DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 7 de agosto de 2023 Páx. 47498

IV. Oposicións e concursos

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2023 pola que se nomea persoal laboral fixo en virtude do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

O Consello Reitor do Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), na súa xuntanza do 22 de decembro de 2022, acordou aprobar as bases da convocatoria que rexerán o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías/grupos II (técnico/a grado medio) e IV (auxiliar administrativo/a), da entidade instrumental ACSUG. No mesmo acordo, o Consello Reitor outorgou ao director de ACSUG a competencia para ditar todas as resolucións necesarias para desenvolver o dito proceso selectivo.

O 29 de decembro de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Resolución do 23 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías/grupos da entidade instrumental ACSUG, que figuran convocadas na oferta pública de emprego extraordinaria recollida no Decreto 79/2022, do 25 de maio, da Consellería de Facenda e Administración Pública (Xunta de Galicia).

O 8 de marzo de 2023 publicouse no DOG a Resolución do director de ACSUG, do 28 de febreiro de 2023, pola que se nomea a Comisión de Selección do referido proceso selectivo.

O 26 de xuño de 2023 publicouse no DOG a Resolución do 16 de xuño de 2023, da Comisión de Selección, pola que se publica a baremación definitiva das persoas aspirantes que foron admitidas na convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, convocado pola Resolución do 23 de decembro de 2022, e se fan as propostas de resolución para o nomeamento como persoal fixo.

O 28 de xullo de 2023 acreditouse que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos e condicións exixidas na convocatoria do proceso selectivo.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Aprobar a proposta feita pola Comisión de Selección e nomear as persoas que se relacionan no anexo desta resolución como persoal laboral fixo do Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), tras a superación do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso.

2. Notificarlles ás persoas seleccionadas que deberán formalizar o seu contrato no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2023

José Eduardo López Pereira
Director da Axencia para a Calidade
do Sistema Universitario de Galicia

ANEXO

Persoas seleccionadas para a contratación como persoal laboral fixo

Grupo:

II

Categoría:

007-técnico/a de grao medio

Núm. de postos:

1

DNI

Nome

***2187**

Mallo Rey, Marta María

Grupo:

IV

Categoría:

001-auxiliar administrativo/a

Núm. de postos:

3

DNI

Nome

***2419**

Couceiro Novais, María Virtudes

***9671**

Domínguez Martínez, Santiago

***2864**

Lesta Chapela, Edurne