DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 3 de agosto de 2023 Páx. 47083

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle para axuste de aliñacións en Suviña (expediente 2023/PLANEAM/000008-FG 723).

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2023003664, do 13 de xullo de 2023, acordouse aprobar inicialmente o estudo de detalle para axuste de aliñacións en Subiña, Serantes (Documento do 28.6.2023).

De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 13.30 horas, polo prazo dun mes, para a presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 13 de xullo de 2023

Ángel García Seoane
Alcalde presidente