DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 7 de agosto de 2023 Páx. 47495

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 27 de xullo de 2023 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Servizo Galego de Saúde.

Mediante a Orde do 4 de maio de 2023 (DOG núm. 93, do 16 de maio) anúnciase a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante no Servizo Galego de Saúde que se detalla no anexo I desa orde.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde desta consellería do 4 de maio de 2023 e designar a persoa cuxos datos se sinalan no anexo desta orde para ocupar o posto que tamén se especifica, quen é seleccionada conforme o establecido nas bases da citada convocatoria.

Segundo. De conformidade co establecido no artigo 8 do devandito Decreto 151/2022, do 4 de agosto, o prazo para tomar posesión do novo destino será de tres días hábiles, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles; se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir no prazo de tres días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, agás no caso de procedencia doutras administracións, caso en que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da comunicación da resolución de traslado á Comunidade Autónoma, co límite de dous meses.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión computarase desde a data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidos ao/á interesado/a.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa o/a traballador/a, así como a daquel en que obteña destino, emitirán, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública.

Cuarto. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á súa notificación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpor recurso administrativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2023

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Datos do/da funcionario/a:

Apelidos e nome: Varela Loimil, Manuel.

NIF: ***8047 **.

Corpo/escala: corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Subgrupo: A1.

Datos do posto de traballo:

Denominación do posto: subdirector/a xeral de Orzamentos.

Código do posto: SAS040000115770001.

Nivel do CD: 30.

Centro directivo ou dependencia: Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde.

Localidade: Santiago de Compostela.

(*) O NIF amósase cifrado coa finalidade de protexer os datos de carácter persoal.