DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 3 de agosto de 2023 Páx. 46887

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 25 de xullo de 2023 pola que se modifica a composición do Consello Social da Universidade de Vigo.

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, establece que o consello social estará integrado por un máximo de trinta e unha persoas membros.

A Lei 6/2013 no seu artigo 77.3 establece que a representación dos intereses sociais no Consello Social corresponde a personalidades da vida cultural, profesional, económica, laboral ou social, de acordo coa seguinte distribución: o presidente ou presidenta do Consello Social; seis membros designados polo Parlamento de Galicia; seis membros designados pola Xunta de Galicia; un membro designado por cada un dos sindicatos máis representativos no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia; catro membros designados polas organizacións empresariais máis representativas dos sectores estratéxicos da economía galega na área de influencia da universidade; un membro designado polas corporacións dos municipios en que se sitúan os campus; un membro designado pola asociación de antigos alumnos de cada unha das universidades, un membro designado polos colexios profesionais, a través da súa entidade asociativa máis representativa, vinculados coa oferta formativa de cada unha das universidades.

O 12 de xullo de 2023, o Consello Social da Universidade de Vigo comunica á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a designación de David Martínez Alonso como representante da Confederación de Empresarios de Ourense no Consello Social en substitución de Rosa María Sánchez Gándara.

De acordo co establecido no artigo 78 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, xúntase declaración xurada de compatibilidade dos novos membros.

O artigo 77.4 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, establece que os acordos de designación de membros do Consello Social seranlle comunicados á persoa titular da consellería competente en materia de universidades, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da súa consellería.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear a David Martínez Alonso como representante da Confederación de Empresarios de Ourense no Consello Social da Universidade de Vigo, en substitución de Rosa María Sánchez Gándara.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de xullo de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades