DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2023 Páx. 48118

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Federación Autonómica de Centros de Ensino Privado de CECE-Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos da Federación Autonómica de Centros de Ensino Privado de CECE-Galicia (https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poden ser membros da Federación as asociacións provinciais constituídas por centros ou empresas cuxa actividade se refira ao ensino dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, e non poderán ser membros de máis dunha asociación por provincia.

– Asinantes: Ignacio Gay Irago e Antonio Dieter Moure Areán.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2023

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais