DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 8 de agosto de 2023 Páx. 47671

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2023 pola que se deixa sen efecto a Resolución do 21 de xullo de 2023 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario do grao I e II do sistema de complemento de desempeño de posto para o persoal laboral.

No Diario Oficial de Galicia núm. 143, do 28 de xullo de 2023, publicouse por erro a Resolución do 21 de xullo de 2023 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario do grao I e II do sistema de complemento de desempeño de posto para o persoal laboral.

Na dita resolución publicouse o contido dunha resolución de desestimación xa publicada.

En consecuencia, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Deixar sen efecto a Resolución do 21 de xullo de 2023 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario do grao I e II do sistema de complemento de desempeño de posto para o persoal laboral.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública