DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 8 de agosto de 2023 Páx. 47746

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2023 pola que se fai público o cofinanciamento pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013, dáse publicidade ás actuacións contratadas, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indican por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Entidade adxudicadora.

Entidade: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

Dependencia que tramita os expedientes: contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).

2. Obxecto dos contratos.

a) Título: contrato menor de servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de mellora do sistema de abastecemento de Outeiro de Rei. Fase II. Outeiro de Rei (Lugo)-OH.227.688.

Clave do expediente: GA.21110.

Referencia de expediente: AUG-2023-0020.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2. Servizos de asistencia en enxeñaría civil.

Orzamento base: importe neto: 8.780,51 euros. Importe total: 10.624,42 euros.

Prazo de execución: 3 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 8.280,51 euros. Importe total: 10.019,42 euros.

Empresa contratista: Senén Prieto Ingeniería, S.L.

b) Título: contrato menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada OH.227.688 de mellora do sistema de abastecemento de Outeiro de Rei. Fase II. Outeiro de Rei (Lugo).

Clave do expediente: GA.21111.

Referencia de expediente: AUG-2023-0021.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.

Orzamento base: importe neto: 4.462,43 euros. Importe total: 5.399,54 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 2.910,24 euros. Importe total: 3.521,39 euros.

Empresa contratista: Ibersys Seguridad y Salud, S.L.

c) Título: contrato menor de servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra OH.315.1186 de ampliación da rede de saneamento na parroquia de Santa María. Melide (A Coruña).

Clave do expediente: GA.22114.

Referencia de expediente: AUG-2023-0023.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2. Servizos de asistencia en enxeñaría civil.

Orzamento base: importe neto: 8.780,51 euros. Importe total: 10.624,42 euros.

Prazo de execución: 3 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 8.600,00 euros. Importe total: 10.406,00 euros.

Empresa contratista: Zelig Strategy, S.L.

d) Título: contrato menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada OH.315.1186 de ampliación da rede de saneamento na parroquia de Santa María. Melide (A Coruña).

Clave do expediente: GA.22115.

Referencia de expediente: AUG-2023-0024.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.

Orzamento base: importe neto: 4.462,43 euros. Importe total: 5.399,54 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 2.579,00 euros. Importe total: 3.120,59 euros.

Empresa contratista: Técnicas de Prevención de Riesgos Laborales, S.L. (Tepril).

3. Información sobre os contratos relacionados cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuacións referidas no punto 2 anterior cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020.

As actuacións enmárcanse dentro do Programa de desenvolvemento rural na medida 07 «Servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais», submedida 7.2 «Apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro enerxético» e prioridade 6 de desenvolvemento rural «Fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais». Europa inviste no rural.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2023

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia