DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 4 de agosto de 2023 Páx. 47100

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 21 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se realiza a súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento MT975S).

Segundo o previsto no artigo 1 do Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, esta Vicepresidencia Segunda e Consellería é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ao cal lle corresponden as competencias e funcións en materia de ambiente, ordenación do territorio e urbanismo, conservación do patrimonio natural, paisaxe e vivenda, conforme o establecido no Estatuto de autonomía de Galicia, nos termos sinalados na Constitución española, co nivel de desenvolvemento que se indica neste decreto para cada un dos órganos integrantes deste departamento.

En particular, segundo o artigo 10 do referido decreto, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático exerce as competencias e funcións en materia de avaliación e control da incidencia que sobre o ambiente provoque a actividade humana, o fomento de sistemas e estratexias de corrección da dita incidencia, a avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, a xestión dos sistemas de observación ambiental e predición meteorolóxica de Galicia e o impulso da investigación ambiental e o desenvolvemento tecnolóxico para o logro da adecuada protección ambiental.

Inclúense aquí:

a) A elaboración e o seguimento dos programas autonómicos de prevención de residuos e dos plans autonómicos de xestión de residuos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia, e das accións de desenvolvemento destes.

b) O fomento das accións de minimización da produción de residuos, da súa reutilización e reciclaxe e dos programas de colaboración cos concellos e con outras organizacións para a aplicación das accións indicadas.

c) A realización de campañas de formación e sensibilización en materia de residuos.

d) A planificación e o fomento de accións relacionadas coa economía circular.

Pola súa banda, as entidades locais son competentes para a xestión dos residuos, nos termos establecidos na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local; na Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia e na demais normativa de aplicación.

De acordo co que se acaba de sinalar, e tal como se preceptúa no artigo 9, punto 2.a) da mencionada Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia, correspóndelles aos concellos, como servizo obrigatorio, a recollida, o transporte e o tratamento dos residuos domésticos xerados nos fogares, comercios e servizos, na forma en que establezan as súas respectivas ordenanzas, de conformidade co marco da normativa aplicable.

A Directiva 2018/851 do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de maio de 2018, pola que se modifica a Directiva 2008/98/CE, sobre residuos, establece no seu artigo 22 que os biorresiduos deberán separarse e reciclarse en orixe ou ben recollerse de forma separada como moi tarde o 31 de decembro de 2023, o que coincide co disposto na Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia.

A planificación en materia de prevención e xestión de residuos municipais en Galicia establece as bases para impulsar a xestión dos residuos cara a un escenario sustentable e acorde coa xerarquía de residuos marcada pola normativa, fai especial fincapé na prevención, reutilización e valorización dos residuos e establece metas e obxectivos de acordo coa normativa vixente.

Así, a situación actual en materia de xestión de residuos municipais, recollida no novo plan de residuos que está en tramitación, permite extraer conclusións e establecer prioridades de actuación encamiñadas cara ao cumprimento destes obxectivos. Entre eles, destacan as medidas de prevención na xeración de residuos, o incremento progresivo da cantidade de residuos destinados á preparación para a reutilización e reciclaxe, a mellora da recollida separada en todo o territorio galego, incluíndo a incorporación de novas fraccións de residuos, o aumento da rede de puntos limpos de Galicia considerando as diferentes modalidades para dar cobertura á totalidade da poboación, e as melloras nas infraestruturas existentes co fin de mellorar a recuperación de materiais e reducir a cantidade de residuos con destino a vertedoiro.

Entre os instrumentos dispoñibles para acadar dos obxectivos propostos, cobra especial interese o establecemento de liñas de subvencións dirixidas a entidades locais destinadas a impulsar medidas que contribúan a lograr os obxectivos vixentes nesta materia, tras as novidades introducidas no contexto comunitario de conformidade coa folla de ruta cara, unha Europa eficiente no uso dos recursos, no marco da Estratexia 2020, así como tendo en conta as medidas recollidas no paquete de economía circular, aprobado pola Comisión Europea en decembro de 2015, piares básicos para unha xestión eficiente dos recursos e dos residuos, que se sustenta, fundamentalmente, na prevención e na reciclaxe e en reforzar o principio de xerarquía nas opcións de xestión de residuos.

En concreto, os novos obxectivos de preparación para a reutilización e reciclaxe dos residuos domésticos municipais quedaron fixados para tres novos horizontes temporais: obxectivo do 55 % en 2025, 60 % en 2030 e 65 % en 2035, que se continúan coa senda marcada xa vixente do 50 % en 2020. Estes residuos, ademais, teñen unha restrición máxima de vertedura do 10 % do total dos residuos municipais xerados en 2035. A estes obxectivos hai que engadir os da reciclaxe de envases e residuos de envases, globais e por materiais, fixados para 2025 e 2030.

Polo que atinxe ao obxecto e finalidade da presente orde, estas axudas contribúen ao cumprimento da normativa comunitaria neste contexto e, en particular:

• Fomentan as primeiras opcións da xerarquía de residuos.

• Favorecen a separación dos residuos de características especiais, a través dunha axeitada clasificación, que facilitará as operacións de recuperación, reutilización e reciclaxe dos materiais.

• Favorecen a redución do depósito en vertedoiro, coas medidas relativas á preparación para a reutilización e reciclaxe dos materiais recuperables.

• Reducen as emisións de gases de efecto invernadoiro, polo que contribúen á loita contra o cambio climático.

• Contribúen ao alongamento da vida útil dalgúns produtos e ao incremento da dispoñibilidade de materias primas secundarias para os procesos industriais, reducindo o consumo de materias primas virxes, en definitiva, a facer un uso más eficiente dos recursos dispoñibles.

Ademais da contribución en materia de xestión de residuos, de uso eficiente de recursos e da loita contra o cambio climático, súmanse outros beneficios asociados á xeración de emprego como consecuencia da promoción da actividade de recollida, preparación para a reutilización e reciclaxe.

Seguindo o principio de xerarquía de residuos, a prevención é a mellor opción de xestión, seguida, nesta orde, da preparación para a reutilización, da reciclaxe, doutras formas de valorización (incluída a enerxética) e, por último, da eliminación (o depósito en vertedoiros, entre outras).

En consecuencia, tendo en conta as competencias asumidas por este departamento, a presente convocatoria vai destinada a apoiar as entidades locais na procura de respostas aos retos e oportunidades asociados ao cumprimento do actual marco normativo vixente, así como dos obxectivos que a dita planificación persegue.

Para tal fin, serán obxecto de financiamento, ao abeiro da presente convocatoria, os proxectos destinados á implementación de melloras nas instalacións existentes de puntos limpos, instalación de puntos limpos de proximidade, adquisición de puntos limpos móbiles e a creación de espazos de preparación para a reutilización e a autorreparación, conforme o esquema de prioridades e o principio de xerarquía aplicable en materia de residuos. En particular, serán susceptibles de englobarse aquí actuacións destinadas a:

a) Favorecer a prevención, adecuada recollida, clasificación e preparación para a reutilización de residuos domésticos.

b) Ampliar e mellorar o servizo que prestan estas instalacións a unha maior porcentaxe da poboación, tanto en puntos limpos, puntos limpos de proximidade como puntos limpos móbiles.

c) Favorecer a preparación para a reutilización e a autorreparación de residuos municipais recollidos de forma separada.

O artigo 60.2 da Lei 13/2015, do 24 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, indica que as convocatorias públicas de axudas e subvencións da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e dos entes instrumentais do sector público autonómico, destinadas as entidades locais da Comunidade Autónoma, deberán primar, na forma en que se estableza nas correspondentes bases reguladoras, as solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local baixo calquera forma.

Esta orde encádrase no marco do Mecanismo de recuperación e resiliencia, dentro do eixe/compoñente 12: política industrial de España 2030, medida/investimento I3: Plan de apoio á implementación da normativa de residuos e ao fomento da economía circular (residuos e economía circular), submedida 001: residuos e economía circular, modalidade de financiamento 4620-MRR, do Plan estatal de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e en cumprimento da normativa autonómica, estatal e da Unión Europea que regula este tipo de investimentos, e quedan suxeitas, en todo caso, ao cumprimento, execución e realización dos obxectivos fixados no devandito plan.

O investimento é coherente co obxectivo de «aumento dos residuos municipais recollidos selectivamente», tal e como se define no anexo da proposta de Decisión de execución do Consello, relativa á aprobación da avaliación do plan de recuperación e resiliencia de España [SWD(2021) 147 final], que resultou apto para acadar un mínimo do 30 % de recollida selectiva dos residuos municipais, de conformidade coa Directiva 2008/98/CE, que constitúe o indicador correspondente a este obxectivo.

As actuacións asegurarán o cumprimento do compromiso de etiquetaxe verde (non contan con etiquetaxe dixital) do investimento C12.I3, e encádrase no seguinte campo de intervención de acordo co Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia: 042: xestión de residuos domésticos: medidas de prevención, minimización, separación, reutilización e reciclaxe, cunha contribución aos obxectivos climáticos nun 40 % e aos ambientais nun 100 %.

Neste marco resultan de aplicación o Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, así como o Regulamento (UE) nº 2020/2094 do Consello, do 14 de decembro, polo que se establece un Instrumento de recuperación da Unión Europea para apoiar a recuperación tras a crise da COVID-19, regulado segundo o Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia. Resulta tamén de aplicación a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, así como a Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia e a Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establecen o procedemento e o formato da información que deberán proporcionar as entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimento dos fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, así como a Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de intereses nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Estarán sometidas á plena aplicación dos mecanismos de xestión e control que se establezan para o Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE e á normativa da Unión Europea aplicable á xestión, seguimento e control que se estableza para o Plan de Reconstrución, transformación e resiliencia, así como as específicas relativas á información e publicidade, verificación e demais impostas pola normativa da Unión Europea, cuxa aplicación será de obrigado cumprimento.

Así mesmo, todas as actuacións que se executen dentro do marco do Plan nacional de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) deben cumprir o principio de «non causar prexuízo significativo» aos seguintes obxectivos ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento 2020/852 do Parlamento e do Consello, do 18 de xuño, relativo ao establecemento dun marco para facilitar investimentos sostibles (principio DNSH):

a) A mitigación do cambio climático.

b) A adaptación ao cambio climático.

c) O uso sostible e a protección dos recursos hídricos e mariños.

d) A economía circular.

e) A prevención e control da contaminación.

f) A protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas.

O financiamento máximo outorgado para as actuacións reguladas nesta orde de axudas non excederá do 90 % do custo total do proxecto. A porcentaxe restante será asumida polo/a beneficiario/a e será compatible co financiamento que os beneficiarios poidan recibir doutras administracións, sempre e cando non supere o custo total do proxecto que se vai financiar. O financiamento achegado non é compatible cos proxectos clima, promovidos a través do Fondo de Carbono para unha Economía Sustentable (FES-CO2), así como con axudas, subvencións, ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera outro fondo europeo, tales como Feder, REACT-UE, FSE, Feader, Horizonte Europa, etc.

En virtude do anterior, en uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de subvencións, polo procedemento de concorrencia competitiva, ás entidades locais e agrupacións de entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións encamiñadas a implementar a mellora na recollida de residuos, a través da mellora dos puntos limpos, puntos limpos de proximidade e puntos limpos móbiles, así como ao fomento da preparación para a reutilización e a autorreparación (código de procedemento MT975S), ao tempo que se fai pública a súa convocatoria para os anos 2023 e 2024.

Artigo 2. Beneficiarios/as

1. Poderán ser beneficiarias as entidades locais municipais, supramunicipais e agrupacións de entidades locais de Galicia, de conformidade coas competencias que lle correspondan en materia de xestión de residuos, que cumpran os requisitos establecidos para cada unha das liñas subvencionables sinaladas nesta orde.

2. No caso de solicitudes presentadas por agrupacións de entidades locais, observarase o establecido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no tocante, en particular, á identificación dos compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, do importe de subvención que se aplicará a cada un deles, que terán, igualmente, a condición de beneficiarios, así como en relación co necesario nomeamento da entidade local que actuará como representante da agrupación para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle corresponden á agrupación.

Os concellos agrupados terán, en todo caso, a condición de entidade beneficiaria, polo que para poder conceder a subvención solicitada todos eles teñen que cumprir os requisitos, condicións, obrigas e compromisos establecidos nesta orde. A falta de acreditación do cumprimento dalgún requisito por parte dalgunha das entidades participantes suporá a inadmisión da solicitude conxunta cando afecte a entidade que ten a representación; nos outros casos manterase a validez da solicitude sempre que se comunique por escrito a exclusión do concello afectado polo incumprimento, dentro do prazo concedido para o efecto.

3. Unha entidade local non pode concorrer á convocatoria de maneira simultánea e para a mesma actuación individual e a través da entidade supramunicipal ou agrupación en que se integre. De darse o caso, non se admitirá a solicitude que, de conformidade coa data de presentación, for posterior no tempo. Pola contra, unha entidade poderá concorrer a unha ou varias das liñas subvencionables, para o cal deberá presentar unha solicitude por cada liña á cal queira concorrer.

4. Para poder ser beneficiarias destas axudas, as entidades locais deberán ter presentadas as contas a que se refire o artigo 208 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, do exercicio orzamentario que corresponda no Consello de Contas de Galicia.

5. Non poderán ter a condición de beneficiarias as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 3. Actuacións subvencionables

1. Ao abeiro desta orde de axudas serán subvencionables as actuacións que se citan a seguir para cada liña de axuda:

a) Liña 1: melloras nos puntos limpos existentes: proxectos de mellora das condicións das instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos, puntos limpos.

Serán subvencionables ao abeiro deste punto proxectos e actuacións que teñan por obxecto a mellora nas instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos, puntos limpos, co obxecto de mellorar a súa reciclaxe ou outra forma de valorización, así como reducir a cantidade de residuos que se destina a eliminación. Os conceptos financiables dentro deste tipo de proxectos son os que se recollen a continuación:

1º. A construción (incluíndo a adecuación do terreo) necesaria para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos.

2º. Cubertas para a zona de almacenamento de residuos. Priorizarase o pechado de residuos cuxa exposición ao sol e á auga teñan efectos prexudiciais para a súa reciclaxe ou valorización. En particular, residuos de RAEE, pilas, téxtiles, vernices e outros residuos domésticos perigosos.

3º. Impermeabilización e recollida de derramamentos da zona de almacenamento de residuos perigosos.

4º. Compra de contedores e gaiolas apropiadas para o almacenamento das distintas fraccións de residuos. Teranse en conta, especialmente, aqueles proxectos que presenten un aumento das fraccións recollidas separadamente, en especial, as relacionadas con téxtiles e residuos domésticos perigosos. Neste concepto inclúense tanto contedores metálicos, como gaiolas ou andeis.

5º. Básculas para pesada de entradas e saídas de residuos.

6º. Ferramentas informáticas (incluído software) para o rexistro tanto de entradas como de saídas de residuos (arquivo cronolóxico telemático).

7º. Instalacións destinadas á preparación para a reutilización, xa sexa para o almacenamento separado dos residuos susceptibles de seren preparados para a reutilización como para a comprobación ou tratamento.

8º. Elementos de información no propio punto limpo sobre as condicións de entrega adecuada dos residuos, tales como carteis, paneis ou sinalización.

9º. Melloras no control de acceso á zona de almacenamento de residuos tales como peches perimetrais, sistemas de control de acceso, peches de zona de almacenamento, sistemas de videovixilancia, alarmas, etc.

10º. Formación para o persoal do punto limpo en materia de preparación para a reutilización co obxecto de seleccionar adecuadamente aqueles residuos susceptibles de seren preparados para a reutilización.

11º. Servizos complementarios á execución da obra, tales como honorarios de redacción de proxecto, dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde.

b) Liña 2: actuacións destinadas á instalación de puntos limpos de proximidade para favorecer a recollida separada de distintos fluxos de residuos.

En particular, serán subvencionables ao abeiro deste punto as accións dirixidas á implantación de puntos limpos de proximidade para favorecer a recollida separada de distintos fluxos de residuos. Os conceptos financiables dentro deste tipo de proxectos son os que se recollen a continuación:

1º. Adquisición de puntos limpos de proximidade, con diferentes compartimentos para a recollida de distintos fluxos de residuos que carecen de sistemas ordinarios de recollida, sempre que se xustifique que cumpren os obxectivos deste servizo.

2º. Adquisición de ferramentas informáticas (incluído software) para o seguimento da rastrexabilidade dos residuos recollidos.

3º. Os elementos de información no propio punto limpo de proximidade sobre as condicións de entrega adecuada dos residuos, tales como carteis, paneis ou sinalización (máximo 1.000 €).

Para subvencionar as actuacións destinadas a puntos limpos de proximidade, a entidade local deberá acreditar o destino dos residuos recollidos, ben a través dun acordo cunha instalación de punto limpo fixa autorizada ou ben directamente a través de acordos con xestores de residuos autorizados. Por outra banda, a entidade local deberá comprometerse ao cumprimento da normativa sectorial en materia de residuos.

c) Liña 3: puntos limpos móbiles: proxectos destinados a favorecer a prevención, a recollida separada e adecuada clasificación de fluxos especiais de residuos municipais a través da adquisición de puntos limpos móbiles para a mellora e ampliación dos servizos prestados pola Rede galega de puntos limpos existentes para a reutilización ou reciclaxe na nosa comunidade autónoma.

Ao abeiro desta liña serán subvencionables as actuacións que se citan a seguir:

1º. Adquisición de puntos limpos móbiles, con diferentes compartimentos para a recollida de residuos. Poderán ser os seguintes modelos:

• Contedor/caixa metálica de gran volume (este modelo poderá ser elixido só se a entidade local dispón de camión adaptado para a súa carga e traslado).

• Remolque e contedor metálico de gran volume (este modelo poderá ser elixido só se a entidade local dispón de camión adaptado para a súa carga e traslado).

• Camión con caixa e chasis.

• Furgoneta adaptada con diferentes contedores ou compartimentos:

• Outros modelos do mercado, sempre que se xustifique que cumpren os obxectivos deste servizo.

• Todos os vehículos adquiridos deberán ser eléctricos ou de biogás de orixe vexetal.

2º. Adquisición de equipamentos ou elementos complementarios para a función que prestan os puntos limpos móbiles (ganchos, guindastres, etc.)

3º Adquisición de básculas para pesada dos residuos recollidos.

4º. Adquisición de ferramentas informáticas (incluído software) para o seguimento da rastrexabilidade dos residuos recollidos.

5º. Adquisición de elementos de información no propio punto limpo móbil sobre as condicións de entrega adecuada dos residuos, tales como carteis, paneis ou sinalización (máximo 1.000 €).

6º. Formación para o persoal do punto limpo móbil en materia de preparación para a reutilización con obxecto de seleccionar adecuadamente aqueles residuos susceptibles de ser preparados para a reutilización.

d) Liña 4: proxectos de construción e mellora de instalacións de preparación para a reutilización e/ou autorreparación de residuos domésticos recollidos separadamente (RAEE, téxtiles, etc.), así como de ampliación de instalacións para incluír novas liñas de preparación para a reutilización e a autorreparación de residuos recollidos separadamente (RAEE, téxtiles, etc.) coa finalidade de alongar a vida útil dos materiais e obxectos, co que se prevén a xeración de residuos domésticos e a eliminación.

Esta liña ten como obxecto actuacións destinadas á creación de espazos públicos de autorreparación e intercambio de obxectos e utensilios diversos (mobles, roupa, pequenos electrodomésticos, xoguetes...), coa finalidade de alongar a vida útil dos materiais e obxectos, co que se prevén a xeración de residuos domésticos e a eliminación, así como actuacións de preparación para a reutilización de residuos domésticos recollidos separadamente (RAEE, téxtiles, etc.), coa finalidade tamén de alongar a vida útil dos materiais e obxectos, co que se prevén a xeración de residuos domésticos e a eliminación.

Ao abeiro desta liña serán subvencionables as actuacións que se citan a seguir:

1º. A construción ou mellora da instalación dedicada á preparación para a reutilización ou autorreparación, incluíndo zona de almacenaxe e superficie destinada á venda dos produtos recuperados, se é o caso. O financiamento limitarase aos conceptos mínimos para un adecuado funcionamento da instalación e o proxecto cumprirá con todos os requisitos que a normativa sectorial lles poida impor a estas instalacións. Non se inclúen instalacións auxiliares, como oficinas ou almacéns para maquinaria.

2º. Os elementos de almacenamento adecuado, tanto para os residuos recibidos como para os produtos recuperados, como gaiolas, andeis ou armarios.

3º. A maquinaria e ferramentas necesarias para desenvolver os traballos de preparación para a reutilización e/ou autorreparación. Non se inclúe neste concepto material funxible ou outro tipo de maquinaria e ferramentas que non sexan necesarias para o desenvolvemento da actividade.

4º. Formación para os traballadores da instalación.

5º. Campaña de comunicación, unha vez terminada a instalación e dirixida a concienciar a poboación próxima da entrega de residuos para a súa preparación para a reutilización.

6º. A adquisición de software e hardware para o control e a rastrexabilidade tanto dos residuos recibidos e xerados como dos produtos recuperados.

7º. Servizos complementarios á execución da obra, tales como honorarios de redacción de proxecto, dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde.

e) Liña 5: actuacións destinadas á implementación de melloras nas instalacións de tratamento existentes para incrementar a súa eficacia na recuperación de materiais contidos nos residuos municipais que se recollan de forma mesturada, de maneira que poidan contribuír a acadar dos obxectivos comunitarios de preparación para a reutilización e reciclaxe, así como ao de redución dos residuos municipais destinados ao seu depósito en vertedoiro.

Ao abeiro desta liña serán subvencionables as actuacións que se citan a seguir:

1º. Separadores ópticos.

2º. Separadores balísticos.

3º. Separadores de metais férricos e non férricos (p.e., separadores magnéticos, separadores de correntes de Foucault, etc.)

4º. Calquera outro método de separación distinto dos enumerados anteriormente que contribúa significativamente a incrementar a eficacia de recuperación de materiais susceptibles de seren reciclados.

5º. Sistemas de tratamento da fracción orgánica separada da fracción resto para o seu aproveitamento enerxético posterior.

Artigo 4. Requisitos

Os proxectos que se presenten para optar á presente convocatoria deberán observar os seguintes requisitos:

a) Os proxectos presentados deberán incorporar elementos de compra pública verde ou ecolóxica. A prestación de servizos ou a compra de materiais, equipamentos ou medios de recollida e transporte deberán ter en conta criterios ecolóxicos acordes cos obxectivos ambientais relacionados co cambio climático, a utilización dos recursos e a produción e o consumo sustentables (ecodeseño, emprego de materiais reciclados e/ou reciclables, eficiencia enerxética, redución de emisións, redución da pegada de carbono, economía circular, entre outros) que contribúan a reducir o seu impacto ambiental.

b) Deberá xustificar que ten presentada a correspondente solicitude de autorización ou, de ser o caso, modificación da autorización, como xestor de residuos perigosos e/ou non perigosos ante o órgano competente da Comunidade Autónoma de Galicia, se for necesaria a dita autorización, na fase de solicitude. A solicitude como xestor de valorización de residuos perigosos e/ou non perigosos deberá incluír, nos casos en que así o exixa a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, o documento correspondente para iniciar o trámite.

c) Para os efectos da presente convocatoria, teñen a consideración de residuos especiais de competencia municipal aqueles residuos que carecen de sistemas ordinarios de recollida, pero que son susceptibles de recuperación ou necesitan recollerse separadamente debido as súas especiais características (aceites vexetais usados, téxtiles, voluminosos, etc.).

d) Será obrigatorio que, na fase de xustificación final da axuda, a instalación conte coa autorización pertinente para levar a cabo a actividade sempre que sexa necesario.

e) Non serán financiables os alugamentos e pagamentos de servizos a terceiros.

f) Aqueles proxectos que prevexan a repartición de materiais, adquiridos con cargo á subvención, deberán identificar o procedemento que empregarán para a selección dos destinatarios beneficiados, segundo os principios de concorrencia, idoneidade e publicidade.

g) Requisitos específicos para a liña 1.

1º. Para os efectos da presente orde, non serán financiables dentro da liña 1 os proxectos de mellora en instalacións de puntos limpos que non estean no momento da solicitude autorizados ou en trámite de autorizar.

2º. Non serán financiables tampouco os seguintes conceptos:

• Alugueiros (leasing, renting, etc.) nin o pagamento de servizos a terceiros.

• Edificios para traballadores, oficinas e maquinaria (salvo que o edificio inclúa o destinado á reutilización ou preparación para a reutilización).

No caso de que o proxecto, ou determinados conceptos, afecten fluxos de residuos cubertos pola responsabilidade ampliada do produtor, non será financiable a parte atribuíble á responsabilidade ampliada do produtor.

h) Requisitos específicos para a liña 2.

1º. Para subvencionar as actuacións destinadas á implantación de puntos limpos de proximidade, a entidade local deberá acreditar o destino dos residuos recollidos, ben a través dun acordo cunha instalación de punto limpo fixa autorizada ou ben directamente a través de acordos con xestores de residuos autorizados.

i) Requisitos específicos para a liña 3.

1º. Para subvencionar a implantación de puntos limpos móbiles, a entidade local deberá acreditar o destino dos residuos recollidos, ben a través dun acordo cunha instalación de punto limpo fixo autorizada ou ben directamente a través de acordos con xestores de residuos autorizados.

2º. Todos os vehículos adquiridos deberán ser eléctricos ou de biogás de orixe vexetal.

j) Requisitos específicos para a liña 4.

1º. Deberá presentarse un proxecto en que se inclúan os tipos de residuos que prepararán para a reutilización, os tratamentos de cada un deses residuos, así como as condicións de venda, que incluirán a correspondente garantía posvenda e a súa declaración como produto novo naqueles casos en que sexa necesario.

k) Requisitos específicos para a liña 5.

1º. Non se considerarán conceptos subvencionables os custos do servizo de recollida selectiva, o tratamento dos residuos, así como tampouco os custos de mantemento nin os alugamentos.

2º. Non se financiará a construción de novas instalacións de tratamento mecánico-biolóxico.

3º. Non se financiarán melloras nas instalacións existentes, con excepción das que teñan por finalidade a separación e recuperación de materiais dos residuos mesturados que poidan ser obxecto dunha reciclaxe posterior, ou a reconversión das plantas para o tratamento dos biorresiduos recollidos separadamente mediante compostaxe ou dixestión anaerobia, garantindo que estes investimentos non supoñan un aumento da capacidade das plantas ou a extensión da súa vida útil, verificado a nivel de cada unha das instalacións.

4º. Será obrigatorio comprometerse a que antes da fin do ano 2025 os residuos recibidos nas plantas obxecto da axuda procedan de entidades que teñan implantado un modelo de recollida separada con contedores específicos para a recollida de envases lixeiros, biorresiduos, papel, cartón e vidro. O incumprimento do anterior dará lugar ao reintegro da totalidade da axuda percibida.

Artigo 5. Gastos subvencionables

1. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que, de forma indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionable e cumpran o establecido no artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia (en diante, Mecanismo).

2. En particular, non serán gastos subvencionables os seguintes:

a) Os gastos non xustificados correctamente ou que non sexan obxecto de subvención, así como os gastos non imputables ao investimento.

b) O imposto sobre o valor engadido.

c) Os gastos financeiros derivados do investimento.

d) Os investimentos realizados mediante contrato de arrendamento financeiro ou leasing.

e) Os gastos de persoal.

f) Os premios ou agasallos non relacionados coa actuación e/ou innecesarios.

g) Os custos asociados aos servizos de recollida e o tratamento dos residuos municipais.

h) Respecto dos bens de equipamento de segunda man, estes serán subvencionables cando se cumpran os requisitos seguintes:

1º. Que conste unha declaración do vendedor sobre a orixe dos bens e sobre que estes non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria.

2º. O prezo non poderá ser superior ao valor de mercado e deberá ser inferior ao custo dos bens novos similares, acreditándose estes extremos mediante certificación de taxador independente.

i) Os custos de alugamentos e pagamento de servizos a terceiros.

j) No caso de que o proxecto, ou determinados conceptos deste, afecten fluxos de residuos cubertos pola responsabilidade ampliada do produtor, non será financiable a parte atribuíble á responsabilidade ampliada do produtor.

k) Non se valorarán factores enerxéticos nin se financiarán melloras que teñan que ver coa redución de emisións.

l) Tampouco aqueles gastos que figuren no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como non subvencionables.

3. As entidades solicitantes poderán subcontratar a totalidade da actuación subvencionable, de conformidade co disposto no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. De ser o caso, as entidades subcontratadas deberán comprometerse a cumprir cos estándares máis exixentes en relación coas normas xurídicas, éticas e morais, adoptando as medidas necesarias para previr e detectar a fraude, a corrupción e os conflitos de interese, así como para respectar os principios de economía circular e evitar impactos negativos significativos no ambiente («DNSH» polas súas siglas en inglés «do no significant harm») na execución das actuacións levadas a cabo no marco de dito plan, así como a non incorrer en dobre financiamento e que, de ser o caso, non lle conste risco de incompatibilidade co réxime de axudas de Estado.

Para estes efectos, o cumprimento nestes termos acreditarase mediante declaración da subcontrata correspondente, no momento da xustificación (artigo 23), segundo o modelo incluído como anexo VII nesta orde.

4. Deberase observar o disposto na normativa aplicable en materia de contratación pública vixente na tramitación do procedemento de contratación e, se é o caso, respecto de contrato menor con adxudicación directa.

Artigo 6. Crédito e contía das axudas

1. As axudas convocadas ao abeiro desta orde financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2023 e 2024 procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, cun importe total de 3.100.000,00 €, segundo se indica a seguir:

a) Con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.541D.760.1 (código de proxecto 2023 00229) correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, ata un máximo de 310.000 €, procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, coa seguinte distribución:

1º. Importe para a liña 1: 75.000 €.

2º. Importe para a liña 2: 10.000 €.

3º. Importe para a liña 3: 40.000 €.

4º. Importe para a liña 4: 25.000 €.

5º. Importe para a liña 5: 160.000 €.

b) Con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.541D.760.1 (código de proxecto 2023 00229) correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, ata un máximo de 2.790.000 €, procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, coa seguinte distribución:

1º. Importe para a liña 1: 675.000 €.

2º. Importe para a liña 2: 90.000 €.

3º. Importe para a liña 3: 360.000 €.

4º. Importe para a liña 4: 225.000 €.

5º Importe para a liña 5: 1.440.000 €.

2. Para o caso de que nalgunha das liñas as solicitudes beneficiarias non resulten suficientes para esgotar os fondos dispoñibles, o crédito sobrante poderá destinarse á cobertura de solicitudes doutras liñas en que os fondos se esgotasen, e serán prioritarias as solicitudes correspondentes á liña 1, en segundo lugar as da liña 4, en terceiro lugar as da liña 2, en cuarto lugar as da liña 3 e, en último lugar, as da liña 5.

A modificación da distribución inicialmente aprobada rexerase polo previsto no artigo 26.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, de ser o caso, o reaxuste de anualidades farase de acordo co preceptuado no artigo 27 do mesmo corpo legal.

3. O financiamento máximo outorgado para as actuacións reguladas nesta orde de axudas non excederá o 90 % do custo total do proxecto. A porcentaxe restante será asumida polo/a beneficiario/a e será compatible co financiamento que os/as beneficiarios/as poidan recibir doutras administracións, sempre e cando non supere o custo total do proxecto que se vai financiar. O financiamento achegado non é compatible cos proxectos Clima, promovidos a través do Fondo de Carbono para unha Economía Sustentable (FES-CO2), cos seguintes importes máximos de subvención:

a) Liña 1. O importe máximo da subvención acadada non poderá superar os 150.000 €. Non obstante, esta cantidade poderá ampliarse, no caso de solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local, en 10.000 € máis por cada entidade participante a maiores da que figure na solicitude, ata un máximo de 200.000 €.

b) Liña 2. O importe máximo da subvención acadada non poderá superar os 10.000 €. Non obstante, esta cantidade poderá ampliarse, no caso de solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local, en 10.000 € máis por cada entidade participante a maiores da que figure na solicitude, ata un máximo de 30.000 €.

c) Liña 3. O importe máximo da subvención acadada non poderá superar os 70.000 €. Non obstante, esta cantidade poderá ampliarse, no caso de solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local, en 10.000 € máis por cada entidade participante a maiores da que figure na solicitude, ata un máximo de 100.000 €.

d) Liña 4. O importe máximo da subvención acadada non poderá superar os 200.000 €. Non obstante, esta cantidade poderá ampliarse, no caso de solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local, en 10.000 € máis por cada entidade participante a maiores da que figure na solicitude, ata un máximo de 250.000 €.

e) Liña 5. A contía máxima da axuda por beneficiario establécese en función do número de habitantes atendidos pola instalación a razón de 3,5 €/habitante.

4. De acordo co previsto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, poderase ampliar excepcionalmente a contía máxima dos créditos dispoñibles cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito; cando existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo ou no suposto previsto no artigo 25.3 do regulamento. O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade como consecuencia das circunstancias sinaladas e, de ser o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que procede. A ampliación do crédito publicarase nos mesmos medios que a convocatoria, sen que implique a apertura do prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

Artigo 7. Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, http://sede.xunta.gal (código de procedemento MT975S). Este formulario xúntase como anexo I a estas bases.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

2. Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. No caso de solicitudes conxuntas presentadas baixo a modalidade de agrupación, farase constar na propia solicitude, na epígrafe destinada á identificación do solicitante, a referencia a «Agrupación de», seguida da identificación das entidades de que se trate. As solicitudes poderaas presentar individualmente un concello, no exercicio da competencia que ten asumida na materia, ou conxuntamente máis dunha entidade local, ben sexa por medio de entidades de carácter supramunicipal que, pola súa vez teñen a consideración de entidade local, ben baixo a modalidade de agrupación de entidades locais.

4. As solicitudes (anexo I) subscribiranas directamente as persoas que desempeñen a súa representación. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

No caso de solicitudes formuladas por agrupacións de entidades locais, a entidade local designada para actuar como representante deberá achegar, ademais da documentación requirida ao abeiro do artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, un documento en que se deixe constancia de que as persoas representantes das entidades locais participantes autorizan a presentación da solicitude.

5. As solicitudes recibidas deben manter a proporción orzamentaria do crédito xerado polo tanto, o importe da subvención solicitada para o ano 2023 non debe superar o 10 % do total.

6. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

7. Para o caso de dificultades técnicas ou no caso de requirir máis información, a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda pon á disposición dos interesados o seguinte enderezo de correo electrónico: axudas.cmaot@xunta.gal

Artigo 8. Documentación complementaria

1. Para solicitar as axudas que se regulan mediante esta orde, as entidades locais municipais e supramunicipais, así como as agrupacións de entidades locais, presentarán a documentación xeral e técnica que se indica a seguir:

a) Acreditación do nomeamento da persoa representante para as súas relacións coa Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

b) Certificación do acordo adoptado polo órgano competente en que conste a decisión da entidade ou entidades locais de solicitar a subvención ao abeiro destas bases reguladoras (anexo II).

c) Certificación de que a entidade solicitante lle remitiu ao Consello de Contas de Galicia as contas do último exercicio orzamentario a que legalmente está obrigada. Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión das contas se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes (anexo II).

d) Declaración, por parte da entidade solicitante, do compromiso en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) no senso do artigo 8, punto 2.e), da Orden HFP/1030/2021, do 29 de setembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (anexo III).

e) Acreditación en que se faga constar que se dispón de crédito suficiente no orzamento da entidade local para o pagamento da parte proposta para o cofinanciamento pola súa banda.

f) Acreditación por parte do concello de estar en posesión do distintivo Bandeira verde de Galicia no momento da solicitude da axuda.

g) No caso de solicitudes presentadas por agrupacións de entidades locais, deberán achegar:

1º. Documentación xustificativa da persoa física ou entidade local designada para actuar como representante para formular a solicitude presentada.

2º. Identificar a relación de entidades locais participantes.

3º. Xustificación, de ser o caso, de que as persoas representantes das entidades locais participantes autorizan a presentación da solicitude, así como no relativo á remisión das contas do último exercicio orzamentario a que legalmente están obrigadas ao Consello de Contas (anexo II).

4º. Os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación.

5º. O importe de subvención que vai aplicar cada entidade membro da agrupación.

6º. Anexo de pluralidade de solicitantes (anexo IX).

h) Memoria técnica para as liñas 1, 2, 3, 4 e 5. As memorias técnicas dos proxectos ou actuacións para as cales solicita a subvención deberán conter unha descrición clara das actividades que se van desenvolver, tanto desde o punto de vista técnico como económico, así como os datos e a información requirida para o tipo de actuación ou actuacións para as cales se solicita a axuda e segundo o que se sinala a seguir.

A memoria do proxecto deberá incluír, como mínimo, os seguintes contidos:

1º. Tipoloxía e nome do proxecto.

2º. Breve descrición do proxecto presentado, en que se inclúan polo menos as capacidades que se van tratar ou aumentar e os residuos que se van tratar.

3º. Identificación e datos de contacto do/da responsable técnico/a.

4º. Introdución e diagnose da situación actual na materia do proxecto dentro do ámbito local de actuación.

5º. Obxectivos do proxecto e descrición detallada das súas actuacións (materiais necesarios, tipo e cantidade), poboación atendida e sectores ou axentes implicados. Será precisa neste punto a referencia ás melloras ou beneficios ambientais que se procuran co proxecto.

6º. Indicadores e medidas de seguimento e resultados esperados (residuos recollidos en quilogramos, por tipoloxía de residuos).

7º. Estimación dos gases de efecto invernadoiro evitados e das toneladas de residuos que contribuirán ao cumprimento dos obxectivos nesta materia: https://www.miteco.gob.es/es/cambio-climatico/temas/fondo-carbono/metodologias.aspx (obxectivos cuantitativos e cualitativos).

8º. Programación temporal (cronograma) para o desenvolvemento do proxecto, en correspondencia coas previsións de gastos incluídas no orzamento que se remita e tendo en conta o recollido nestas bases reguladoras.

9º. O plan de actuación deseñado deberá incluír unha xustificación pormenorizada dos materiais, actuacións e recursos propostos de conformidade cos gastos subvencionables ao abeiro desta orde.

10º. Orzamento resumido e detallado das actuacións que se van solicitar (tendo en conta que o IVE non é subvencionable), os conceptos polos que se concorre na convocatoria, chegando á desagregación a nivel de importes unitarios, de ser o caso, e tendo en conta o establecido nestas bases reguladoras en relación co período subvencionable, e os prazos para a xustificación. No caso de agrupacións de entidades locais, no orzamento figurará que importe correspondería a cada unha delas.

Toda a documentación técnica debe ser presentada nun único documento que se titule do seguinte xeito «Memoria_técnica».

i) No caso de solicitudes relativas á liña 1, deberán presentar:

1º. Anexo I.A debidamente cuberto.

2º. Memoria técnica da liña 1, melloras nos puntos limpos existentes. Un único arquivo co contido establecido no artigo 8.1.h) das bases reguladoras.

3º. Acreditación de capacidades da nova instalación (capacidade máxima e normal) e da poboación potencialmente atendida polo novo punto limpo, atendendo a posibles acordos de servizo entre diferentes concellos.

4º. Documentación que consideren oportuna para os efectos do establecido no artigo 15 desta orde para a liña 1, melloras nos puntos limpos existentes, de acordo co establecido na letra n) do punto 1 deste artigo.

j) No caso de solicitudes relativas á liña 2, deberán presentar:

1º Anexo I.B debidamente cuberto.

2º Memoria técnica da liña 2, puntos limpos de proximidade. Un único arquivo co contido establecido no artigo 8.1.h) das bases reguladoras.

3º. Acreditación do destino dos residuos recollidos no punto limpo de proximidade, ben a través dun acordo cunha instalación do punto limpo fixo ou ben directamente a través de acordos con xestores de residuos autorizados. De ser o caso, o punto limpo deberá dispor da autorización de xestor de residuos ou, polo menos, ter realizado a solicitude de autorización.

4º. Documentación que consideren oportuna para os efectos do establecido no artigo 15 desta orde para a liña 2, puntos limpos de proximidade, de acordo co establecido na letra n) do punto 1 deste artigo.

K) No caso de solicitudes relativas á liña 3, deberán presentar:

1º. Anexo I.C debidamente cuberto.

2º. Memoria técnica da liña 3, puntos limpos móbiles. Un único arquivo co contido establecido no artigo 8.1.h) das bases reguladoras.

3º. Acreditación da instalación de destino dos residuos recollidos co punto limpo móbil. Acreditación do destino dos residuos recollidos, ben a través dun acordo cunha instalación do punto limpo fixa ou ben directamente a través de acordos con xestores de residuos autorizados. Se é o caso, o punto limpo deberá dispor da autorización de xestor de residuos ou, polo menos, ter realizado a solicitude de autorización.

4º. Documentación que consideren oportuna para os efectos do establecido no artigo 15 desta orde para a liña 3, puntos limpos móbiles, de acordo co establecido na letra n) do punto 1 deste artigo.

l) No caso de solicitudes relativas á liña 4, deberán presentar:

1º. Anexo I.D debidamente cuberto.

2º. Memoria técnica da liña 4. Un único arquivo co contido establecido no artigo 8.1.h) das bases reguladoras.

3º. Declaración responsable das capacidades da nova instalación (capacidade máxima e normal) e da poboación potencialmente atendida, se é o caso.

4º. Documentación que consideren oportuna para os efectos do establecido no artigo 15 desta orde para a liña 4, de acordo co establecido na letra n) do punto 1 deste artigo.

m) No caso de solicitudes relativas á liña 5, deberán presentar:

1º Anexo I.E debidamente cuberto.

2º. Memoria técnica da liña 5, melloras nas instalación de tratamento de residuos recollidos mesturadamente. Un único arquivo co contido establecido no artigo 8.1.h) das bases reguladoras.

3º. Declaración xurada de que os residuos recibidos nas plantas obxecto da axuda, procedan de entidades que teñan implantado un modelo de recollida selectiva con contedores específicos para a recollida de envases lixeiros, biorresiduos, papel cartón e vidro ou, de non ser o caso, compromiso asinado de implantar este modelo de recollida separada antes de fin do 2025.

4º. Declaración responsable das capacidades da nova instalación (capacidade máxima e normal) e da poboación potencialmente atendida, se é o caso.

5º. Documentación que considere oportuna para os efectos do establecido no artigo 15 desta orde para a liña 5, melloras nas instalacións de tratamento de residuos recollidos mesturadamente, de acordo co establecido na letra n) do punto 1 deste artigo.

n) Documentación que considere oportuna para os efectos do establecido no artigo 15 desta orde, co fin de que a Comisión de Avaliación poida avaliar o cumprimento ou non dos criterios fixados para a valoración e relación das solicitudes presentadas ou declaración responsable, de ser o caso, que permita deixar constancia do seu cumprimento.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recollidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intemediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesada presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. Así mesmo, cos proxectos que opten ás subvencións que se rexen polas presentes bases reguladoras deberá xuntarse a documentación acreditativa que xustifique o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 3.

Artigo 9. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para a tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa AEAT.

d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

f) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

g) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro que corresponda habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Artigo 11. Procedemento de concesión

O procedemento que se empregará para a concesión das axudas será o de concorrencia competitiva recollido no artigo 19, ordinal 1º da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Artigo 12. Órganos competentes

A Subdirección Xeral de Coordinación Ambiental da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión de subvencións, mentres que corresponde á persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ditar a resolución da concesión.

Artigo 13. Instrución

1. A instrución do procedemento correspóndelle á Subdirección Xeral de Coordinación Ambiental da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, que revisará toda as solicitudes recibidas e a documentación presentada.

2. Se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, requirirase o solicitante de acordo co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para que, no prazo improrrogable de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da recepción do requirimento, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Indicaráselle que, se non o fixese, se poderá considerar desistido da súa petición, que se arquivará sen máis trámites, segundo a resolución que para o efecto se dite.

Igual requirimento se efectuará no suposto de resultado negativo da consulta efectuada á Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), á Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS) e á consellería competente en materia de economía e facenda. Nestes casos o/a solicitante terá que achegar as correspondentes certificacións ou documentos.

3. Sen prexuízo do disposto no punto anterior, en calquera fase do procedemento anterior á proposta de resolución poderáselle requirir á entidade solicitante que achegue a información e/ou a documentación complementaria que se considere conveniente para a correcta definición, avaliación e comprobación da solicitude presentada.

4. Tales requirimentos de emenda, así como calquera tipo de notificación, serán realizados a través de medios electrónicos, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, de maneira que, cando existindo constancia da posta á disposición da notificación, transcorran 10 días naturais sen que se acceda ao seu contido, entenderase que a notificación foi rexeitada, salvo que de oficio ou por instancia do/da destinatario/a se comprobe a imposibilidade técnica ou material do acceso.

5. Unha vez revisadas as solicitudes e feitas as emendas, os expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos, xunto co correspondente informe do órgano instrutor, á comisión encargada da súa valoración. Aqueles que non cumpran coas exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, serán obxecto de resolución de inadmisión a trámite ou de denegación, dependendo da circunstancia que concorra en cada caso.

6. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 14. Comisión de Avaliación

1. As solicitudes completas, xunto coa documentación requirida, serán postas á disposición dunha Comisión de Avaliación para a súa valoración e informe, o cal incluirá unha relación coa puntuación que corresponde a cada unha das solicitudes segundo os criterios establecidos no artigo 15 desta orde.

2. A Comisión de Avaliación estará presidida pola persoa titular da Subdirección Xeral de Residuos, ou persoa en quen delegue, e integrada por dous funcionarios da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, co nivel mínimo de xefe/a de servizo. Actuará como secretario/a unha persoa funcionaria da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático.

3. A referida comisión realizará a valoración técnica dos expedientes admitidos ou non denegados e emitirá un informe do órgano avaliador (tendo en conta os criterios sinalados no artigo 15) en que identificarán, de xeito individualizado, a puntuación obtida por cada un dos solicitantes que acadaron a fase de avaliación, mediante unha relación ordenada de todas as solicitudes que cumpren coas condicións, tanto administrativas como técnicas, establecidas nas bases reguladoras. No informe constará a relación das entidades, coas correspondente puntuacións, obtida segundo os criterios de valoración.

4. Este informe seralle remitido ao órgano instrutor, que elaborará a proposta de resolución con base na puntuación obtida por cada un dos solicitantes na fase de valoración técnica, que lle será elevada á persoa titular da Vicepresidencia Segunda e Consellería de MEdio Ambiente, Territorio e Vivenda, ou persoa en quen delegue, para a súa resolución.

Consonte ao establecido no artigo 3 da Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de intereses nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia, as persoas que formen parte do órgano competente para a concesión e os membros dos órganos colexiados de valoración de solicitudes, de ser o caso, nas fases de valoración de solicitudes, e resolución de concesión, deberán asinar electronicamente unha declaración de ausencia de conflito de interese (DACI), co contido mínimo indicado no anexo I da devandita orde.

No caso de que concorra conflito de intereses, aplicarase o procedemento establecido no artigo 6 da dita orde.

Consonte o establecido no artigo 6.4 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, as persoas que interveñan no proceso de selección dos/das beneficiarios/as ou nos procesos de verificación do cumprimento das condicións manifestarán, de forma expresa, a ausencia ou non de conflito de intereses a través dunha declaración de ausencia de conflito de intereses (DACI), de acordo co modelo establecido na devandita orde.

No caso de que concorra conflito de intereses, a persoa afectada concretará as solicitudes sobre as cales recae o dito conflito, e deberá absterse de intervir na súa selección co fin de mitigar os riscos de materialización deste conflito.

Artigo 15. Criterios de valoración

1. A Comisión de Avaliación, a que se refire o artigo 14 desta orde, valorará as solicitudes presentadas aplicando os criterios e puntuacións que a seguir se sinalan para cada unha das liñas subvencionables recollidas:

a) Liña 1:

1º. Aumento da capacidade de almacenamento en porcentaxe sobre a capacidade que figure na autorización ou na solicitude de autorización da instalación: ata 35 puntos.

2º. Eficiencia da actuación en ratio €/ habitantes que se atendan: ata 25 puntos.

3º. Aumento de códigos LER autorizados recollidos; ata 35 puntos, repartidos da seguinte maneira:

• Ampliación de residuos téxtiles: 15 puntos a razón de 7,5 puntos por cada código LER ampliado (código LER 20 01 10 e 20 01 11). Ampliación de residuos domésticos perigosos ata 20 puntos, a razón de 2 puntos por cada código LER de residuos domésticos perigosos recollidos no anexo VIII ampliados.

4º. Estar en posesión do distintivo de Bandeira verde de Galicia no momento da solicitude da axuda: 5 puntos. No caso de agrupación, a valoración será proporcional ao número de integrantes da agrupación que teñan o distintivo, ata un máximo de 5 puntos.

b) Liña 2:

1º. A coherencia, calidade e claridade da memoria do proxecto (diagnose, obxectivos, indicadores, resultados previstos, continuidade no tempo): ata 30 puntos, distribuídos da seguinte maneira:

• A calidade do proxecto valorarase en función do grao de detalle técnico e descritivo da memoria en cada un dos seus parágrafos (diagnose, obxectivos, indicadores, resultados previstos, continuidade no tempo): ata 10 puntos.

• A coherencia do proxecto valoraranse en función do resultado e conclusións da diagnose, da súa viabilidade económica e ambiental, do seu alcance e seguimento e do planteamento de obxectivos en liña cos establecidos na normativa vixente: ata 10 puntos.

• A claridade do proxecto valorarase en función do nivel de coñecemento, explicación e xustificación das actuacións proxectadas para acadar os beneficios ambientais esperados: ata 10 puntos.

2º. Tipos de residuos, identificados mediante códigos LER do anexo VIII, que se recollerán no punto limpo de proximidade, a razón de 2 puntos por código LER recollido: ata 20 puntos.

3º. Eficiencia da actuación en ratio €/habitantes que se atendan: ata 15 puntos.

4º. En función da poboación que se atenda, segundo sexa solicitude individual ou presentada conxuntamente, de forma proporcional:

• Habitantes que se atendan (solicitude individual), ata un máximo de 10 puntos, que se repartirán de xeito proporcional.

• Habitantes que se atendan (solicitude conxunta): de 5 ata 15 puntos; outorgaráselle a máxima puntuación á solicitude que máis poboación atenda e 5 puntos á que menos, e ao resto de solicitudes, de xeito proporcional.

5º. Achega económica da entidade local superior ao 10 % do orzamento total do proxecto: ata 5 puntos.

6º. Solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local para a realización dun proxecto común: ata 10 puntos, en virtude da puntuación que resulte coa seguinte desagregación:

• Pola presentación dunha solicitude por entidades que se axustan a este carácter supramunicipal ou constituíndo unha agrupación: 5 puntos.

• Polo número de concellos participantes no proxecto para o cal se solicita a subvención: 1 punto por concello adicional, ata un máximo de 5 puntos.

7º. Estar en posesión do distintivo de Bandeira verde de Galicia no momento da solicitude da axuda: 5 puntos. No caso de agrupación, a valoración será proporcional ao número de integrantes da agrupación que teñan o distintivo ata un máximo de 5 puntos.

c) Liña 3:

1º. A coherencia, calidade e claridade da memoria do proxecto (diagnose, obxectivos, indicadores, resultados previstos, continuidade no tempo): ata 30 puntos, distribuídos da seguinte maneira:

• A calidade do proxecto valorarase en función do grao de detalle técnico e descritivo da memoria en cada un dos seus parágrafos (diagnose, obxectivos, indicadores, resultados previstos, continuidade no tempo): ata 10 puntos.

• A coherencia do proxecto valorarase en función do resultado e conclusións da diagnose, da súa viabilidade económica e ambiental, do seu alcance e seguimento e do planeamento de obxectivos, en liña cos establecidos na normativa vixente: ata 10 puntos.

• A claridade do proxecto valorarase en función do nivel de coñecemento, explicación e xustificación das actuacións proxectadas para acadar os beneficios ambientais esperados: ata 10 puntos.

2º. Eficiencia da actuación en ratio €/habitantes que se atendan: ata 20 puntos.

3º. En función da poboación que se atenda, segundo sexa solicitude individual ou presentada conxuntamente, de forma proporcional:

• Habitantes que se atendan (solicitude individual): ata un máximo de 10 puntos, que se repartirán de xeito proporcional.

• Habitantes que se atendan (solicitude conxunta): de 5 ata 15 puntos. Outorgaráselle a máxima puntuación á solicitude que máis poboación atenda e 5 puntos á que menos, e ao resto de solicitudes de xeito proporcional.

4º. Achega económica da entidade local superior ao 10 % do orzamento total do proxecto: ata 5 puntos.

5º. Solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local para a realización dun proxecto común: ata 10 puntos, en virtude da puntuación que resulte, coa seguinte desagregación:

• Pola presentación dunha solicitude por entidades que se axusten a este carácter supramunicipal ou constituíndo unha agrupación: 5 puntos.

• Polo número de concellos participantes no proxecto para o cal se solicita subvención: 1 punto por concello adicional, ata un máximo de 5 puntos.

6º. Tratándose de proxectos que inclúan a prestación do servizo a concellos que carecen de punto limpo: 15 puntos.

7º. Estar en posesión do distintivo de Bandeira verde de Galicia no momento da solicitude da axuda: 5 puntos. No caso de agrupación, a valoración será proporcional ao número de integrantes da agrupación que teñan o distintivo: ata un máximo de 5 puntos.

d) Liña 4:

1º. A coherencia, calidade e claridade da memoria do proxecto (diagnose, obxectivos, indicadores, resultados previstos, continuidade no tempo): ata 20 puntos, distribuídos da seguinte maneira:

• A calidade do proxecto valorarase en función do grao de detalle técnico e descritivo da memoria en cada un dos seus parágrafos (diagnose, obxectivos, indicadores, resultados previstos, continuidade no tempo): ata 5 puntos.

• A coherencia do proxecto valorarase en función do resultado e conclusións da diagnose, da súa viabilidade económica e ambiental, do seu alcance e seguimento e do planeamento de obxectivos en liña cos establecidos na normativa vixente; ata 10 puntos.

• A claridade do proxecto valorarase en función do nivel de coñecemento, explicación e xustificación das actuacións proxectadas para acadar os beneficios ambientais esperados: ata 5 puntos.

2º. Poboación atendida polo proxecto: ata 10 puntos. Outorgaráselle a máxima puntuación á solicitude que máis poboación atenda e 0 puntos á que menos, e ao resto de solicitudes, de xeito proporcional.

3º. Eficiencia do investimento (€/poboación): ata 10 puntos.

4º. Os proxectos que conten para o seu desenvolvemento coa implicación de centros especiais de emprego e/ou entidades de economía social obterán 15 puntos.

5º. Relevancia ambiental do proxecto: ata 20 puntos, distribuídos da seguinte maneira:

• Ratio da cantidade de residuos para tratar /investimento (toneladas/euro) aos cales aplica o proxecto: ata 10 puntos.

Cantidade de gases de efecto invernadoiro evitadas: ata 10 puntos.

6º. Solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local a razón de 5 puntos por cada un dos concellos que formen parte da agrupación: ata 20 puntos.

7º. Estar en posesión do distintivo de Bandeira verde de Galicia no momento da solicitude da axuda: 5 puntos. No caso de agrupación, a valoración será proporcional ao número de integrantes da agrupación que teñan o distintivo, ata un máximo de 5 puntos.

e) Liña 5:

1º. A coherencia, calidade e claridade da memoria do proxecto (diagnose, obxectivos, indicadores, resultados previstos, continuidade no tempo), ata 30 puntos, distribuídos da seguinte maneira:

• A calidade do proxecto valorarase en función do grao de detalle técnico e descritivo da memoria en cada un dos seus parágrafos (diagnose, obxectivos, indicadores, resultados previstos, continuidade no tempo): ata 10 puntos.

• A coherencia do proxecto valorarase en función do resultado e conclusións da diagnose, da súa viabilidade económica e ambiental, do seu alcance e seguimento e do planeamento de obxectivos en liña cos establecidos na normativa vixente: ata 10 puntos.

• A claridade do proxecto valorarase en función do nivel de coñecemento, explicación e xustificación das actuacións proxectadas para acadar os beneficios ambientais esperados: ata 10 puntos.

2º. Poboación atendida: ata 25 puntos. Outorgarase a máxima puntuación á solicitude que máis poboación atenda e 0 puntos á que menos, e ao resto de solicitudes, de xeito proporcional.

3º. Relevancia ambiental do proxecto: ata 30 puntos, distribuídos da seguinte maneira:

• Ratio da cantidade de residuos para tratar/investimento (toneladas/euro) a que aplica o proxecto: ata 15 puntos.

• Cantidade de gases de efecto invernadoiro evitadas: ata 15 puntos.

4º. Atendendo ao carácter innovador do proxecto ou actuación presentada, como, por exemplo, emprego de tecnoloxía innovadora, solución proposta diferente ás instalacións existentes, etc.: ata 10 puntos.

5º. Estar en posesión do distintivo de Bandeira verde de Galicia no momento da solicitude da axuda:, 5 puntos. No caso de agrupación, a valoración será proporcional ao número de integrantes da agrupación que teñan o distintivo, ata un máximo de 5 puntos.

4. A puntuación resultante será a suma de aplicación dos baremos indicados. Co obxectivo de acadar un nivel mínimo de calidade dos proxectos de investimento subvencionados, establécese un nivel mínimo de puntuación de 30 puntos sobre os 100 que, como máximo, se poderían acadar, para poder optar á subvención. Aquelas solicitudes que non acaden esa puntuación mínima serán rexeitadas.

5. No caso de empate na baremación, decidirase a favor do proxecto que obtivese máis puntos na valoración do criterio establecido no primeiro lugar e así de xeito sucesivo co resto dos criterios previstos no caso de manterse o empate. De persistir o empate, atenderase á data de presentación da solicitude e, de ser idéntica, ao maior importe do orzamento total da actuación.

Artigo 16. Notificación

1. As notificacións dos actos administrativos, distintos da resolución de concesión efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas realizaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de se relacionaren por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, e rexeitadas cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda a el.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico efectuará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 17. Resolución e publicación da resolución de concesión

1. A persoa titular da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático elevaralle as correspondentes propostas de concesión á persoa titular da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, quen resolverá.

2. Na resolución figurarán os seguintes aspectos:

a) O nome da entidade local beneficiara.

b) O importe dos gastos considerables subvencionables sobre os cales se fai o cálculo da contía da axuda resultante.

c) A contía da axuda.

d) Que a axuda está cofinanciada nun 90 % con cargo aos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea, establecido polo Regulamento (UE) nº 2020/2094 do Consello, do 14 de decembro, polo que se establece o Instrumento de recuperación da Unión Europea para apoiar a recuperación tras a crise da COVID-19, e regulado segundo o Regulamento 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia. Resulta tamén de aplicación o Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, así como a súa normativa comunitaria, estatal e autonómica de desenvolvemento. O dito financiamento queda legalmente vinculado á realización das actuacións subvencionadas.

e) Prazo para a executar do servizo.

f) As obrigas que lle corresponden ao beneficiario, os requisitos específicos relativos ao proxecto subvencionable, o plan financeiro e o calendario de execución, así como os demais requisitos previstos na normativa aplicable.

3. O prazo máximo para resolver os procedementos iniciados en virtude desta orde, será de cinco meses desde a publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Transcorrido o prazo para resolver sen que o/a interesado/a recibise comunicación expresa, poderá entender as súas pretensións desestimadas por silencio administrativo, conforme prevé o artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente conforme o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4. Publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución de concesión. Así mesmo, as resolucións de concesión serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web https://sirga.xunta.gal/

5. De conformidade co Real decreto 130/2019, as subvencións concedidas serán incorporadas á Base de datos nacional de subvencións, con posibilidade de acceso da Administración e dos órganos mencionados no artigo 22 do MRR á información contida no Rexistro de titularidades reais, creado pola Orde JUS/319/2018, ou o acceso a outras bases de datos da Administración que poidan subministrar os ditos datos sobre titularidades reais, así coma de cesión de información entre estes sistemas e o sistema de fondos europeos, segundo as previsións recollidas na normativa europea e nacional aplicable.

Artigo 18. Recursos

As resolucións ditadas ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra elas poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben impugnala directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses se a resolución for expresa, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 19. Modificación da resolución de concesión

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente doutras achegas fóra dos casos permitidos nas normas reguladoras poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión, de acordo co artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. O órgano competente para conceder axudas poderá acordar a modificación da resolución por instancia do beneficiario. En todo caso, deberanse cumprir os requisitos recollidos no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 20. Aceptación e renuncia

1. Transcorridos 10 días hábiles desde a súa notificación sen que a entidade beneficiaria comunicase expresamente a súa renuncia á subvención, entenderase que a acepta e desde ese momento adquirirá a condición de beneficiaria.

2. A renuncia á subvención poderase facer por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No caso de que se comunicase a renuncia, ditarase a correspondente resolución, que se lle notificará ao/á interesado/a por medios electrónicos.

Artigo 21. Obrigas dos/das beneficiarios/as

Son obrigas dos/das beneficiarios/as, sen prexuízo das obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, das demais condicións e obrigas establecidas nesta orde e todas as que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación, as seguintes:

1. Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións.

2. Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e realizar as actuacións que integran o proxecto subvencionado, segundo o estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Cumprir a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións e contratación pública, cando proceda.

4. Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o gozo da subvención.

5. Someterse ás actuacións de comprobación e control que deba efectuar o órgano concedente a través da intervención ambiental, ou a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, a Intervención Xeral da Administración Xeral do Estado, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, así como ás medidas de control e auditoría recollidas no Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia e o Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión. En particular, deberán autorizar a Comisión, a OLAF, o Tribunal de Contas Europeo e, cando proceda, a Fiscalía Europea para exerceren os dereitos que recoñece o artigo 129, punto 1, do referido regulamento financeiro.

6. Asumir a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicarlle ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude («bandeiras vermellas»). Asegurar a adopción de medidas dirixidas a previr, detectar, comunicar e corrixir a fraude, a corrupción e previr o conflito de intereses e o dobre financiamento.

7. Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

8. Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con cargo á subvención e a obriga do mantemento da documentación soporte. A achega da información realizarase nos termos que estableza o Ministerio de Facenda, de conformidade coa normativa nacional e da Unión Europea. Manteranse os requisitos de pista de auditoría de conformidade co antedito artigo 22 do Regulamento (UE) nº 202º/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro polo que se establece o Mecanismo.

9. Dispor de capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal se solicita a axuda.

10. Custodiar e conservar a documentación da actividade financiada polo Mecanismo de recuperación e resiliencia, de conformidade co artigo 132 do Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, de 18 de xullo, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión, durante un período de cinco anos a partir do pagamento do saldo ou, na falta do pagamento, da operación. Este período será de tres anos se o financiamento é dun importe inferior ou igual a 60.000 euros.

11. Cumprir os requisitos establecidos no artigo 15, número 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, polo que toda actividade, investimento ou material (incluído o que se difunda de maneira electrónica ou empregando medios audiovisuais) que se realice contando con financiamento obtido a partir destas axudas deberá cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto, de conformidade co establecido no anexo IV destas bases. Así mesmo, deben cumprir coas obrigas de información e publicidade que as autoridades competentes establezan relativas ao financiamento do Mecanismo de recuperación e resiliencia. En particular, nas medidas de información e comunicación das actuacións que desenvolvan os investimentos (carteis informativos, placas, publicacións impresas e electrónicas, material audiovisual, páxinas web, anuncios, insercións en prensa, certificados etc., onde se fará mención da orixe deste e velarase por darlle visibilidade, cando proceda, mediante o emblema da Unión e unha declaración de financiamento adecuada que indique «Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU», tal como se reflicte no artigo 34 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia. Todos os carteis e placas deberán colocarse nun lugar ben visible de acceso ao público.

12. Facilitar a recollida de indicadores de resultado cuantitativos e cualitativos tras a execución do proxecto subvencionable e facilitar a información que lle permita ao órgano concedente medir a contribución da actividade subvencionada ao indicador establecido sobre o rendemento do Mecanismo de recuperación e resiliencia, consonte o artigo 30 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, establecido co número 188, en relación coa medida C12.I3, no anexo da Pproposta de Decisión de execución do Consello, relativa á aprobación da avaliación do Plan de Recuperación e Resiliencia de España [SWD(2021) 147 final].

13. Subministrar toda a información necesaria para que a consellería poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

14. Dispor das licenzas, permisos e/ou autorizacións administrativas exixidas pola normativa para o exercicio da súa actividade, así como, de ser o caso, para o desenvolvemento do proxecto subvencionable.

15. Someterse ás disposicións comunitarias sobre o Mecanismo de recuperación e resiliencia e ás actuacións da autoridade de control ou das entidades que actúen baixo a súa coordinación ou responsabilidade. En particular, no relativo a obrigan de asegurarse da regularidade do gasto subxacente e da adopción de medidas dirixidas a previr, detectar, comunicar e corrixir a fraude e a corrupción, previr o conflito de intereses e o dobre financiamento. Para tal efecto, establecerase un sistema eficaz e eficiente e recuperaranse os importes aboados baixo erro ou empregados de maneira incorrecta, no senso do artigo 22 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo, e a Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

16. Respectar o principio de «non causar un prexuízo significativo» na execución das actuacións subvencionadas no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables e polo que se modifica o Regulamento (UE) nº 2019/2088.

17. Asumir calquera outra obriga comunitaria ou nacional que resulte de aplicación por razón do financiamento do Mecanismo de recuperación e resiliencia, así como da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

18. Contribuír ao correcto funcionamento da Base de datos nacional de subvencións (BNDS) en cumprimento do disposto na Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, como ferramenta de consulta no procedemento de concesión de axudas, e lémbrase a necesidade de cumprir adecuadamente coas obrigas de subministración de información a esta (Real decreto 130/2019, do 8 de marzo).

• Contribución á fiabilidade do sistema, en xeral, e do sistema de seguimento de indicadores do cumprimento de fitos e obxectivos e de seguimento do custo estimado, en particular.

• Requisitos de pista de auditoría, de conformidade co antedito artigo 22 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo.

• Obrigas de comunicación sobre o financiamento das medidas incluídas nestas bases, xa que se incluíron no Plan para a recuperación e resiliencia.

• Subministración de información dos datos sobre o perceptor final dos fondos, cando non sexa o mesmo, así como dos contratistas e subcontratistas no caso de que o perceptor final sexa un poder adxudicador.

19. Os proxectos financiables deberán ser compatibles coa etiquetaxe verde, de acordo co previsto no Plan de recuperación, transformación e resiliencia, aprobado polo Consello de Ministros, do 27 de abril de 2021, e no Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, en todas as fases do seu deseño e execución.

Artigo 22. Período subvencionable e prazo de execución

1. O período subvencionable será, con carácter xeral, o comprendido entre o 1 de marzo de 2020 e o 30 de decembro de 2024, ambos incluídos, tendo en conta as datas límite para a súa xustificación segundo o sinalado neste mesmo artigo.

2. Non serán subvencionables os proxectos concluídos materialmente na data de presentación da solicitude.

3. Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados con anterioridade ao remate da data límite para solicitar o aboamento da axuda e súa xustificación consonte o establecido no parágrafo seguinte.

4. A data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será:

a) O 30 de decembro de 2023, para os proxectos que se imputen ao orzamento correspondente á anualidade 2023. Incluiranse neste orzamento as actuacións executadas entre o 1 de marzo de 2020 e o 30 de decembro de 2023.

b) O 30 de decembro de 2024, para os proxectos que se imputen ao orzamento correspondente á anualidade 2024.

Artigo 23. Xustificación da subvención

1. Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a acreditar, no prazo máximo a que se refire o artigo anterior, a realización dos proxectos subvencionados e a xustificar a totalidade do orzamento en virtude do establecido na resolución de concesión que lles foi notificada. En caso de non xustificarse a totalidade do orzamento do proxecto, a subvención será minorada na mesma proporción.

2. A solicitude do pagamento efectuaraa o beneficiario a través de medios electrónicos mediante a presentación do anexo V, que se xunta a título informativo e que estará accesible na Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. Con esta solicitude xuntarase da documentación xustificativa do investimento requirida. A Administración poderá solicitar a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto no artigo 28.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4. Tal e como dispón o artigo 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, cando o órgano administrativo competente para a comprobación da subvención aprecie a existencia de defectos emendables nas xustificacións presentadas polos beneficiarios, porao no seu coñecemento e concederalles un prazo de dez (10) días para a súa corrección. Os requirimentos de emenda serán notificados segundo o establecido nas presentes bases reguladoras.

Igual requirimento se efectuará no suposto do resultado negativo da consulta efectuada á Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), á Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), á consellería competente en materia de economía e facenda, así como a verificación do DNI do solicitante (persoa física) e do representante da persoa xurídica e o NIF do solicitante (persoa xurídica), ou cando como resultado da comprobación se obteña un resultado negativo na comprobación de causas de inhabilitación para recibir subvencións ou axudas. Neste caso o solicitante terá que achegar as correspondentes certificacións ou documentos.

No suposto de que transcorrese o prazo establecido para a xustificación sen terse presentado documentación ningunha, requirirase igualmente o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez (10) días hábiles, a presente. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

5. O órgano instrutor comprobará de oficio que a instalación conte coa autorización pertinente para levar a cabo a actividade, segundo o previsto no artigo 4 desta orde.

Artigo 24. Documentación xustificativa do investimento

A conta xustificativa con entrega de xustificantes de gastos, de conformidade co establecido no artigo 48 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, conterá a seguinte documentación:

a) Solicitude de aboamento efectuada pola entidade beneficiaria conforme o modelo que se facilita no anexo V que se xunta.

b) Memoria de actuacións xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención que, de conformidade co contido requirido na fase de solicitude, identifique, entre outras cuestións, as actividades realizadas e os resultados obtidos en relación cos indicadores de seguimento e avaliación propostos, incluíndo unha estimación das gases do efecto invernadoiro evitadas e das toneladas de residuos que contribuirán ao cumprimento dos obxectivos nesta materia e as toneladas de residuos municipais preparadas para a reutilización ou reciclaxe. As emisións de gases de efecto invernadoiro evitadas calcularanse de acordo coa metodoloxía exposta no seguinte enderezo: http://www.miteco.gob.es/cambio-climatico/temas/fondo-carbono/metodología.aspx ou outra metodoloxía equivalente.

Con esta memoria, xunto coa solicitude de pagamento, achegarase de calquera outro material informativo (fotografías, publicacións, recensións na web, etc.) que se considere de interese.

c) Memoria económica xustificativa das actividades realizadas, que conterá:

1º. Tanto os xustificantes de gasto como os dos pagamentos deberán ter data comprendida dentro do período de subvencionabilidade previsto no artigo 21 destas bases.

2º. A entidade beneficiaria achegará unha certificación, que deberá estar expedida pola intervención ou o órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida. Farase consta como mínimo:

• O cumprimento da finalidade da subvención.

• Unha relación clasificada dos gastos e investimentos da actividade, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, data de emisión e data de pagamento. No caso de que a subvención se outorgue segundo un orzamento, indicaranse as desviacións producidas.

3º. As facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil ou con eficacia administrativa incorporados na relación a que se fai referencia no parágrafo anterior. Os gastos aparecerán desagregados por conceptos ou unidades de obra.

Tratándose de administracións públicas, presentaranse facturas orixinais, ou facturas electrónicas rexistradas no punto xeral de entrada de facturas electrónicas da Administración xeral do Estado (FACE) ou plataforma similar.

A expedición das facturas e o seu contido axustarase ao disposto no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.

Cando o beneficiario non dispoña de facturas electrónicas para a xustificación da subvención, deberá achegar unha copia auténtica electrónica dos documentos orixinais en papel, de acordo cos procedementos que establece a normativa vixente.

4º. Xustificantes bancarios dos aboamentos efectuados (transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario do ingreso efectivo polo portelo) en que deberán constar, ademais do emisor e receptor do pagamento, o número de factura obxecto do pagamento, así como a data en que se tivesen efectuado, a cal deberá estar comprendida entre a data de inicio e a data límite da xustificación.

Non se admitirán os pagamentos en efectivo, así como os xustificantes obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria ou dispoñen de códigos para a súa verificación por terceiros na sede electrónica da dita entidade bancaria.

5º. No caso de adquisición de bens de equipamento de segunda man, certificado de taxador independente debidamente acreditado e declaración do vendedor en que conste a orixe dos bens e que estes non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria.

6º. Unha relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada, con indicación do importe e a súa procedencia.

No momento da xustificación da execución do proxecto e, en calquera caso, antes do pagamento, o peticionario debe presentar unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

7º. Certificación expedida pola secretaría da entidade local en que se acredite que se respectaron os procedementos de contratación pública e se faga constar a aprobación por parte do órgano competente da conta xustificativa da subvención. Na dita certificación, se é o caso, deberá acreditarse o cumprimento por parte das entidades subcontratadas cos estándares máis existentes en relación co cumprimento por parte das normas xurídicas, éticas e morais, adopción das medidas necesarias para previr e detectar a fraude, a corrupción e os conflitos de intereses, así como respectar os principios de economía circular e evitar impactos negativos significativos no ambiente («DNSH» polas súas siglas en inglés «do no significant harm») na execución das actuacións levadas a cabo no marco do dito plan, así como a, non incorrer en dobre financiamento e que, de ser o caso, non lle conste risco de incompatibilidade co réxime de axudas de Estado. Para estes efectos, o cumprimento nestes termos acreditarase segundo o modelo do anexo VII das presentes bases reguladoras.

8º. No caso das agrupacións de concellos, presentarase un documento asinado por todos os participantes que conformen a agrupación beneficiaria da axuda no cal se recollan expresamente todos os termos dos aspectos requiridos nas presentes bases para as solicitudes presentadas de forma conxunta.

d) Documentación acreditativa de ter realizado a publicidade axeitada (fotografías dos carteis informativos, publicidade a través de páxina web, exemplares da documentación escrita, etc.) que xustifique ter dado cumprimento ás obrigas establecidas en materia de información e comunicación, sobre o apoio procedente dos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia tal como reflicte o artigo 34 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e segundo o que se establece no anexo IV que acompaña as presentes bases reguladoras.

Artigo 25. Pagamento da axuda

1. O aboamento da subvención efectuararáselle directamente ao concello beneficiario na conta bancaria indicada por este, que deberá ser da súa titularidade. En caso das entidades locais supramunicipais ou agrupacións de entidades locais, o concello que asuma a representación recibirá a axuda atribuída para este fin.

No caso de agrupación de entidades locais, o concello que actúe como representante deberá presentar, no prazo máximo dun mes desde a recepción dos importes cobrados, xustificantes bancarios dos aboamentos efectuados (transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario do ingreso efectivo polo portelo) aos restantes concellos que constitúen a devandita agrupación.

2. Poderá anticiparse ata o 50 % do importe concedido, de acordo co establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia no artigo 63 do Decreto 11/2009 e nesta convocatoria, que se fará efectivo, por solicitude da entidade beneficiaria, unha vez realizada a notificación da subvención e logo da aceptación desta. De acordo co devandito artigo 63, a concesión do anticipo realizarase mediante resolución motivada.

Para as subvencións concedidas con cargo á anualidade de 2023, as entidades beneficiarias que se acollan á modalidade de pagamento anticipado, deberán manifestalo expresamente no prazo de 10 días hábiles a partir do seguinte ao da notificación da resolución de concesión, mediante a presentación da correspondente solicitude de pagamento anticipado, empregando o modelo que se incorpora como anexo VI.

Para as subvencións concedidas con cargo á anualidade 2024, as entidades beneficiarias que se acollan á modalidade de pagamento anticipado recibirán, unha vez que se abra contablemente o correspondente exercicio orzamentario, unha comunicación para que exerzan tal opción no prazo de 10 días hábiles desde a notificación desta mediante a presentación da correspondente solicitude de pagamento anticipado, empregando o modelo que se incorpora como anexo VI.

3. De non presentar a solicitude de pagamento anticipado, enténdese que a entidade solicitante renuncia ao anticipo. Neste caso o pagamento das axudas realizarase unha vez efectuado o investimento ou realizado o gasto ou actividade e logo da presentación por parte da entidade beneficiaria, no prazo establecido, da documentación xustificativa a que se refire o artigo anterior.

4. Conforme o artigo 65.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, para a concesión dos pagamentos anticipados non se exixirá a presentación de garantías por parte dos concellos beneficiarios.

5. Transcorrido o prazo establecido neste artigo sen ter presentado a correspondente xustificación, entenderase que a entidade renuncia á subvención, sen prexuízo do establecido nos artigos 45.2 e 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

6. Recibida a documentación xustificativa da subvención, os órganos competentes da consellería concedente, antes de realizar o seu pagamento final, poderán efectuar as actuacións de comprobación oportunas para verificar a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinaron a concesión da subvención, de acordo co establecido no artigo 30 da Lei 9/2007, así como o cumprimento do principio de «non causar prexuízo significativo» ao ambiente na execución das actuacións subvencionadas, no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sostibles e polo que se modifica o Regulamento (UE) nº 2019/2088.

Os órganos competentes da consellería concedente poderán solicitarlle ao beneficiario as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que consideren convenientes, e advírteselle de que a falta de presentación da xustificación no prazo concedido para o efecto poderá comportar a perda do dereito á subvención e a exixencia do reintegro no caso de ter recibido cantidades en concepto de anticipo, e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

7. Cando o custo xustificado da actividade ou investimento fore inferior ao que figura na resolución de concesión, manterase a axuda, pero diminuirase proporcionalmente o seu importe.

8. O pagamento realizarase logo de verificación do órgano concedente do cumprimento da obriga de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Artigo 26. Perda do dereito ao cobramento da subvención e procedemento de reintegro

1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento do proxecto, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras ou na demais normativa aplicable, así como nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, o que dará lugar a devolver total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención e para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Incumprimento dos proxectos:

a) Incumprimento total: se o beneficiario xustifica conceptos, partidas e/ou elementos subvencionables aprobados que representen menos do 50 % da actuación, entenderase que non acadou os obxectivos propostos na solicitude e, polo tanto, perderá o dereito de cobramento da subvención.

Así mesmo, o non cumprimento do compromiso en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), no sentido do artigo 8, punto 2.e), da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, dará lugar á devolución total da subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

b) Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomadas en conta na concesión das axudas, e a xustificación sexa igual ou superior ao 50 %, poderá apreciarse un incumprimento parcial, e deberase resolver sobre o seu alcance aplicando a mesma ponderación que teña a condición incumprida na resolución de concesión.

Sen prexuízo doutros supostos que poidan concorrer, no caso de condicións referentes á contía ou concepto da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ao gasto deixado de realizar ou aplicado a un concepto distinto do considerado subvencionable; deberanse, se é o caso, reintegrar as cantidades percibidas na dita proporción.

4. Incorrerase en causa de non pagamento ou reintegro das axudas no caso de non manter as condicións establecidas nestas bases de conformidade coa gradación seguinte:

a) Suporá a perda dun 2 % da subvención concedida non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas e os investimentos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea.

b) Suporá a perda dun 2 % da subvención concedida non dar publicidade ao financiamento dos investimentos que sexan obxecto de subvención, de acordo co establecido nestas bases.

c) Suporá a perda dun 5 % non lle comunicar ao órgano concedente destas axudas a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención, unha vez recalculada e descontado o exceso obtido sobre os topes máximos legalmente establecidos.

5. No caso de condicións que constitúan obrigas que a entidade beneficiaria deba acreditar en fase de xustificación, tales como obrigas de publicidade ou comunicación doutras axudas, estas deberán xustificarse en todo caso para poder realizar o pagamento da subvención, polo que a graduación fixada no punto anterior só resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso que se detecte en controis posteriores ao pagamento algún incumprimento relativo ás ditas obrigas.

Artigo 27. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrarlles á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que estean vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por esta das obrigas previstas na citada lei.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3 b) e 20.8 a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 28. Compatibilidade das axudas

1. Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas destinadas á mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou organismo internacional, sempre que o importe total das axudas percibidas non supere o 100 % do investimento subvencionable do proxecto, coas excepción dos proxectos Clima, promovidos a través do Fondo de Carbono para unha Economía Sustentable (FES-CO2), así como con axudas, subvencións, ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera outro fondo europeo, tales como Feder, REACT-UE, FSE, Horizonte Europa, etc.

2. Non obstante, e de acordo co establecido no artigo 9 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, a axuda concedida no marco deste mecanismo sumarase á proporcionada de acordo con outros programas e instrumentos da Unión. As reformas e os proxectos de investimento poderán recibir axuda doutros programas e instrumentos da Unión sempre que a dita axuda non cubra o mesmo custo.

3. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse á Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa da execución do servizo.

4. En todo caso, antes de conceder a axuda e no momento da xustificación, solicitaraselle á entidade solicitante ou beneficiaria unha declaración sobre calquera axuda recibida para este mesmo proxecto.

5. O incumprimento do disposto neste artigo poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión nos termos previstos nestas bases reguladoras ou, de ser o caso, á iniciación do procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito ao cobramento da subvención ou para o seu reintegro.

Artigo 29. Infraccións e sancións

O réxime de infraccións e sancións aplicable ao establecido nesta orde é o previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 30. Medidas antifraude

A detección de feitos que puidesen ter sido constitutivos de fraude ou irregularidade, en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria serán comunicados ao Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA) da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto: http://www.conselleriadefacenda.es/es/areas-tematicas/Indarra-Unificación/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf, nos termos establecidos na Comunicación 1/2017 do SNCA, do 6 de abril, sobre a forma en que poden proceder as persoas que teñan coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea. A detección de irregularidades pode implicar a aplicación de correccións financeiras e a solicitude de devolución dos importes percibidos indebidamente, tal como se establece no Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro polo que se establece o Mecanismo, e na Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Artigo 31. A análise sistemática do risco de conflito de intereses nos procedementos de concesión de subvencións que executan o PRTR

O presente procedemento de concesión de subvencións está suxeito a análise sistemática e automatizada do risco de conflito de intereses prevista na disposición adicional centésimo décimo segunda da Lei 31/2022, do 23 de decembro, e na Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de intereses nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

De acordo co establecido no artigo 7 da Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, o órgano de concesión da subvención poderá solicitarlles aos solicitantes de axudas a información da súa titularidade real cando a AEAT non dispoña desa información e así o indicase mediante a correspondente bandeira negra, tendo en conta a análise realizada a través de Minerva. Este suposto non implicará a suspensión automática do procedemento en curso, pero a dita información deberá achegárselle ao órgano de concesión da subvención no prazo de 5 días hábiles desde que se formule a solicitude de información. A falta desta información no prazo sinalado será motivo de exclusión do procedemento.

Os datos, unha vez recibidos, serán adecuadamente custodiados de acordo co Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril (Regulamento xeral de protección de datos), e coa Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. A través do Minerva, o responsable de operación levará a cabo un novo control ex ante do risco de conflito de intereses e que indicará, en lugar do/da solicitante de axudas, os titulares reais recuperados polo órganos de concesión da subvención.

Artigo 32. Réxime de concesión e normativa aplicable

1. Respecto de todo o non previsto nesta orde, observarase o disposto nas seguintes normas, entre outras de procedente aplicación:

a) Plan estatal de recuperación, transformación e resiliencia de España.

b) Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

c) Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

d) Regulamento (UE) nº 2020/2094 do Consello, do 14 de decembro, polo que se establece un Instrumento de recuperación da Unión Europea para apoiar a recuperación, tras a crise da COVID-19.

e) Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

f) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

g) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

h) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

i) Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento.

j) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

k) Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamento de Galicia.

l) Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

m) Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información que van proporcionar as entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimento dos fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

n) Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de intereses nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia. Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023 (disposición centésimo décimo segunda).

Disposición derradeira primeira

Autorízase expresamente a persoa titular da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático para actuar por delegación da persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das subvencións previstas nesta orde.

Así mesmo, deléganse na persoa titular da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático as facultades relativas aos procedementos de reintegro sinaladas no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición derradeira segunda

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para a execución desta orde.

Disposición derradeira terceira

Esta orde terá efectos o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2023

Ángeles Vázquez Mejuto
Vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VIII

Relación de códigos LER valorables para os puntos limpos

MT975S-subvencións a entidades locais galegas para o financiamento de actuacións de mellora de puntos limpos existentes, instalación de puntos limpos de proximidade, puntos limpos móbiles PxT e autorreparación e implementación de melloras nas instalacións de tratamento existentes en materia de residuos de competencia municipal. Fondos de recuperación e resiliencia

LER

Descrición

RP/RnP

200307

Residuos voluminosos (outros residuos municipais)

RnP

200108

Residuos biodegradables de cociñas e restaurantes

RnP

200114

Ácidos

RP*

200115

Álcalis

RP*

200119

Pesticidas

RP*

200121

Tubos fluorescentes e outros residuos que conteñen mercurio (fraccións recollidas selectivamente (excepto as especificadas no subcapítulo 1501)

RP*

200129

Deterxentes que conteñen substancias perigosas

RP*

200130

Deterxentes distintos dos especificados no código 20 01 29

RnP

200136

Equipamentos eléctricos e electrónicos fóra de uso distintos dos especificados nos códigos 200121*, 200123* e 200135* (fraccións recollidas selectivamente (excepto as especificadas no subcapítulo 1501)

RnP

200135

Equipamentos eléctricos e electrónicos fóra de uso, distintos dos especificados nos códigos 200121* e 200123*, que conteñen compoñentes perigosos (fraccións recollidas selectivamente (excepto as especificadas no subcapítulo 1501)

RP*

200123

Equipamentos fóra de uso que conteñen clorofluorocarbonos (fraccións recollidas selectivamente (excepto as especificadas no subcapítulo 1501)

RP*

150110

Envases que conteñen restos de substancias perigosas ou están contaminados por elas (envases (incluídos os residuos de envases da recollida selectiva municipal)

RP*

200125

Aceites e graxas comestibles (fraccións recollidas selectivamente (excepto as especificadas no subcapítulo 1501)

RnP

200139

Plásticos (fraccións recollidas selectivamente (excepto as especificadas no subcapítulo 1501)

RnP

200140

Metais (fraccións recollidas selectivamente (excepto as especificadas no subcapítulo 1501)

RnP

200101

Papel e cartón (fraccións recollidas selectivamente (excepto as especificadas no subcapítulo 1501)

RnP

200138

Madeira distinta da especificada no código 200137* (fraccións recollidas selectivamente (excepto as especificadas no subcapítulo 1501)

RnP

200133

Baterías e acumuladores especificados nos códigos 160601*, 160602* ou 160603* e baterías e acumuladores sen clasificar que conteñen esas baterías (fraccións recollidas selectivamente (excepto as especificadas no subcapítulo 1501)

RP*

200102

Vidro (fraccións recollidas selectivamente (excepto as especificadas no subcapítulo 1501)

RnP

170904

Residuos mesturados de construción e demolición distintos dos especificados nos códigos 170901*, 170902* e 170903* (outros residuos de construción e demolición)

RnP

200127

Pinturas, tintas, adhesivos e resinas que conteñen substancias perigosas (fraccións recollidas selectivamente (excepto as especificadas no subcapítulo 1501)

RP*

150111

Envases metálicos, incluídos os recipientes a presión baleiros, que conteñen unha matriz porosa sólida perigosa (por exemplo, amianto) (envases (incluídos os residuos de envases da recollida selectiva municipal)

RP*

160107

Filtros de aceite (vehículos de diferentes medios de transporte ao final da súa vida útil e residuos do desmantelamento de vehículos ao final da súa vida útil e do mantemento de vehículos (excepto os do capítulo 13 e 14 e os subcapítulos 1606 e 1608)

RP*

160103

Pneumáticos ao final da súa vida útil (vehículos de diferentes medios de transporte ao final da súa vida útil e residuos do desmantelamento de vehículos ao final da súa vida útil e do mantemento de vehículos (excepto os do capítulo 13 e 14 e os subcapítulos 1606 e 1608)

RnP

200110

Roupa (fraccións recollidas selectivamente (excepto as especificadas no subcapítulo 1501)

RnP

150202

Absorbentes, materiais de filtración (incluídos os filtros de aceite non especificados noutra categoría), trapos de limpeza e roupas protectoras contaminados por substancias perigosas (absorbentes, materiais de filtración, trapos de limpeza e roupas protectoras)

RP*

170107

Mesturas de formigón, ladrillos, tellas e materiais cerámicos, distintas das especificadas no código 170106* (formigón, ladrillos, tellas e materiais cerámicos)

RnP

200113

Disolventes (fraccións recollidas selectivamente (excepto as especificadas no subcapítulo 1501)

RP*

150105

Envases compostos (envases (incluídos os residuos de envases da recollida selectiva municipal)

RnP

200201

Residuos biodegradables (residuos de parques e xardíns (incluídos os residuos de cemiterios)

RnP

150106

Envases mesturados (envases (incluídos os residuos de envases da recollida selectiva municipal)

RnP

090107

Películas e papel fotográfico que conteñen prata ou compostos de prata (residuos da industria fotográfica)

RnP

090108

Películas e papel fotográfico que non conteñen prata nin compostos de prata (residuos da industria fotográfica)

RnP

150101

Envases de papel e cartón (envases (incluídos os residuos de envases da recollida selectiva municipal)

RnP

170201

Madeira (madeira, vidro e plástico)

RnP

150107

Envases de vidro (envases (incluídos os residuos de envases da recollida selectiva municipal)

RnP

150102

Envases de plástico (envases (incluídos os residuos de envases da recollida selectiva municipal)

RnP

080317

Residuos de tóner de impresión que conteñen substancias perigosas (residuos da FFDU de tintas de impresión)

RP*

200126

Aceites e graxas distintos dos especificados no código 200125 (fraccións recollidas selectivamente (excepto as especificadas no subcapítulo 1501)

RP*

170407

Metais mesturados (metais (incluídas as súas aliaxes)

RnP

200111

Tecidos (fraccións recollidas selectivamente (excepto as especificadas no subcapítulo 1501)

RnP

150203

Absorbentes, materiais de filtración, trapos de limpeza e roupas protectoras distintos dos especificados no código 150202* (absorbentes, materiais de filtración, trapos de limpeza e roupas protectoras)

RnP

170405

Ferro e aceiro (metais (incluídas as súas aliaxes)

RnP

200128

Pinturas, tintas, adhesivos e resinas distintos dos especificados no código 200127* (fraccións recollidas selectivamente (excepto as especificadas no subcapítulo 1501)

RnP

080318

Residuos de tóner de impresión distintos dos especificados no código 080317* (residuos da FFDU de tintas de impresión)

RnP

150103

Envases de madeira (envases (incluídos os residuos de envases da recollida selectiva municipal)

RnP

200117

Produtos fotoquímicos (fraccións recollidas selectivamente (excepto as especificadas no subcapítulo 1501)

RP*

080111

Residuos de pintura e verniz que conteñen disolventes orgánicos ou outras substancias perigosas (residuos da FFDU e da decapaxe ou eliminación de pintura e verniz)

RP*

080113

Lodos de pintura e verniz que conteñen disolventes orgánicos ou outras substancias perigosas (residuos da FFDU e da decapaxe ou eliminación de pintura e verniz)

RP*

170504

Terra e pedras distintas das especificadas no código 170503* (terra (incluída a escavada de zonas contaminadas), pedras e lodos de drenaxe)

RnP

170605

Materiais de construción que conteñen amianto (materiais de illamento e materiais de construción que conteñen amianto)

RP*

200132

Medicamentos distintos dos especificados no código 200131* (fraccións recollidas selectivamente (excepto as especificadas no subcapítulo 1501)

RnP

090110

Cámaras dun só uso sen pilas nin acumuladores (residuos da industria fotográfica)

RnP

090111

Cámaras dun só uso con pilas ou acumuladores incluídos nos códigos 160601*, 160602* ou 160603* (residuos da industria fotográfica)

RP*

170101

Formigón (formigón, ladrillos, tellas e materiais cerámicos)

RnP

200134

Baterías e acumuladores distintos dos especificados no código 200133* (fraccións recollidas selectivamente (excepto as especificadas no subcapítulo 1501)

RnP

200199

Outras fraccións non especificadas noutra categoría

RnP

200202

Terra e pedras

RnP

200203

Outros residuos non biodegradables

RnP

200302

Residuos de mercados

RnP

200303

Residuos da limpeza viaria

RnP

200304

Lodos de fosas sépticas

RnP

200306

Residuos da limpeza de sumidoiros

RnP

020104

Residuos de plásticos (excepto embalaxes)

RnP

200121*-31*

Tubos fluorescentes e outros residuos que conteñen mercurio (lámpadas de descarga, non LED e fluorescentes)

RP*

200123*-11*

Equipamentos fóra de uso que conteñen clorofluorocarbonos (aparellos con CFC, HCFC, HC, NH3)

RP*

200123*-12*

Equipamentos fóra de uso que conteñen clorofluorocarbonos (aparellos Aire acondicionado)

RP*

200123*-41*

Equipamentos fóra de uso que conteñen clorofluorocarbonos (grandes aparellos con compoñentes perigosos)

RP*

200135*-13*

Equipamentos eléctricos e electrónicos fóra de uso, distintos dos especificados nos códigos 200121* e 200123*, que conteñen compoñentes perigosos (aparellos con aceite en circuítos ou condensadores)

RP*

200135*-21*

Equipamentos eléctricos e electrónicos fóra de uso, distintos dos especificados nos códigos 200121* e 200123*, que conteñen compoñentes perigosos (monitores e pantallas CRT)

RP*

200135*-22*

Equipamentos eléctricos e electrónicos fóra de uso, distintos dos especificados nos códigos 200121* e 200123*, que conteñen compoñentes perigosos (monitores e pantallas: non CRT, non LED)

RP*

200135*-41*

Equipamentos eléctricos e electrónicos fóra de uso, distintos dos especificados nos códigos 200121* e 200123*, que conteñen compoñentes perigosos (grandes aparellos con compoñentes perigosos)

RP*

200135*-51*

Equipamentos eléctricos e electrónicos fóra de uso, distintos dos especificados nos códigos 200121* e 200123*, que conteñen compoñentes perigosos (pequenos aparellos con compoñentes perigosos e pilas incorporadas)

RP*

200135*-61*

Equipamentos eléctricos e electrónicos fóra de uso, distintos dos especificados nos códigos 200121* e 200123* (aparellos de informática e telecomunicacións pequenos con compoñentes perigosos)

RP*

200136-23

Equipamentos eléctricos e electrónicos fóra de uso, distintos dos especificados nos códigos 200121*, 200123* e 200135* (monitores e pantallas LED)

RnP

200136-32

Equipamentos eléctricos e electrónicos fóra de uso, distintos dos especificados nos códigos 200121*, 200123* e 200135* (lámpadas LED)

RnP

200136-42

Equipamentos eléctricos e electrónicos fóra de uso, distintos dos especificados nos códigos 200121*, 200123* e 200135* (grandes aparellos-resto-)

RnP

200136-52

Equipamentos eléctricos e electrónicos fóra de uso, distintos dos especificados nos códigos 200121*, 200123* e 200135* (pequenos aparellos-resto-)

RnP

200136-62

Equipamentos eléctricos e electrónicos fóra de uso, distintos dos especificados nos códigos 200121*, 200123* e 200135* (aparellos de informática e telecomunicacións pequenos sen compoñentes perigosos)

RnP

missing image file
missing image file