DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 3 de agosto de 2023 Páx. 47081

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Noia

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público de 2023.

O 17 de abril de 2023 o alcalde ditou o Decreto número 1046/2023, que acorda o seguinte:

«Primeiro. Modificar a oferta de emprego público deste concello para o ano 2023, que contén os seguintes postos de traballo:

Persoal funcionario:

Funcionarios de carreira; escala de Administración especial, policía local.

Grupo

Clasificación

Núm. de vacantes

Denominación

Sistema de acceso

C1

Persoal funcionario

1

Oficial policía local

Promoción interna

C1

Persoal funcionario

5

Axente policía local

Oposición libre

Persoal laboral:

Grupo

Clasificación

Núm. de vacantes

Denominación

Sistema de acceso

2

Persoal laboral

1

Director do Conservatorio municipal

Concurso-oposición

4

Persoal laboral

1

Auxiliar de clínica UPAD

Oposición libre

4

Persoal laboral

1

Oficial de primeira de obras

Oposición libre

5

Persoal laboral

1

Peón do servizo de protección civil (GES)

Concurso-oposición

Segundo. Publicar a oferta de emprego público no taboleiro de anuncios da Corporación, así como na sede electrónica deste concello e no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Convocar as prazas ofertadas en execución da presente oferta de emprego público dentro do prazo improrrogable de tres anos, contados desde a súa data de publicación. Deberá acreditarse nese momento a existencia de consignación orzamentaria axeitada e suficiente.

Cuarto. Elevar este decreto á Mesa Xeral de Negociación do Concello de Noia para a súa negociación e toma de coñecemento na vindeira sesión que se vaia realizar».

Noia, 12 de xullo de 2023

José Santiago Freire Abeijón
Alcalde