DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 3 de agosto de 2023 Páx. 47076

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 18 de xullo de 2023 polo que se notifica a proposta de resolución do expediente de autorización de vertido PROV. 14195.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa titular do NIF 36075948B a proposta de resolución do expediente de autorización de vertido ditada no procedemento PROV. 14195.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, o interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, no horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

Así mesmo, indícase que poderá presentar alegacións, ante a Área de Vertidos de Augas de Galicia, no prazo de quince días contados desde o día seguinte ao da publicación desta notificación.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2023

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia