DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2023 Páx. 48109

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental, as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico), en concreto, das instalacións do parque eólico Monte Xesteiros, situado no concello da Estrada, na provincia de Pontevedra (expediente IN661A 2010/5-4).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, pola Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, e polo artigo 46 da Lei 7/2022, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante: Norvento, S.L.

Denominación do proxecto: parque eólico Monte Xesteiros.

Concellos afectados: A Estrada (Pontevedra).

Potencia que se vai instalar: 33 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 8.

Produción neta anual estimada: 126.434 (MWh/ano).

Orzamento total (execución material): 22.040.862,94 €.

Coordenadas da poligonal de delimitación:

Vértices

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

1

533.858,00

4.730.540,00

2

535.152,00

4.730.540,00

3

537.360,00

4.728.743,00

4

537.360,00

4.727.162,00

5

533.858,00

4.727.162,00

Coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

MODELO

MX01

535.499,00

4.727.596,00

GENERAL ELECTRIC GE-158 ou similar

MX02

535.326,00

4.727.861,00

GENERAL ELECTRIC GE-158 ou similar

MX03

534.680,00

4.727.790,00

GENERAL ELECTRIC GE-158 ou similar

MX04

534.460,00

4.728.012,00

GENERAL ELECTRIC GE-158 ou similar

MX05

534.781,00

4.728.586,00

GENERAL ELECTRIC GE-158 ou similar

MX06

534.435,00

4.729.092,00

GENERAL ELECTRIC GE-158 ou similar

MX07

534.492,00

4.729.564,00

GENERAL ELECTRIC GE-158 ou similar

MX08

534.810,00

4.729.994,00

GENERAL ELECTRIC GE-158 ou similar

Coordenadas da antena meteorolóxica:

Referencia

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

TM MX01

534.927,00

4.728.140,00

Coordenadas aproximadas da subestación do parque eólico Monte Xesteiros:

Referencia

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Subestación

534.843,00

4.728.105,00

Coordenadas aproximadas da envolvente da subestación do parque eólico Monte Xesteiros:

Vértice envolvente

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

1

534.815,66

4.728.083,75

2

534.833,40

4.728.126,77

3

534.886,50

4.728.104,79

4

534.868,94

4.728.062,23

Características técnicas recollidas no proxecto:

– Oito (8) aeroxeradores de ata 6.100 kW de potencia unitaria, de ata 158 m de diámetro de rotor e unha altura de buxeiro de 114 m, correspondentes co modelo General Electric GE-158 ou similar.

– Oito (8) centros de transformación de potencia nominal de ata 6.710 kVA e tensión 30/0,69 kV, situados no interior dos aeroxeradores.

– Rede de media tensión de 30 kV soterrada, formada por catro (4) circuítos con cables RHZ1-OL 18/30 kV Al+H16 de 240 e 400 mm2 segundo o tramo, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e as celas de media tensión da subestación do parque eólico Monte Xesteiros. Pola mesma gabia discorrerá cable de terra de 50 mm2 e condutor de fibra óptica que se empregará para a monitorización e control do parque eólico.

– Unha (1) torre meteorolóxica de ata 114 metros de altura, onde se instalarán os distintos aparatos de medida para o estudio do réxime de ventos da localización e o control da curva de potencia das máquinas, alimentada en baixa tensión desde a instalación eléctrica máis próxima do parque eólico.

– Subestación transformadora 66/30 kV para evacuar a enerxía xerada polo parque eólico Monte Xesteiros, constituída polo parque intemperie e un edificio de control composto por dous módulos de forma prismática con espazos para almacén, centro de control, sala de celas e aseos. A subestación contará cos seguintes elementos:

• Parque de intemperie formado por unha posición de liña, composta por pararraios de ZnO, un equipo compacto illado en SF6 modelo PASS ou similar, transformadores de tensión para protección e medida, unha posición de transformador de potencia constituída por un transformador de 24,75/33 MVA ONAN/ONAF de relación de transformación 66/30 kV, e unha resistencia de posta a terra.

• Conxunto de aparataxe de 30 kV situada no edificio de control, constituída por unha cela de protección de transformador e de medida en barras, catro celas de liña para a conexión dos circuítos procedentes dos aeroxeradores, e unha cela de posición do transformador de servizos auxiliares.

• Sistema de control e protección no edificio de control, adaptado para o cumprimento da normativa da compañía distribuidora.

• Transformador de servizos auxiliares 30/0,400-0,230 kV de 100 kVA de potencia, localizado no interior do edificio de control.

• Cadros de servizos auxiliares en CA e CC, así como cargador de baterías e baterías para os sistemas de CC, todos eles situados no edificio de control.

• Grupo electróxeno de arranque automático de 400/230 V, 50 Hz e 50 kVA, con depósito de 400 litros.

• Equipamento de telecontrol, segundo requirimentos da compañía distribuidora.

• Analizador de redes.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co disposto no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: proxecto técnico, estudo de impacto ambiental e o proxecto de interese autonómico.

O que se fai público de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, pola Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, e polo artigo 46 da Lei 7/2022, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións no prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A consulta da documentación realizarase preferentemente a través da seguinte ligazón da web da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 34.

Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado, así como ás dependencias do Concello da Estrada (praza do Concello, s/n, 36680 A Estrada).

Pontevedra, 2 de agosto de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra