DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 3 de agosto de 2023 Páx. 47071

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2023 pola que se fai público o cofinanciamento polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, do contrato administrativo da obra de ampliación do saneamento na parroquia de Santa María, Melide (A Coruña), con referencia de expediente AUG-2023-0007 (clave do proxecto OH.315.1186).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, dáse publicidade da actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Código/s CPV: 45231300-8 (traballos de construción de tubaxe para auga e augas residuais).

4. Código/s NUTS do lugar principal de ES111: Melide (A Coruña).

5. Descrición do obxecto de licitación: obra de ampliación do saneamento na parroquia de Santa María, Melide (A Coruña). Referencia de expediente: AUG-2023-0007. Clave do proxecto: OH.315.1186.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeita a regulación harmonizada, polo trámite ordinario e gasto anticipado.

7. Orzamento base de licitación. Importe neto: 110.548,49 euros. Importe total: 33.763,67 euros.

8. Valor estimado do contrato: 110.548,49 euros. Coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

9. Prazo de execución do contrato: 2 meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación: 41 %), memoria descritiva do proceso de execución da obra (ponderación: 17 %), plan de control de calidade da execución da obra (ponderación: 14 %), programa de construción da obra (ponderación: 12 %), medidas para o impulso demográfico (ponderación: 10 %), memoria das condicións ambientais de execución da obra e xestión de residuos (ponderación: 4 %) e melloras de índole técnica vinculadas á execución da obra (ponderación: 2 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 28 de abril de 2023.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 3.

12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 3.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou subscrición do contrato: 26 de maio de 2023.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: Hordescon, S.L.

14.2. NIF: B32108334.

14.3. Enderezo: lugar de Niñodaguia, s/n, 32730 Xunqueira de Espadanedo (Ourense).

14.4. Código NUTS: ES113.

14.5. Correo electrónico: hordescon@hordescon.com

14.6. Fax: 988 24 62 28.

14.7. Teléfono: 637 75 63 16.

14.8. Pequena ou mediana empresa: si.

15. Valor da oferta seleccionada. Importe neto: 104.600,98 euros. Importe total: 126.567,19 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuación cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do Programa de desenvolvemento rural na medida 07. Servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais, submedida 7.2. Apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro enerxético, e prioridade 6 de desenvolvemento rural Fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais. Europa inviste no rural. O 25 % restante do gasto elixible será cofinanciado pola Xunta de Galicia nun 17,50 % e polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación nun 7,50 %.

17. Servizo do cal se poida obter información sobre o contrato formalizado.

17.1. Nome: Contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4. Código postal: 15781.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03.

17.7. Teléfono: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 15 de decembro de 2022.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 4 de maio de 2023.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 30 de maio de 2023.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 30 de maio de 2023.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2023

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia