DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 2 de agosto de 2023 Páx. 46858

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 10 de xullo de 2023 polo que se notifica a resolución ditada no expediente administrativo DH.B36.83089.

A Dirección de Augas de Galicia ditou resolución do expediente administrativo de autorización de usos privativos por disposición legal, coa clave DH.B36.83089.

Intentada a notificación da resolución pola vía electrónica, por ser o medio de notificación elixido pola solicitante con DNI 76824714-E, con xustificante de posta á disposición e de rexeitamento por non acceder en prazo, esta non se puido efectuar de conformidade co artigo 43 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC). Por este motivo, e seguindo co disposto no artigo 44 da LPAC, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia.

Infórmase á persoa interesada de que, en virtude do artigo 46 LPAC, esta poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles, desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2023

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia