DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 3 de agosto de 2023 Páx. 46966

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2003 pola que se convoca, para o ano 2023, o procedemento de concorrencia competitiva para a selección dunha entidade colaboradora para a xestión do Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241 (código de procedemento CT402G).

O Consello Europeo aprobou o 21 de xullo de 2020 a creación do programa NextGenerationEU, como instrumento de estímulo económico en resposta á crise causada polo coronavirus.

O 10 de novembro de 2020, o Parlamento Europeo e o Consello alcanzaron o acordo sobre o paquete de medidas que inclúe os fondos de NextGenerationEU e o Marco financeiro plurianual 2021-2027, creándose o Mecanismo europeo de recuperación e resiliencia, como instrumento de apoio aos Estados membros a través de transferencias directas e préstamos para incrementar os investimentos públicos e acometer reformas para paliar os devastadores danos producidos pola COVID-19.

O Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, sinala que os Estados membros elaborarán plans de recuperación e resiliencia nacionais para acollerse a este e alcanzar os obxectivos establecidos e presentarase formalmente polos Estados, como moi tarde o 30 de abril.

A Resolución do 29 de abril de 2021, da Subsecretaría do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, dá publicidade ao Acordo do Consello de Ministros do 27 de abril de 2021, polo que se aproba o Plan de recuperación, transformación e resiliencia, que define as estratexias para seguir no desenvolvemento dos fondos europeos de recuperación. As medidas que recolle o Plan cumpren cos seis alicerces establecidos polo Regulamento da UE e articúlanse ao redor de catro eixes principais (a transición ecolóxica, a transformación dixital, a cohesión social e territorial e a igualdade de xénero). Estes catro eixes de traballo desenvólvense a través de dez políticas panca, que integran, pola súa vez, 30 compoñentes ou liñas de acción, para contribuír a alcanzar os obxectivos xerais do plan.

O compoñente 24 «Revalorización da industria cultural», recolle reformas e investimentos orientados a fortalecer a cadea de valor das industrias culturais españolas promovendo tres eixes estratéxicos: a competitividade, a dinamización e cohesión do territorio, e a dixitalización e sustentabilidade dos grandes servizos culturais. Dentro deste atópanse diversos proxectos dos que participarán as comunidades autónomas, entre os que está o C.24.I1.P1.2 «Apoio a aceleradoras culturais».

O Pleno da Conferencia Sectorial de Cultura, na súa reunión do 7 de abril de 2022, aprobou a distribución territorial dos créditos correspondentes aos proxectos do compoñente 24 «Revalorización da industria cultural» do Plan de recuperación que serán xestionados polas comunidades autónomas e cidades de Ceuta e Melilla nos exercicios 2022 e 2023, nos termos autorizados polo Consello de Ministros na súa reunión do 5 de abril de 2022.

Posteriormente, a Conferencia Sectorial de Cultura, celebrada entre o 15 e o 22 de decembro de 2022, aproba, por maioría, a proposta de modificación dos documentos reitores dos proxectos incluídos no Plan de recuperación, transformación e resiliencia dos compoñentes 24 e 25. En concreto, no que atinxe ao compoñente C24.I02.P1 «Apoio a aceleradoras culturais», o cambio máis salientable fai referencia ás novas instrucións sobre o tagging climático e dixital que debe cumprir calquera proxecto subvencionado ao abeiro das convocatorias deste compoñente e aos novos prazos para executar os créditos, alongando a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2026.

En cumprimento coa regulamentación antes descrita todos os proxectos de investimento deben de respectar o «principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente» (principio DNSH, Do No Significant Harm) e as condicións da etiquetaxe climática e dixital. Iso inclúe o cumprimento das condicións específicas asignadas previstas nos compoñentes 24 e 25, así como nos investimentos en que se enmarcan os devanditos proxectos, tanto no referido ao principio DNSH, como á etiquetaxe climática e dixital.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, ten a responsabilidade de promocionar e fomentar a cultura galega, tendo na Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) o ente instrumental en que centraliza os programas de apoio destinados a reforzar o papel dos creadores individuais, empresas e industrias culturais privadas.

A Axencia Galega das Industrias Culturais, creada pola Lei 4/2008, do 23 de maio, concíbese, segundo o previsto nos artigos 3, 4 e 5, como unha entidade de dereito público con personalidade xurídica propia, patrimonio propio e autonomía na súa xestión, que ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego.

O obxectivo da Axencia é consolidar o tecido industrial no sector cultural galego para promover un tecido empresarial capitalizado, competitivo e innovador, fomentar a creación e potenciar a comercialización de bens e servizos culturais de calidade, favorecendo a difusión da lingua e da cultura galegas como elementos singulares.

A Agadic pretende fomentar a industrialización dos produtos culturais na sociedade galega para o que dirixe a súa actividade principalmente ás empresas culturais privadas dedicadas á produción, distribución e comercialización dos produtos culturais.

Neste contexto, a Agadic proponse, como unha das súas finalidades, alargar a base das industrias culturais e creativas en Galicia, apostando pola profesionalización de todos os axentes, particularmente naqueles segmentos e subsectores culturais onde existe un maior número de persoas que non teñen unha dedicación en exclusiva.

Por esta razón, a Agadic está a desenvolver diferentes programas de impulso no ámbito das industrias culturais e creativas co obxectivo de situar a Galicia como un referente na xeración de bens e servizos culturais con alto valor innovador, que permita incrementar a súa competitividade a nivel global, posibilitando un crecemento das empresas galegas de toda a cadea de valor do ámbito cultural.

Neste sentido, a Axencia Galega das Industrias Culturais no marco do compoñente 24 «Revalorización da industria cultural» do Plan de recuperación, transformación e resiliencia ten previsto desenvolver un programa de aceleración para industrias culturais e creativas no ámbito da música.

A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, prevé a posibilidade de contar con entidades colaboradoras no procedemento de xestión de axudas públicas. Neste sentido o seu artigo 9 establece que será entidade colaboradora aquela que, actuando en nome e por conta do órgano concedente para todos os efectos relacionados coa subvención, entregue e distribúa os fondos públicos ás persoas beneficiarias cando así se estableza nunhas bases reguladoras, ou colabore na xestión da subvención.

Igualmente establece no artigo 13.4 que cando as entidades colaboradoras sexan persoas suxeitas a dereito privado, seleccionaranse previamente mediante un procedemento sometido aos principios de publicidade, concorrencia, igualdade e non discriminación e a colaboración formalizarase mediante convenio, salvo que polo obxecto da colaboración resulte de aplicación plena a Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

Polo exposto, en virtude as atribucións e competencias,

RESOLVO:

Artigo 1. Convocatoria

Convócase, para o ano 2023, o procedemento para a selección da entidade colaboradora que participará na xestión e realización das actividades que compoñen o Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais, de acordo coa resolución da Axencia Galega das Industrias Culturais pola que se establezan as bases de participación na dita Aceleradora cultural (código de procedemento CT402G).

Artigo 2. Obxecto da colaboración

O obxecto da colaboración é o deseño, xestión e desenvolvemento das actividades do Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais nos ámbitos de: consultaría, mentoring, confección produtos musicais, presentación e difusión de proxectos, participación en eventos do sector musical das entidades seleccionadas como beneficiarias para participar no programa da aceleradora.

Para estes efectos, subscribirase o oportuno convenio de colaboración entre a entidade colaboradora e a Agadic, segundo o modelo que figura como anexo I desta convocatoria.

Artigo 3. Requisitos e condicións de solvencia

Poderán ser entidades colaboradoras as entidades con personalidade xurídica e plena capacidade de obrar, validamente constituídas e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Non ter ánimo de lucro.

b) Desenvolver o súa actividade habitualmente no ámbito territorial en Galicia.

c) Ter experiencia e coñecemento do sector musical acreditado de máis de tres anos.

d) Ter experiencia acreditada na organización de actividades formativas no emprendemento musical na Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Dispoñer dun centro de traballo adecuado, e coas tecnoloxías apropiadas para poder desenvolver as diferentes partes que implican a aceleración musical, no ámbito territorial de Galicia.

f) Poder acreditar a súa solvencia económica por algún dos medios previstos no artigo 87.1 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

A entidade colaboradora actuará en nome do órgano concedente para todos os efectos relacionados co programa, xestionando e desenvolvendo as actividades en que participarán as entidades seleccionadas para ser beneficiarias do Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais.

Artigo 4. Prazo de duración

O prazo de duración da colaboración estenderase desde o momento da sinatura do correspondente convenio á finalización da súa vixencia, que non poderá ser superior ao 30 de outubro de 2024.

O convenio poderá ser obxecto de prórroga dentro dos límites establecidos no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 5. Obrigas e compromisos da entidade colaboradora

1. Sen prexuízo do establecido no artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, son obrigas da entidade colaboradora:

a) Estar ao día no pagamento das obrigas coa Axencia Tributaria do Estado, coa Administración autonómica e coa Seguridade Social.

b) Non estar incursa en ningunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro dos órganos competentes da administración autonómica, estatal e comunitaria no exercicio das súas funcións.

d) Cumprir cos criterios establecidos no convenio asinado coa Agadic.

e) Actuar en nome da Agadic na realización das actividades obxecto do programa de aceleración cultural de proxectos musicais.

f) Realizar as xestións necesarias para obter o cofinanciamento preciso e necesario para a execución do programa de aceleración cultural de proxectos musicais.

g) Conservar a documentación xustificativa da aplicación dos fondos durante un período de cinco anos a partir do pagamento ou saldo ou, na falta deste pagamento, da operación realizada, sendo este período de tres anos se o financiamento é dun importe igual ou inferior a 60.000 euros, de conformidade co establecido no artigo 22.2.f) do Regulamento (UE) 2021/241.

h) Cumprir, en materia de protección de datos, co Regulamento (UE) núm. 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos; coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais; e as demais disposicións vixentes sobre a materia.

i) Deixar clara constancia nos seus rexistros contables e así facilitar a idónea xustificación da axuda e a comprobación do cumprimento das condicións establecidas, de acordo co disposto no artigo 13.2.j) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Para isto, deberá manter un sistema de contabilidade separada ou código contable idóneo que facilite unha pista da auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes cos investimentos realizados ao abeiro desta resolución.

j) Someterse ás actuacións de comprobación e control que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás da autoridade de xestión, así como ás comprobacións da Comisión Europea, a Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF), o Tribunal de Contas da Unión Europea, e aos controis derivados do Plan nacional de recuperación, transformación e resiliencia, que se realicen a través de autoridades nacionais ou europeas, facilitando canta información e documentación lle sexa requirida.

k) Dar publicidade, en todas as accións, materiais, contratos de servizos ou outros relacionados coa execución da actuación da orixe e o financiamento do programa con fondos NextGenerationEU. Ademais, deberán publicar a concesión da compensación económica na páxina web. Na páxina web deberán figurar, ademais do convenio, como mínimo, os obxectivos do proxecto e as actuacións para desenvolver. Concretamente, na documentación, carteis, propaganda ou publicacións que se elaboren para a súa difusión pública deberá figurar o logotipo da Xunta de Galicia, así como financiado con cargo aos Fondos da UE e o Plan de recuperación, transformación e resiliencia. Así mesmo, deberá informarse que foi apoiado pola Xunta de Galicia.

l) De ser o caso, os tres orzamentos que se requiren en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

m) A entidade colaboradora, dado que recibirá unha compensación económica por importe de 60.000 euros, nas súas operacións comerciais deberá aboar nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial, que lle sexa de aplicación ou, na súa falta, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

Esta circunstancia acreditarase pola presentación da conta de perdas e ganancias abreviada. No suposto de que non a poidan presentar, o cumprimento dos prazos legais de pagamento acreditarase coa certificación dun auditor inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas.

2. Ao tratarse dunha actuación cofinanciada con fondos europeos do Mecanismo de recuperación e resiliencia, a entidade colaboradora adquire igualmente as obrigas que se relacionan a seguir, de conformidade co establecido na normativa comunitaria e nacional aplicable como consecuencia deste financiamento:

a) A obriga de achegar a información que permita ao órgano concedente medir a contribución da actividade subvencionada ao correspondente indicador.

b) Deberán establecer mecanismos que aseguren que as actuacións para desenvolver por terceiros (subcontratacións) contribúen ao logro das actuacións previstas e que devanditos terceiros acheguen a información que, se é o caso, fose necesaria para determinar o valor dos indicadores de seguimento do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

c) Solicitará, para os efectos de auditoría e control do uso dos fondos e en formato electrónico, as categorías harmonizadas de datos previstas no artigo 22.2.d) do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro.

d) Deberá cumprir coas obrigas en materia de información, comunicación e publicidade previstas no artigo 34 do Regulamento (UE) 2021/241, relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia, sobre o financiamento da Unión Europea das medidas incluídas no Plan de recuperación, transformación e resiliencia. En particular, nas medidas de información e comunicación das actuacións (carteis informativos, placas, publicacións impresas e electrónicas, material audiovisual, páxinas web, anuncios e insercións en prensa, certificados, etc.), deberanse incluír os seguintes logos:

– O emblema da Unión Europea.

– Xunto co emblema da Unión, incluirase o texto «Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU».

– Usaranse tamén os seguintes logos: teranse en conta as normas gráficas do emblema da Unión e as cores normalizadas establecidas no anexo II do Regulamento de execución 821/2014. Tamén se pode consultar a seguinte páxina web: http://publications.europa.eu/code/es/es-5000100.htm e descargar distintos exemplos do emblema en: https://europa.eu/european-union/about-eu/symbols/flag_es#download. Todos os carteis informativos e placas deberán colocarse nun lugar ben visible e de acceso ao público.

e) Deberá gardar a rastrexabilidade de cada un dos investimentos e actuacións realizadas, así como a correspondente documentación acreditativa destes. Someteranse ás medidas de control e auditoría recollidas no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e no Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión. En particular, deberán autorizar a Comisión, a OLAF, o Tribunal de Contas Europeo e, cando cumpra, a Fiscalía Europea a exercer os dereitos que lles recoñece o artigo 129, punto 1, do referido regulamento financeiro.

f) As medidas cofinanciadas mediante os fondos europeos do Mecanismo de recuperación e resiliencia deberán respectar o principio de «non causar un prexuízo significativo» no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) núm. 2020/852.

g) Deberá asegurar a regularidade do gasto subxacente e a adopción de medidas dirixidas a previr, detectar, comunicar e corrixir a fraude e a corrupción, previr o conflito de interese e o dobre financiamento.

h) Será responsable da fiabilidade e o seguimento da execución das actuacións subvencionadas, de maneira que poida coñecerse en todo momento o nivel de consecución de cada actuación e dos fitos e obxectivos que se estableceron ao respecto.

i) Deberá asumir calquera outra obrigación comunitaria e nacional que resulte de aplicación por razón do financiamento do Mecanismo de recuperación e resiliencia, así como a Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Artigo 6. Criterios de selección da entidade colaboradora

1. Para a selección da entidade colaboradora utilizaranse os seguintes criterios, segundo a ponderación establecida e cuxa puntuación total alcanzará 35 puntos, repartidos segundo consta no cadro que segue:

Criterios

Puntuación

Proposta técnica

15 puntos

Proposta en materia de comunicación directa cos operadores do sector

10 puntos

Experiencia na realización de actividades semellantes no sector da música

10 puntos

Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación deste procedemento de selección son os seguintes:

a) Proposta técnica que describa con amplitude e detalles precisos todos os elementos necesarios para a articulación da colaboración solicitada. Ata 15 puntos.

– Congruencia entre as ferramentas propostas e os resultados que se pretenden acadar, valorándose a claridade e a calidade das actividades e accións propostas para o programa de aceleración. Valorarase de 1 a 5 puntos.

– Flexibilidade na adaptación do servizo ás necesidades da empresa receptora, valorarase de 1 a 5 puntos.

– Proporcionalidade entre as distintas actividades que se van desenvolver, valorarase cun máximo de 1 a 5 puntos.

b) Proposta en materia de comunicación do programa de aceleración. Ata 10 puntos. Valoraranse as accións de comunicación que permitan aos operadores do sector coñecer a existencia do Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais e os participantes neste.

Cada acción proposta valorarase con 2 puntos, ata un máximo de 10 puntos.

c) Experiencia na realización de actividades semellantes no sector da música. Ata 10 puntos.

– Valoraranse as actividades, impartidas ou recibidas, no sector musical ou actividades análogas. Cada actividade valorarase con 1 punto ata un máximo de 6 puntos.

– Experiencia do equipo humano participante, valorarase cun máximo de 4 puntos.

Artigo 7. Lugar, forma e prazo de presentación das solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, segundo o modelo que se inclúe como anexo II a esta resolución.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo máximo de presentación das solicitudes será de quince días hábiles contados a partir do día seguinte da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. Na solicitude as persoas interesadas deberán realizar as seguintes declaracións responsables, recollidas no anexo II:

a) Declaración responsable de que todos os datos contidos na solicitude e documentos que se achegan son certos.

b) Declaración responsable de que a persoa solicitante non está incursa nas prohibicións para obter a condición de entidade colaboradora do artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

c) Declaración responsable que cumpre cos requisitos establecidos no artigo 3 sen prexuízo da súa verificación ou acreditación posterior.

d) Declaración responsable que ten a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto obxecto desta convocatoria.

e) Declaración responsable que cumpre cos prazos de pagamento previstos na Lei 18/2022, do 22 de setembro, cando se soliciten subvencións superiores a 30.000 euros.

Artigo 8. Documentación complementaria

1. As entidades interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación administrativa:

Escritura de constitución/modificación.

Poderes acreditativos da representación da persoa que asina a solicitude de participación.

a) Proposta técnica, memoria e toda a documentación que a xuízo da entidade permita á Administración valorar a solicitude conforme os criterios obxectivos fixados no artigo sexto (anexo III).

b) Declaración do cumprimento do principio de non causar un prexuízo significativo aos obxectivos ambientais (DNSH) (anexo IV).

c) Declaración responsable de cesión e tratamento de datos en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), establecida no artigo 8 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, para a identificación do perceptor final de fondos conforme o modelo contido no anexo IV.B da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, e declaración en que autorice o acceso das entidades de control financeiro da Unión Europea para o exercicio das funcións que lles son atribuídas polo regulamento financeiro en relación co outorgamento de axudas económicas incluídas no Plan de recuperación, transformación e resiliencia, de acordo co disposto na letra e) do punto 2 do artigo 22 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación, transformación e resiliencia, e segundo o modelo destas bases (anexo V).

d) Declaración responsable de compromiso coa execución de actuacións do PRTR, entre as que se encontran os estándares máis exixentes en relación co cumprimento das normas xurídicas, éticas e morais, adoptando as medidas necesarias para previr e detectar a fraude, a corrupción e os conflitos de intereses, así como o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (DNSH) e o recollido no punto 2 da norma cuarta conforme o modelo contido no anexo IV.C da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, e segundo o modelo destas bases (anexo VI).

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario presentar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os devanditos documentos que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse de novo á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en a que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento do procedemento o exixa ou existan dúbidas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que hai que presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 9. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento, consultarase automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– NIF da entidade solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas coa Comunidade Autónoma.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. Este procedemento está suxeito á análise sistemática e automatizada do risco de conflito de interese previsto na disposición adicional centésimo décimo segunda da Lei 31/2022, do 23 de decembro, e na Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de interese nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

De acordo co establecido no artigo 7 da Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, o órgano competente poderá solicitar aos solicitantes a información da súa titularidade real cando a AEAT non dispoña desa información e así o indicase mediante a correspondente bandeira negra, tendo en conta a análise realizada a través de Minerva. Este suposto non implicará a suspensión automática do procedemento en curso, pero a devandita información deberá achegarse ao órgano de concesión da subvención no prazo de 5 días hábiles desde que se formule a solicitude de información. A falta desta información no prazo sinalado será motivo de exclusión do procedemento.

Os datos, unha vez recibidos, serán adecuadamente custodiados de acordo co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (Regulamento xeral de protección de datos), e coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. A través de Minerva, o responsable de operación levará a cabo un novo control ex ante do risco de conflito de interese, e indicará, no lugar do solicitante da axuda, os titulares reais recuperados polo órgano de concesión.

Artigo 10. Órganos competentes

A dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais é o órgano competente para a instrución deste procedemento, así como para realizar a proposta de resolución ante a persoa titular da Presidencia da Agadic, a quen corresponderá ditar a resolución que corresponda.

A Comisión de Valoración é o órgano competente para valorar as propostas presentadas e o seu funcionamento rexerase polo establecido para os órganos colexiados na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. Estará formado por tres vogais designados polo director da Axencia entre persoas do cadro de persoal da Agadic con experiencia en este tipo de actuacións e que no estean relacionados, directa ou indirectamente, coa tramitación administrativa dos expedientes obxecto de valoración. A súa presidencia recaerá na persoa responsable da dirección da Agadic, ou persoa en quen delegue, e a secretaría será desempeñada por unha persoa do cadro de persoal da Agadic, con voz pero sen dereito a voto.

Previamente á cualificación das solicitudes, as persoas que forman parte da Comisión de Valoración elaborarán unha acta en que concreten os criterios definidos no artigo 6 para aplicalos de maneira obxectiva. Así mesmo, tras a súa avaliación, deixarase constancia documental cun informe exhaustivo, comparativo da motivación das puntuacións concedidas aos solicitantes.

Artigo 11. Resolución

A dirección da Agadic, á vista do informe técnico da Comisión de Valoración, realizará unha proposta motivada de resolución para elevala á Presidencia da Agadic.

A aceptación da axuda implica a aceptación de que o proxecto cumprirá co principio DNSH (principio de non causar prexuízo significativo ao ambiente e as condicións de etiquetaxe climática e dixital polo que adoptarán as medidas adecuadas para poder avaliar o devandito principio de conformidade coa Guía técnica sobre a aplicación do principio DNSH (2021/C58/01).

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ás entidades interesadas será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao do final do prazo de presentación de solicitudes.

Se transcorre o prazo máximo para resolver sen que se dite resolución expresa, as entidades interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo de conformidade co disposto no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Para os efectos desta convocatoria, o presente convenio de colaboración terá a condición de documento polo cal se establecen as condicións da axuda.

Artigo 12. Notificacións

As notificacións das resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificacións de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo electrónico e/ou móbil que consten na solicitude.

Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e polas entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Entenderase rexeitada cando transcorresen 10 días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Agadic practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 13. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 14. Subcontratación

A entidade colaboradora poderá subcontratar a execución dalgunhas das actividades que conforman o Programa de aceleración cultural de proxectos musicais, excepto as funcións de mediación, supervisión e control, sempre que a subcontratación non aumente o custo da actividade sen achegar valor engadido a esta.

Para estes efectos, a entidade colaboradora respectará o previsto no artigo 27.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 15. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para que aquela cumpra as obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 16. Base de datos nacional de subvencións

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Artigo 17. Medidas antifraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá poñer tales feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto:

https://www.conselleriadefacenda.gal/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf

A detección de irregularidades pode implicar a aplicación de correccións financeiras e a solicitude de devolución dos importes percibidos indebidamente.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta resolución entra en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2023

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega
das Industrias Culturais

ANEXO I

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e (entidade colaboradora) para a xestión e realización das actividades do Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241

Santiago de Compostela, ... de ... de 2023.

Reunidos:

Dunha parte, Román Rodríguez González, conselleiro da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en nome e representación da Axencia Galega das Industrias Culturais con NIF Q6550009B e enderezo na Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n, Santiago de Compostela, en calidade de presidente do Consello Reitor no exercicio das facultades e demais funcións que lle foron conferidas por razón do seu cargo pola Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, e o Decreto 150/2012, do 12 de xullo, polo que se aproba o Estatuto da Axencia Galega das Industrias Culturais, modificado polo Decreto 53/2021, do 18 de marzo, polo que se modifica o Estatuto da Axencia Galega das Industrias Culturais.

Doutra parte, ... en nome e representación da entidade... na súa condición de... en virtude das facultades emanadas de....

Ambas as partes interveñen no nome e representación das súas respectivas institucións no exercicio das competencias que lles están legalmente atribuídas, e recoñécense mutua e reciprocamente capacidade para obrigarse mediante o presente convenio nos termos que nel se conteñen e, para o efecto,

Manifestan:

Primeiro. A Axencia Galega das Industrias Culturais está a desenvolver diferentes programas de impulso no ámbito das industrias culturais e creativas co obxectivo de situar a Galicia como un referente na xeración de bens e servizos culturais cun alto valor innovador que permita incrementar a súa competitividade a nivel global e posibilitar un crecemento das empresas galegas en toda a cadea de valor do ámbito cultural.

Segundo. Que a Axencia Galega das Industrias Culturais traballa no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia e o seu compoñente 24 «Revalorización da industria cultural», que recolle reformas e investimentos orientadas a fortalecer a cadea de valor das industrias culturais españolas promovendo tres eixes estratéxicos: a competitividade, a dinamización e cohesión do territorio, e a dixitalización e sustentabilidade dos grandes servizos culturais, desenvolve unha liña de traballo acorde co devandito compoñente e o proxecto C.24.I1.P1.2 «Apoio a aceleradoras culturais».

Terceiro. O Programa de aceleración cultural de proxectos musicais é un programa de aceleración empresarial e está dirixido a proxectos emprendedores no ámbito da música, polo que as persoas ou entidades beneficiarias deberán ser novas empresas, físicas (autónomas) ou xurídicas, con menos de catro anos de existencia, desde o seu inicio de actividade en calquera dos ámbitos da cadea de valor da industria musical con sucursal ou oficina permanente na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a área Económica Europea e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia. Tamén poderán ser beneficiarias as persoas físicas co compromiso de que formalizarán a súa constitución como empresa antes do inicio do proceso de aceleración, unha vez aceptada a súa condición de persoa beneficiaria para participar no programa.

Cuarto. A entidade ... conforme a resolución da Agadic de data ... de ... de 2023 resultou seleccionada como entidade colaboradora na xestión e realización do Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais.

Quinto. Ambas as partes, por razóns de eficacia na xestión e co fin de acadar unha mellor prestación dos servizos ás persoas e entidades beneficiarias do programa e, de conformidade cos artigos 9 e 13 de Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, acordan subscribir o presente convenio de colaboración de acordo coas seguintes

Cláusulas:

Primeira. Obxecto da colaboración

Constitúe o obxecto do presente convenio establecer o marco da colaboración entre as partes asinantes para a xestión dos fondos destinados ás persoas e entidades beneficiarias nas accións e actividades que comprenden o Programa aceleración cultural de proxectos musicais que serán seleccionados, por concorrencia competitiva, entre os solicitantes da convocatoria pública que se realizará para o efecto, co fin de fortalecer e impulsar o sector profesional da música en Galicia.

Esta aceleración consta de dúas fases: unha primeira fase de aceleración e unha segunda fase de promoción e mercados.

Segunda. Entidade colaboradora

... é unha entidade colaboradora que cumpre cos artigos 3 e 6 da resolución pola que se convoca o procedemento de selección de entidades colaboradoras para a xestión das actividades destinadas a desenvolver o Programa aceleradora cultural de proxectos musicais, incluído como parte das liñas de actuación do compoñente 24 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Terceira. Obrigas da entidade colaboradora

A entidade colaboradora, sen prexuízo do disposto no artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do establecido na resolución pola que se convoca o procedemento de concorrencia para a selección dunha entidade colaboradora para a xestión e desenvolvemento das actividades do programa, ten as seguintes obrigas:

1. Desenvolver as actividades que forman parte do Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais cara ás persoas beneficiarias da convocatoria. Estas actividades consisten en:

a) Contribuír á selección das persoas e entidades participantes na aceleración. A entidade colaboradora participará, xunto á Comisión de Valoración creada para o efecto, para a valoración das solicitudes da convocatoria pública que seleccionará as persoas participantes na aceleración, achegando un informe de cada proxecto, consistente nunha análise sistemática e unha diagnose artística e instrumental.

b) Organizar a fase I de aceleración. A aceleración consiste nunha etapa individualizada e/ou grupal para o desenvolvemento das actividades da aceleración en forma presencial e/ou telemática.

Os servizos da aceleración consisten en:

– Consultaría e mentoring en diferentes ramas do negocio musical, preparados ad hoc para cada proxecto, estes temas poden ser relacionados coa proposta artística, produción, promoción e comercialización ou o modelo de negocio, entre outros.

– Consultaría de aceleración intensiva consistente en: mentorización na creación e gravación dun produto musical e o deseño dun plan estratéxico de lanzamento do produto musical ou plan de negocio.

c) Organizar a fase II Promoción e mercados.

Esta fase componse de diferentes actividades:

– Participación en circuítos de concertos, festivais e espazos profesionais da industria musical, a nivel galego e nacional: dúas accións por proxecto acompañados de profesionais de ampla experiencia no sector da música. As actividades que se van desenvolver serán acordes co perfil dos proxectos seleccionados.

– Desenvolvemento dun evento final de presentación de proxectos con networking e speedmeetings. Exposición pública de proxectos para o que se reservará un tempo de consultaría específico.

– Selección e asistencia a foros profesionais e programas en medios de comunicación.

En todo caso, a entidade colaboradora será unha intermediaria na xestión da aceleradora e non realizarán funcións decisorias que comporten o exercicio de potestades administrativas.

2. Ser a depositaria dos fondos para sufragar os custos de todas as actividades que conforman o Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais, sen que en ningún caso estes fondos se consideren integrantes do seu patrimonio. A entidade colaboradora recibirá os fondos destinados a esta acción dos orzamentos da Agadic e ocuparase de xestionar o cofinanciamento necesario para levar a cabo o programa.

3. Xestionar, controlar e supervisar o correcto destino dos fondos depositados na conta para o programa e, de ser o caso, coas instrucións específicas dadas pola Agadic.

4. Informar puntualmente da execución contable do programa, coa finalidade de realizar un seguimento continuo.

5. Reintegrar os fondos públicos no suposto de incumprimento dos requisitos e obrigas establecidas para a concesión da participación no programa e, en todo caso, nos supostos regulados no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. Cumprir, en materia de protección de datos, co Regulamento (UE) núm. 2016/678 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e coas demais disposicións vixentes sobre a materia.

7. Dispoñer de libros e rexistros contables para facilitar a adecuada xustificación dos fondos e a comprobación das condicións establecidas.

8. Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable idóneo que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes ás actuacións realizadas.

9. Cumprir cos requisitos e obrigas impostos pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, particularmente, co disposto nos seus artigos 10 e 12, así como polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

10. Someterse ás actuacións de comprobación e control que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás da autoridade de xestión, así como ás comprobacións da Comisión Europea, a Oficina Europea de Loita contra a fraude (OLAF), o Tribunal de Contas da Unión Europea, e aos controis derivados do Plan nacional de recuperación, transformación e resiliencia, que se realicen a través de autoridades nacionais ou europeas, facilitando canta información e documentación lle sexa requirida.

11. Dar publicidade, en todas as accións, materiais, contratos de servizos ou outros relacionados coa execución da actuación da orixe e o financiamento do programa con fondos NexGeneration de la Unión Europea. Ademais, deberán publicar a concesión da compensación económica na páxina web. Na páxina web deberán figurar, ademais do convenio, como mínimo, os obxectivos do proxecto e as actuacións para desenvolver. Concretamente, na documentación, carteis, propaganda ou publicacións que se elaboren para a súa difusión pública deberá figurar o logotipo da Xunta de Galicia así como financiado con cargo aos Fondos da UE e o Plan de recuperación, transformación e resiliencia. Así mesmo, deberá informarse que foi apoiado pola Xunta de Galicia.

Cuarta. Obrigas da Agadic

A Axencia Galega das Industrias Culturais, previo ao comezo do programa, deberá liberar o crédito necesario para realizar o pagamento total do custo das actividades que compoñen o Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais.

Definir a imaxe do programa en todos os soportes físicos e dixitais.

Compensar os gastos en que incorra a entidade colaboradora ao amparo do artigo 13.m) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Quinta. Operativa da xestión do programa

O Programa de aceleración cultural de proxectos musicais consiste no acompañamento ás persoas e entidades seleccionadas do sector musical para acelerar o proxecto musical presentado desde unha perspectiva profesional, empresarial e mercantil.

A Agadic realizará unha convocatoria pública para a selección dun máximo de 12 persoas e/ou entidades que serán as beneficiarias deste programa de aceleración cultural de proxectos musicais, conforme os criterios que, pertinentemente, se establezan na devandita convocatoria. O número mínimo para que o programa se realice será de catro participantes.

A entidade colaboradora deseñará as programacións da fase I de aceleración e a fase II promoción e mercados, para realizar as actividades que se sinalan na cláusula terceira deste convenio. No caso de que a entidade subcontrate parcialmente as actuacións obxecto do convenio fóra das súas funcións de intermediación, supervisión e control deberá respectar o establecido no artigo 27.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Na seguinte táboa figuran os custos máximos admisibles, que deberán responder a prezos de mercado, por concepto de gasto que abarcan o total do Programa da aceleradora cultural de proxectos culturais:

Aceleradora cultural de proxectos musicais.

Fase I. Aceleración

Concepto de gasto

Nº proxectos

Horas/accións

Custo unitario

Total

Consultaría individual e grupal

12

6 horas

140 €

10.080 €

Consultaría de produción

12

20 horas

170 €

40.800 €

Creación e gravación de produto musical

12

24 horas

170 €

48.960 €

Deseño do plan de negocio

12

24 horas

140 €

40.320 €

Subtotal fase I

140.160 €

Fase II. Promoción e mercados

Concepto de gasto

Nº proxectos

Horas/accións

Custo unitario

Total

Participación en circuítos, festivais e eventos

12

24 accións

2.000 €

48.000 €

Evento final de presentación de proxectos

12

1 evento

30.000 €

30.000 €

Campaña de difusión do programa

6.000 €

Subtotal fase II

84.000 €

Total aceleración cultural proxectos musicais

224.160 €

Estes conceptos de gasto, ao seren unha previsión, poden sufrir variacións de tal forma que incrementen ou diminúan o importe establecido, sen que iso supoña alteracións da finalidade para a que foron concibidos e sempre que non se modifique o importe total destinado á actuación.

A entidade colaboradora implementará o desenvolvemento das actividades segundo a proposta técnica remitida na selección de entidade colaboradora, coas achegas e suxestións que poida realizar a Agadic en todo momento para o correcto desenvolvemento e consecución do fin que se persegue con esta iniciativa.

Finalizado o programa, a entidade colaboradora entregará unha memoria cos seus resultados, individualizados, e realizará unha enquisa de satisfacción entre os participantes.

A porcentaxe de cofinanciamento máximo de conformidade co Regulamento xeral de exención de categorías (Regulamento (UE) 651/2014) será do 80 % do custo da actividade polo que o financiamento proveniente da Agadic non poderá superar esta intensidade.

Sexta. Compensación económica

A entidade colaboradora recibirá unha compensación económica do 80 % dos gastos de xestión, seguimento e control das actividades que conforman o Programa aceleradora cultural de proxectos musicais, por importe máximo de 60.000 euros con cargo á aplicación 10.A1.432B.770.1, código de proxecto 2022 0001 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia coa seguinte distribución:

Anualidade 2023: 10.000 euros.

Anualidade 2024: 50.000 euros.

Estes importes están financiados ao 100 % polos fondos de NextGenerationEU a través do Mecanismo europeo de recuperación e resiliencia establecido polo Regulamento (UE) 2020/2094 do Consello, do 14 de decembro de 2020, polo que se establece un Instrumento de recuperación da Unión Europea para apoio da recuperación tras a crise da COVID-19, e regulado segundo o Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia. O dito financiamento queda legalmente vinculado á realización das actuacións subvencionadas, medidas integradas no Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España.

De conformidade co disposto no artigo 72 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, o Consello da Xunta poderá autorizar a exención de constitución de garantías ás entidades colaboradoras.

Esta compensación económica está destinada a sufragar os custos derivados da execución (xestión, seguimento e control) do Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais, e os gastos elixibles son todos aqueles conceptos cuxa natureza respondan de maneira indubidable ás actividades obxecto deste convenio que non poderán ser superiores ao valor de mercado, tales como: persoal; informe técnico para a valoración dos proxectos das persoas ou entidades solicitantes; desprazamentos; aloxamento e manutención, de ser o caso, por asistencia a eventos vinculados co desenvolvemento do proxecto (o custo por aloxamento e manutención non poderá superar os 150 €/día e para os gastos de desprazamento cando sexa en vehículo particular calcularase a razón de 0,19 €/km); gastos dunha liña de teléfono en exclusiva para o proxecto para o tempo de duración deste; gastos en adquisición de equipamento ou material vinculados directamente ao desenvolvemento do proxecto e necesarios para a súa execución que non supoñan incremento patrimonial; gastos pola utilización de medios propios, instalacións e equipos necesarios para a execución de proxecto; gastos por custos indirectos que serán calculados a un tipo fixo de ata o 15 % dos custos directos de persoal subvencionable seguindo o establecido nos artigos 67 e 68.1.b) do Regulamento (UE) 1303/2013.q.

Con todo, non serán tidos en conta os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda, en cumprimento do artigo 29 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Esta compensación é incompatible con calquera axuda, subvención, ingreso ou recurso para o mesmo fin obxecto do convenio.

A entidade colaboradora, unha vez asinado o convenio, poderá solicitar pagamentos á conta polos traballos realizados, do importe da compensación, ata o 80 % deste, sen constituír garantía ningunha, despois da aprobación do Consello da Xunta de Galicia en aplicación do artigo 72.2 do Decreto 11/2009, Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

Sétima. Protección de datos

1. Os datos persoais solicitados neste convenio serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia –Agadic– coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que se derive da concesión da compensación económica a través deste convenio.

2. O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme as referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

3. Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia coa finalidade de cumprir co obxecto deste convenio.

4. As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora no procedemento administrativo común, segundo se explícita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

5. Así mesmo, a entidade conveniante someterase ao disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos), á Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e ás demais disposicións vixentes na materia.

6. A referencia á publicidade, en cumprimento da normativa de transparencia e subvencións, axustarase á normativa europea, en particular:

– Na futura documentación de cada proxecto (materiais de promoción e distribución) deberá figurar «coa colaboración da Xunta de Galicia», utilizando as súas marcas principais:

https://www.xunta.gal/identidade-corporativa/marca-principal

Ademais, en todas as medidas de información, comunicación e publicidade das actuacións como poden ser: carteis informativos, placas, publicacións impresas e electrónicas, material audiovisual, páxinas web, anuncios e insercións en prensa, certificados, etc., deberanse incluír mencionando expresamente a súa procedencia e financiamento con fondos NextGenerationEU da Unión Europea e o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Oitava. Prazo de duración

O presente acordo entrará en vigor o día seguinte ao da súa sinatura e os seus efectos estenderanse ata o 30 de outubro de 2024.

Novena. Modificación e interpretación do convenio

1. O presente convenio poderá estar suxeito a modificación sempre que non se altere a finalidade e esencia deste. As partes, de mutuo acordo, poderán determinar os cambios que se consideren necesarios para a mellor execución do programa de aceleración musical. Para iso, crearase unha comisión de seguimento formada por dúas persoas representantes de cada parte asinante, cuxos acordos serán executivos.

2. As cuestións xurdidas acerca da interpretación, modificación ou efectos do convenio que non alcancen acordo entre as partes serán resoltas pola Agadic e os seus acordos poñerán fin á vía administrativa.

Contra estes acordos cabe interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o mesmo órgano que ditou a resolución, segundo o previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderá interpoñerse directamente ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación do acto que poña fin á vía administrativa, se o devandito acto for expreso. Se non o for, o prazo será de seis meses e contarase, para o solicitante e outros posibles interesados, a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Décima. Resolución, reintegro e gradación dos incumprimentos do convenio

Son causas de resolución deste convenio:

a) O transcurso do prazo de vixencia do convenio sen que se acordase a súa prórroga.

b) O acordo unánime das partes asinantes.

c) O incumprimento total ou parcial das estipulacións contidas nas cláusulas ou no articulado da orde pola que se convoca o procedemento de selección de entidades colaboradoras, sen prexuízo da tramitación dos compromisos adquiridos con anterioridade sobre expedientes de axudas en curso.

d) A decisión xudicial declaratoria da nulidade do convenio.

e) Calquera outra causa distinta das anteriores prevista na lexislación vixente.

Para os efectos do reintegro das subvencións, aplicarase o disposto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Neste sentido, a entidade colaboradora procederá ao reintegro total ou parcial da axuda e aos xuros de mora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a orixe do reintegro nos supostos recollidos nos artigos 32 e seguintes da devandita Lei 9/2007. Para facer efectiva esta devolución, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto na citada lei e no Decreto 11/2009.

Consideraranse incumpridos os obxectivos do convenio cando non se xustifique, polo menos, o 60 % dos custos previstos neste. O alcance do incumprimento determinarase en proporción ao investimento deixado de practicar ou practicado indebidamente, e minorarase proporcionalmente a achega pública.

Nos seguintes casos de incumprimento reducirase a intensidade da compensación económica da seguinte maneira:

a) Se se incumprise a obriga de dar publicidade do financiamento do proxecto, conforme o establecido nesta resolución, aplicarase un factor de corrección do 2 %.

b) Se se incumprisen as tarefas, compromisos, obxectivos ou condicións do proxecto, dando lugar a un informe final negativo, o incumprimento valorarase en función deste e supoñerá a aplicación dun factor de corrección igual á porcentaxe de incumprimento sinalada no informe técnico.

A concorrencia de distintas causas de incumprimento dará lugar á apreciación conxunta destas, aplicando á intensidade da axuda o factor que resulte do produto de todos os factores de corrección. No caso de que algún dos factores de corrección sexa negativo, a intensidade da axuda será cero.

A aplicación do factor de corrección realizarase coa revisión da xustificación da última anualidade e, de ser o caso, requirirase a entidade colaboradora para que proceda á devolución dos fondos percibidos indebidamente. A falta de devolución destes nos prazos requiridos dará lugar á incoación do expediente de reintegro nos termos recollidos no artigo 33 da Lei 9/2007 e no título V do Decreto 11/2009.

No caso das condicións que constitúan obrigas que a entidade colaboradora deba acreditar na fase de xustificación (obrigas de publicidade, comunicación doutras axudas, etc.), estas deberán xustificarse en todo caso para proceder ao pagamento, polo que a gradación fixada neste punto soamente resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso de que se detecten en controis posteriores ao pagamento por algún incumprimento relativo a estas obrigas.

Décimo primeira. Xustificación e pago

A entidade colaboradora xustificará ante a Agadic a realización das actividades propostas no Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais, para o que deberá remitir:

1. Memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións obxecto deste convenio, con indicación das actividades realizadas. Deberá incluír documentación gráfica das actuacións efectuadas coa inclusión dos logotipos da Xunta de Galicia e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

2. Memoria económica xustificativa do custo das actividades realizadas e dos gastos derivados da xestión, seguimento e control do programa que, polo menos, conterá:

– Unha relación clasificada de gastos de todas as actividades, con identificación do acredor (denominación e NIF), núm. de factura ou documento de valor probatorio, concepto do gasto claramente expresado, importe, data de emisión, forma de pagamento (transferencia, etc.), data de pagamento e importe.

– As facturas ou documentos de valor probatorio equivalente incorporados na relación a que se fai referencia no parágrafo anterior e a documentación acreditativa do pagamento.

– En relación cos documentos que acrediten os custos de persoal: a copia das nóminas e relación nominal de traballadores (RN, TC2) e o seu pagamento –xustificantes bancarios das nóminas e recibos de liquidación á Seguridade Social (RLC, TC1)– así como as retencións de IRPF. Para estes efectos, terán a consideración de gasto realizado en prazo, os ingresos á conta do IRPF ou cotas da Seguridade Social liquidables con posterioridade á data de execución. O importe destes ingresos e cotas considerarase xustificado coa presentación do documento de gasto en que se reflicta o importe da retención ou cotizacións devindicadas na data de xustificación e a entidade queda obrigada a presentar os documentos acreditativos do pagamento no prazo máximo de dous meses contados desde a presentación das liquidacións correspondentes.

– Unha memoria económica explicativa e aclaratoria dos gastos realizados para a realización das actividades: desviacións ou variacións económicas realizadas con respecto ás partidas inicialmente orzadas no proxecto económico presentado para a sinatura do convenio, que deben ser explicadas e motivadas convenientemente na memoria; en caso de gastos relativos a aloxamento, mantemento, viaxes, traslados…, de ser o caso, débese especificar nesta memoria a relación de persoas a que se refiren os gastos e da súa relación coa actividade subvencionada e todas aquelas cuestións que se considere precisen explicación.

3. Os tres orzamentos que, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, deba solicitar a entidade colaboradora, de ser o caso.

4. A Agadic poderá consultar a través de medios de interoperabilidade os datos elaborados polas administracións públicas sobre a situación de que a entidade se atopa ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, agás que medie oposición expresa da entidade, nese caso a entidade deberá achegar a documentación que a seguir se relaciona:

– A acreditación de estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, mediante:

– Certificación positiva de encontrarse ao día no cumprimento da súa obriga tributaria, expedida pola Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).

– Certificación positiva de non ter contraída ningunha débeda de natureza tributaria coa Facenda pública da Comunidade Autónoma, expedida pola Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

– Certificación positiva de encontrarse ao día no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social, expedida pola Tesouraría da Seguridade Social.

5. Certificado ou documentación pertinente do organismo competente de exención ou suxeición á obriga de declarar o IVE.

En canto á forma de presentación, os xustificantes de gasto, así como os seus xustificantes de pagamento, deberán entregarse clasificados segundo os puntos da relación clasificada de gastos presentada. A documentación correspondente á xustificación presentarase de forma electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal).

6. Considerarase gastos realizados os que foron efectivamente pagados con anterioridade á finalización do período de xustificación determinado no punto 9 desta cláusula.

7. Cando o beneficiario da subvención sexa unha empresa, os gastos subvencionables en que incorrese nas súas operacións comerciais deberán ser aboados nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial, que lle sexa de aplicación ou, na súa falta, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

8. Cando ao beneficiario se lle outorgase a compensación económica por importe superior a 30.000 euros e sexa un suxeito dos incluídos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, terá que cumprir os prazos de pagamento establecidos no punto anterior, circunstancia que se acreditará pola presentación da conta de perdas e ganancias abreviada. No suposto de que non a poidan presentar, o cumprimento dos prazos legais de pagamento acreditarase coa certificación dun auditor inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas.

9. O prazo para presentar a documentación xustificativa por parte da entidade beneficiaria finaliza o 12 de decembro de 2023 para a anualidade 2023 e o 1 de novembro para a anualidade de 2024.

10. Unha vez recibida a documentación xustificativa e realizadas as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da actividade obxecto deste convenio polos órganos competentes da Axencia, procederase ao seu pagamento.

11. Se por algunha circunstancia, o programa tivese que ser cancelado por motivos alleos á entidade colaboradora, as partes, de mutuo acordo, determinarán os gastos efectuados susceptibles de ser xustificados ata o momento en que se decide a súa cancelación, dando lugar á resolución do convenio.

Décimo segunda. Natureza xurídica e xurisdición competente

Este convenio ten natureza administrativa e queda fóra do ámbito da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, que o exclúe expresamente no artigo 6.2.

As controversias derivadas da aplicación ou interpretación do presente convenio serán resoltas en última instancia pola persoa titular da dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais, cuxas resolucións poñen fin á vía administrativa. Será competente a xurisdición contencioso-administrativa para resolver na vía xurisdicional as citadas controversias.

Décimo terceira. Réxime xurídico

Para todo o non previsto neste convenio observarase a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia; a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno; a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, así como as restantes normas xerais de dereito administrativo.

Así mesmo, réxense polas normas comunitarias aplicables por razón do financiamento pola Unión Europea e polas normas nacionais de desenvolvemento ou transposición destas. En particular, seralles de aplicación, entre outras:

a) Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

b) Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión, polo que se modifican os regulamentos (UE) núm. 1309/2013, (UE) núm. 1316/2013, (UE) núm. 223/2014 e (UE) núm. 283/2014 e a Decisión núm. 541/2104/UE e polo que se derroga o Regulamento (UE, Euratom) núm. 966/2012 e a Lei 47/2003, do 26 de novembro, xeral orzamentaria.

c) Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

d) Resolución do 29 de abril de 2021, da Subsecretaría, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros do 27 de abril de 2021, polo que se aproba o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

e) Disposición adicional primeira da Lei 11/2020, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para 2021.

f) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

g) Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

h) Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

i) Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información para proporcionar polas entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimento de fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

j) Disposición adicional centésimo décimo segunda da Lei 31/2022, do 23 de decembro.

k) Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de intereses nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

En proba de conformidade cos termos do presente convenio, as partes asínano e rubrícano, no día e data da sinatura dixital.

Santiago de Compostela, ... de ... de 2023.

Román Rodríguez González, presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file