DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 4 de agosto de 2023 Páx. 47262

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2023/039-1).

Expediente: IN407A 2023/039-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: renovación da LMTS SCY805 entre o CT 15CFG6 e o CT 15CKPP.

Concello: Santiago de Compostela.

Feitos:

Primeiro. O día 3.2.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica, co obxecto de mellorar a calidade de subministración e de incrementar a capacidade de transporte das liñas de distribución existentes para así atender os aumentos de demanda de enerxía na contorna da rúa Ramón Piñeiro, no concello de Santiago de Compostela. Con este fin proxéctase deixar fóra de servizo dous tramos soterrados da liña de distribución LMT SCY805, procedente da subestación San Caetano, e instalar dous tramos soterrados novos nunha nova canalización paralela á existente.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, e que comprende o proxecto de execución nomeado renovación da LMTS SCY805 entre o CT 15CFG6 e o CT 15CKPP, asinado o 14.12.2022 por Tito Arias Santos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado LE-1010.

Segundo. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceiro. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, trasladóuselles unha separata do proxecto ás entidades afectadas, na parte en que a instalación puidera afectar bens e dereitos ao seu cargo. A separata contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Así, solicitouse o informe preceptivo ao Concello de Santiago de Compostela e á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co informe emitido pola Demarcación de Estradas do Estado en Galicia no prazo outorgado para ese efecto. No día desta resolución, non consta no expediente resposta do Concello de Santiago de Compostela á solicitude de informe.

Cuarto. O día 5.7.2023 emitiuse un informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 59/2023, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia; o Decreto 79/2023, do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia; e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio).

Segunda. Lexislación de aplicación:

– A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceira. As instalacións atópanse na rúa Ramón Piñeiro, no concello de Santiago de Compostela, e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTS (actuacións 1 e 2) a 20 kV, de 2×53 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no CT Consello de Contas (15CFG6) existente e remate nos empalmes proxectados na rúa Ramón Piñeiro na LMTS SCY805. Tramos SCY8050286 e SCY8050287 (expediente 52.617), condutor tipo UNI-Al-150-RHV, para deixar fóra de servizo. A liña proxectada discorrerá canalizada no interior dun tubo de polipropileno de 160 mm de diámetro nunha gabia de dimensións de 0,40 metros de ancho e de entre 1,00 e 1,20 metros de profundidade, que incorporará catro tubos de idénticas características cunha lonxitude total de canalización proxectada de 53 m.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 7 de xullo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña