DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2023 Páx. 47998

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2023 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 16 de decembro de 2022 pola que se procede á convocatoria para o ano 2023 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a adaptación, segundo o establecido polo Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, das liñas eléctricas de alta tensión con condutores espidos localizadas en zonas de protección de avifauna, con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN407E).

Mediante a Orde do 16 de decembro de 2022 procédese á convocatoria para o ano 2023 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para adaptación, segundo o establecido polo Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, das liñas eléctricas de alta tensión con condutores espidos localizadas en zonas de protección de avifauna con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN407E).

As bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria de subvencións da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (actualmente Consellería de Economía, Industria e Innovación, conforme o Decreto 59/2023, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia), en réxime de concorrencia competitiva, para a adaptación das liñas eléctricas de alta tensión con condutores espidos localizadas en zonas de protección de avifauna, son as aprobadas pola Orde do 17 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para os anos 2022 e 2023 e convocatoria para o ano 2022, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a adaptación, segundo o establecido polo Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, das liñas eléctricas de alta tensión con condutores espidos localizadas en zonas de protección de avifauna, con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN407E), que se publicou no DOG núm. 127, do 5 de xullo de 2022.

En cumprimento do disposto no artigo 17.1.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como no artigo 20 das bases reguladoras,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións indicadas no anexo, concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 05.03.733A.770.0, ao abeiro da Orde do 16 de decembro de 2022 pola que se procede á convocatoria para o ano 2023 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para adaptación, segundo o establecido polo Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, das liñas eléctricas de alta tensión con condutores espidos localizadas en zonas de protección de avifauna, con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN407E).

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2023

A conselleira de Economía, Industria e Innovación
P.D. (Orde do 9.2.2023; DOG núm. 34, do 17 de febreiro)
Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Relación de solicitudes ás cales se concede a subvención

Expediente

NIF solicitante

Solicitante

Denominación da actividade subvencionable

Importe subvencionable

IN407E_564170

A33001983

Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.

Verificación e adaptación de liña eléctrica ao Real decreto 1432/2008 (Cospeito, fase 4)

33.919,89 €

IN407E_563724

A33001983

Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.

Verificación e adaptación de liña eléctrica ao Real decreto 1432/2008 (Cospeito, fase 2)

100.000,00 €

IN407E_564621

A33001983

Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.

Verificación e adaptación da liña eléctrica ao Real decreto 1432/2008

100.000,00 €

IN407E_460230

A63222533

UFD Distribución Electricidad, S.A.

Adecuación apoios de liña LMT 20 kV ALL803 Xinzo 3

100.000,00 €

IN407E_591764

A32025199

Eléctrica de Alberguería,S.A.

Adaptación de protección contra electrocución avifauna en LMT Vilanova

47.846,88 €

IN407E_592159

A32025199

Eléctrica de Alberguería, S.A.

Adaptación de protección contra electrocución avifauna en LMT Hotel de Xarés

8.349,79 €

IN407E_459910

A63222533

UFD Distribución Electricidad, S.A.

Adecuación apoios de liña LMT 20 kV SMI803 Viana 3

52.066,32 €

IN407E_446035

A63222533

UFD Distribución Electricidad, S.A.

Adecuación apoios de liña LMT 20 kV FRO803 Palas 3

81.228,47 €

IN407E_460549

A63222533

UFD Distribución Electricidad, S.A.

Adecuación apoios de liña LMT 20 kV XIN812 Xinzo-Vilar de Santos 12

16.705,21 €

IN407E_434499

B36000180

Eléctrica de Moscoso, S.L.

Adaptación da LMT subderivación a Airoa

20.106,70 €

IN407E_437038

B36000180

Eléctrica de Moscoso, S.L.

Adaptación da LMT LP parque eólico

15.949,07 €

IN407E_498864

B15008014

Fuciños Rivas, S.L.

Adaptación liñas eléctricas aéreas alta tensión protección contra electrocución avifauna (LMT derivación a Vimianzo)

5.846,89 €

IN407E_434493

B36000180

Eléctrica de Moscoso, S.L.

Adaptación da LMT subderivación a Bustelos

1.540,96 €