DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 4 de agosto de 2023 Páx. 47224

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso de provisión por mobilidade nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía, convocado mediante a Orde do 19 de abril de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 86, do 5 de maio).

De conformidade co establecido no artigo 6.2 do Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local, unha vez convocado o proceso de provisión por mobilidade nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía, convocado mediante a Orde do 19 de abril de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia número 86, do 5 de maio, e por delegación do vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes (actual vicepresidente primeiro tras a modificación da estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia polo Decreto 79/2023, do 22 de xuño), de conformidade coa disposición adicional única da dita Orde do 19 de abril de 2023, a Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública,

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso de provisión por mobilidade nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía coa composición que se relaciona no anexo.

A Estrada, 27 de xullo de 2023

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Proceso de provisión por mobilidade nos corpos de policía local de Galicia,
escala básica, categoría de policía

– Tribunal titular:

Presidenta: María Rey Rivera, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.

Secretaria: Mónica María Castro Pérez, xefa do Servizo de Formación en Seguridade Pública da Agasp.

Vogais:

Diego García Fariña, policía local do Concello de Ordes.

Estefanía Puga Torres, policía local do Concello de Santiago de Compostela.

Mercedes Gayoso Gómez, xefa do Servizo de Coordinación, Planificación e Selección da Agasp.

– Tribunal suplente:

Presidenta: Paula Cajaraville Leiro, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.

Secretario: Manuel Castro Escariz, inspector do corpo da Policía Local do Concello de Caldas de Reis.

Vogais:

Ernesto Calvo Cristobo, policía local do Concello de Ordes.

Marcos Regueiro Coucheiro, policía local do Concello de Santiago de Compostela.

Andrés González Murga, secretario xeral da Academia Galega de Seguridade Pública.