DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 8 de agosto de 2023 Páx. 47742

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2023 pola que se fai pública a formalización do encargo coa Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) para a execución do proxecto de obra OH.315.1267-actuacións de mellora da estación depuradora de augas residuais de Noia. Noia (A Coruña) e da realización de tarefas técnicas previas (expediente ENC.23007). Esta actuación cofinanciarase pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e nun 60 % do gasto elixible no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

missing image file

En cumprimento do disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, cómpre dar publicidade da formalización do encargo subscrita cunha empresa pública na súa consideración de medio propio personificado da Administración xeral do Estado, das comunidades autónomas e dos seus poderes adxudicadores dependentes delas; expediente tramitado ao abeiro do establecido nos artigos 8, 10 e 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, en relación cos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, nos artigos 31 e 32 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, e no disposto na demais normativa que resulta de aplicación:

1. Datos xerais.

1.1. Entidade que confire o encargo: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: https://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

1.11. Actividade principal da entidade: infraestruturas e servizos hidráulicos.

1.12. Servizo do que se poida obter información sobre o encargo formalizado.

1.12.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.

1.12.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

1.12.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.12.4. Código postal: 15781.

1.12.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.12.6. Fax: 981 95 74 03.

1.12.7. Teléfono: 981 95 74 01.

2. Encargo a medio propio personificado.

2.1. Tipo de tramitación do expediente: encargo a medio propio personificado da Comunidade Autónoma de Galicia.

2.2. Obxecto: execución do proxecto de obra OH.315.1267-actuacións de mellora da estación depuradora de augas residuais de Noia. Noia (A Coruña).

2.3. Clave do expediente: ENC.23007.

2.4. Código/s CPV (referencia de nomenclatura): código/s CPV principal 45252100-9 (traballos de construción de plantas depuradoras de augas residuais) e CPV adicional 71311100-2 (servizos de asistencia en enxeñaría civil).

2.5. Código/s NUTS do lugar principal de entrega ou de execución da prestación: ES111.

2.6. Empresa destinataria do encargo: Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) con NIF A28476208.

2.7. Data de aprobación: 11 de xullo de 2023.

2.8. Data de formalización: 14 de xullo de 2023.

2.9. Data de publicación da formalización documental no perfil de contratante: 14 de xullo de 2023.

2.10. Orzamento e importe total previsto do gasto:

2.10.1. Orzamento: 2.324.711,77 euros (actuación non suxeita a IVE).

2.10.2. Importe total previsto do gasto: 2.324.711,77 euros. Coincide co orzamento do encargo.

2.11. Duración:

2.11.1. Prazo de execución: 10 meses.

2.11.2. Admisión de prórrogas do encargo: non proceden prórrogas con incremento do gasto.

2.11.3. Ampliación do prazo de execución: previsión da/das ampliación/s do prazo de execución da prestación sen incremento do gasto que foran necesarias.

2.12. Procedementos de recurso: indicados na formalización documental do encargo publicada no perfil de contratante.

3. Información sobre se a actuación está relacionada cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea.

Esta actuación está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e nun 60 % do gasto elixible no marco do programa Galicia Feder 2021-2027. A actuación enmárcase dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 no obxectivo temático 6 «Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos»; prioridade de investimento 6.2 «O investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para dar resposta ás necesidades, identificadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos»; obxectivo específico 6.2.1 «Culminar os requisitos da Directiva Marco da Auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga»; actuación 6.2.1.2 «Reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas» (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO); operación: «Mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Muros e Noia. Aglomeración de Noia». A actuación enmárcase dentro do programa Galicia Feder 2021-2027 no obxectivo político 2 «Unha Europa máis verde, hipocarbónica e en transición cara a unha economía con cero emisións netas de carbono e resiliente, promovendo unha transición enerxética limpa e equitativa, o investimento verde e azul, a economía circular, a mitigación do cambio climático e a adaptación a el, a prevención e xestión de riscos e a mobilidade urbana sustentable»; obxectivo específico 2.5 «Promover o acceso á auga e unha xestión hídrica sustentable»; liña de actuación 2.5.03 «Investimentos en materia de saneamento e depuración necesarios para o cumprimento das directivas en materia de augas»; ámbito de intervención TI0066 «Recollida e tratamento de augas residuais de acordo cos criterios de eficiencia enerxética».

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2023

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia