DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 3 de agosto de 2023 Páx. 47039

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico), do proxecto de solución de evacuación conxunta dos parques eólicos Outeiro Grande e Monte Festeiros, emprazado nos concello de Silleda, A Estrada e Forcarei da provincia de Pontevedra (IN408A 2020/180).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante: AV Monte Festeiros, S.L.U.

Denominación do proxecto: solución de evacuación conxunta dos parques eólicos Outeiro Grande e Monte Festeiros.

Concellos afectados: Silleda, A Estrada e Forcarei da provincia de Pontevedra (Pontevedra).

Orzamento total (execución material): 8.462.077,23 euros.

Obxecto: evacuar a enerxía xerada polos seguintes parques eólicos obxecto deste expediente:

– Parque eólico Outeiro Grande de AV Outeiro Rubio, S.L.U., 18 MW, co número de expediente (IN661A 2011/1-4).

– Parque eólico Monte Festeiros de AV Monte Festeiros, S.L.U., 48 MW, co número de expediente (IN661A 2011/2-4).

– Pico Touriñán de ENEL Green Power España, S.L., 24 MW, co número de expediente (IN661A 2010/3-4).

Alcance:

– LAT 132 kV PE Outeiro Grande-PE Monte Festeiros-subestación colectora Arela.

– Subestación colectora Arela 400/132 kV.

Características técnicas recollidas no proxecto:

– LAT 132 kV PE Outeiro Grande-PE Monte Festeiros-subestación colectora Arela.

– A liña iníciase na subestación transformadora (en adiante, SET) do parque eólico Outeiro Grande, desde alí diríxese ata a subestación do parque eólico Monte Festeiros de onde recollerá a enerxía producida por este e polo parque eólico Pico Touriñán. De aí iría ata a subestación colectora (en adiante, SEC) Arela. Constaría de 5 tramos cun total de 21.871,077 m.

Tramo I.

Circuíto simple de condutor tipo LA-280 simplex, de 9.783,77 m aproximadamente sobre 38 apoios.

Orixe: SET PE Outeiro Grande (concello da Estrada).

Final: apoio 38 (concello de Silleda).

Tramo II.

Configuración en dobre circuíto con entrada e saída na SET Monte Festeiros de lonxitude 1.308,091 m sobre 5 apoios . Divídese á súa vez en dous circuítos:

Circuíto 1 (con condutor LA-280 simplex).

Orixe: apoio 38 (concello de Silleda).

Final: SET Monte Festeiros (concello de Silleda).

Circuíto 2 (con condutor LA-280 duplex).

Orixe: SET Monte Festeiros (concello de Silleda).

Final: apoio 38 (concello de Silleda).

Tramo III.

Circuíto simple de condutor tipo LA-280 duplex, de 5.107,17 m sobre 21 apoios.

Orixe: apoio 38 (concello de Silleda).

Final: apoio 59 (PAS) (concello de Silleda).

Tramo IV.

Liña soterrada RHZ1-RA+2OL(S) 76/132 kV 1×630 mm2 AL+H165 con tubaxe de formigón, de 400 m.

Orixe: apoio 59 (PAS) (concello de Silleda).

Final: apoio 60 (PAS) (concello de Silleda).

Tramo V.

Circuíto simple de condutor tipo LA-280 duplex, de 5.272,01 m con 27 apoios.

Orixe: apoio 60 (PAS) (concello de Silleda).

Final: SET Arelas (concello de Silleda).

Desde o apoio 84 ata o apoio 86 terá unha configuración en dobre circuíto para incorporar o circuíto de Greenalia Wind Power, S.L.U., que finaliza na SEC Silleda 400/132 kV (obxecto doutro proxecto).

En todas as liñas anteriores, levará un cable de fibra óptica do tipo OPGW-48 para comunicacións.

Subestación colectora Arela 132/400 kV.

Estará situada no concello de Silleda e constará dunha parte a intemperie, onde se instalará a aparellaxe eléctrica, e dun edificio de control.

SEC Arela

X (ETRS89)

Y (ETRS89)

A

561.629,423

4.732.992,516

B

561.698,427

4.733.002,783

C

561.759,656

4.732.950,293

D

561.725,063

4.732.910,156

Estará composta polos seguintes elementos:

– Unha (1) posición de liña-transformador de 132 kV, con tecnoloxía convencional para a LAT 132 kV PE Outeiro Grande-PE Monte Festeiros-SEC Arela.

– Unha (1) posición de transformación 400 kV, con tecnoloxía convencional.

– Embarrado de 400 kV.

– Un transformador de 400/132 kV de 200 MVA de potencia nominal.

Para a alimentación dos servizos auxiliares da subestación colectora, instalarase un centro de transformación de 20/0,4 kV que se alimentará a través dunha liña de 20 kV existente na zona propiedade de UFD Distribución Electricidad, S.A. O seu trazado descorre pola zona onde se está proxectando esta subestación polo que será necesario realizar un recuamento desta. Ademais contará con un grupo electróxeno exterior de 100 kVA.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co establecido no artigo 43 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento de implantación de iniciativas empresariais en Galicia, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 17 de xuño de 2021, acordou declarar iniciativa empresarial prioritaria os parques eólicos Monte Festeiros e Outeiro Grande e as súas infraestruturas de evacuación, e con base nos artigos 44 da mencionada Lei 5/2017, do 19 de outubro, e 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o 29 de xullo de 2021, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais resolveu declarar a tramitación de urxencia do procedemento administrativos correspondente ao expediente IN408A 2020/180, o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos.

De acordo co disposto no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: proxecto de execución, estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico).

O que se fai público de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións no prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A consulta da documentación realizarase preferentemente a través da seguinte ligazón da web da Consellería de Economía, Industria e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 51.

Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado, así como nas dependencias dos concellos de Silleda (rúa Trasdeza, 55, 36540 Silleda), A Estrada (praza da Constitución, 1, 36680 A Estrada) e Forcarei (praza da Igrexa, 1, 36550 Forcarei).

Pontevedra, 20 de xullo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra