A representación da titularidade do centro privado (CPR) Aloya, de Vigo, solicita a modificación da autorización para impartir o curso de especialización en Cultivos Celulares.
Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Modificación da autorización
Modificar a autorización do centro para impartir o curso de especialización en Cultivos Celulares, quedando configurado como se sinala a seguir:
Denominación xenérica: centro privado (CPR).
Denominación específica: Aloya.
Código: 36011622.
Enderezo: rúa do Couto, nº 2.
Localidade: Vigo.
Concello: Vigo.
Provincia: Pontevedra
Titular: Asociación Fontenova.
Composición resultante:
a) Réxime ordinario, modalidade presencial:
• CS Administración e Finanzas (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).
• CS Asistencia á Dirección (2 unidades para 30 alumnos/as unidade).
• CS Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).
• CS Laboratorio Clínico e Biomédico (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).
• CS Educación Infantil (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).
• CS Integración Social (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).
• CS Márketing e Publicidade (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).
• CS Transporte e Loxística (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
• Curso de especialización en Cultivos Celulares (1 unidade para 30 alumnos/as).
b) Réxime de persoas adultas, modalidade semipresencial e a distancia:
• CS Educación Infantil.
• CS Integración Social.
• CS Márketing e Publicidade.
Artigo 2. Inicio da actividade
Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do profesorado que impartirá docencia nos devanditos ciclos, así como o equipamento.
Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4. Revisión da autorización
O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando deban modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2023
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional
e Universidades