plantas: 3 (PB + 2P).

– Baixo rasante: ata 6 metros sen computar como edificabilidade.

– Beiril (tipo marquesiña ou viseira): libres.

– Recuamentos mínimos: 3 metros.

– Ocupación: 35 %.

6.2.2.4. Equipamento privado.

Parcelas A2, A3 e A4. (Antiga parcela A2).

– Usos permitidos:

• Uso global: dotacional.

• Uso pormenorizado: equipamento.

• Usos principais: todos os destinados a satisfacer as necesidades dos cidadáns, incluídos sanitario-asistencial, educativo, cultural, administrativo, deportivo, administrativo-institucional, servizos públicos e dotacional múltiple, así como o de estación de servizo e de aparcamento de vehículos pesados.

• Usos compatibles: terciario, incluídos comercial, oficinas, recreativo e hoteleiro.

– Usos prohibidos: residencial e industrial.

– Edificabilidade: 0,6 m2/m2 sobre parcela total, incluído zonas de aparcamento (Detallada en cadros resume de superficies).

– Altura máxima de cornixa 5 P. (PB + 4P): 19,50 metros.

– Ocupación: 35 %.

– Baixo rasante: ata 6 metros sen contabilizar como edificabilidade.

– Beirís: computando como edificabilidade as zonas habitables libres.

– Recuamentos a lindeiros: mínimo 3 metros, excepto a reserva viaria, mínimo 7 metros (segundo plano de detalle 7.2).

– Prazas de aparcamento: como mínimo disporanse 55 prazas para vehículos pesados na parcela A2. Nas parcelas A3 e A4 disporanse 10 prazas privadas para vehículos lixeiros en cada unha.

– As parcelas A3 e A4 vense afectadas polo Camiño de Santiago ao atoparse no seu ámbito de protección. Calquera intervención nelas, previamente ao outorgamento de licenza, deberá ser autorizada pola Administración autonómica competente en materia de patrimonio cultural e será de aplicación o recollido nos artigos 39 y 45 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. Do mesmo xeito, serán de aplicación os artigos 44 e 46 relativos aos criterios de intervención nos bens declarados de interese cultural e nos seus contornos de protección. Seguiranse as recomendacións recollidas na Guía de boas prácticas para actuacións nos camiños.

6.2.2.5. Equipamento deportivo.

Zona de uso e dominio público, destinada á práctica deportiva.

– Usos permitidos: pavillóns cubertos, piscina, polideportivos, bancadas e instalacións complementarias.

– Ocupación máxima: 30 %.

– Edificabilidade: 0,35 m2/m2.

– Retranqueos: 5 metros a todos os lindeiros.

6.2.2.6. Parcela de servizos (anteriormente estacións de servizo).

Zona de uso privado destinado ao servizo do automóbil.

– Usos permitidos:

• Uso global: terciario.

• Uso pormenorizado: comercial, oficinas, recreativo e hoteleiro.

• Usos principais: todos os destinados a satisfacer as necesidades do automóbil, incluídos, estacións de servizo, talleres e instalacións complementarias.

• Usos compatibles: terciario, incluídos comercial, oficinas, recreativo e hoteleiro.

– Usos prohibidos: residencial e industrial.

– Edificabilidade: 0,6 m2/m2 sobre parcela total incluída zona de aparcamento (detallada en cadros resumo de superficies).

– Altura máxima de cornixa: 6 m.

– Número máximo de plantas: 2 plantas (PB + 1P).

– Recuamentos a lindeiros: mínimo 3 metros, excepto a reserva viaria mínimo 7 metros (segundo plano de detalle 7.2).

– Prazas de aparcamento: disporase de 2 prazas de aparcamento privadas para vehículos lixeiros.

– A parcela B, parcela de servizos, vese afectada polo Camiño de Santiago ao atoparse no seu ámbito de protección. Calquera intervención nelas, previamente ao outorgamento de licenza, deberá ser autorizada pola Administración autonómica competente en materia de patrimonio cultural e será de aplicación o recollido nos artigos 39 e 45 da Lei 5/2016, de 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. Do mesmo modo, serán de aplicación os artigos 44 e 46 relativos aos criterios de intervención nos bens declarados de interese cultural e nos seus contornos de protección. Seguiranse as recomendacións recollidas na Guía de boas prácticas para actuacións nos camiños.

6.2.2.7. Superficies afectadas polo Plan sectorial da rede viaria de Ourense e a súa área de influencia.

– Para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade nos terreos afectados polas reservas viarias do Plan sectorial da rede viaria de Ourense e a súa área de influencia, delimitadas no plano 7.1, deberá obterse previamente informe vinculante da Axencia Galega de Infraestruturas. Non se poderán outorgar licenzas, permisos ou outras autorizacións de carácter urbanístico para a realización de obras e actividades nos terreos afectados por estas reservas viarias, sen que previamente obtivese o dito informe previo. As licenzas, permisos ou outras autorizacións de carácter urbanístico que se outorguen deberán respectar o contido do dito informe previo, cuxo contido as vinculará e, en todo caso, prevalecerán sobre aquelas.

O informe ambiental estratéxico da modificación número 2 do proxecto sectorial da Central de Transportes e Terminal Intermodal Ferroviaria en San Cibrao das Viñas foi publicado no DOG núm. 6, do 11 de xaneiro de 2022, mediante o Anuncio do 20 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático.

A devandita documentación poderá consultarse na páxina web do Instituto Galega da Vivenda e Solo (IGVS) (http://igvs.xunta.gal/web/igvs/portada).

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2023

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo