DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 2 de agosto de 2023 Páx. 46859

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 27 de xullo de 2023 polo que se notifica ás persoas titulares de terreos catastrais afectados polo proxecto de interese autonómico (PIA), denominado Novo Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), o inicio do trámite de información pública (clave AC/21/215.30.0).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase o inicio do trámite de información pública do proxecto de interese autonómico (PIA) denominado Novo Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), de clave AC/21/215.30.0, ás persoas titulares catastrais dos predios afectados que se relacionan no anexo.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, o interesado poderá comparecer para coñecemento do proxecto e constancia de tal coñecemento na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela) e no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico desenoinfraestruturas.axi@xunta.gal ou nos teléfonos 981 95 76 01/981 54 50 50.

Asemade, a documentación íntegra do proxecto e un extracto do documento cos obxectivos, localización e descrición da actuación estarán dispoñibles na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/novo-chuac

Así mesmo, indícase que poderá presentar alegacións no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2023

Francisco Menéndez Iglesia
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Interesado/a

Predio afectado

Referencia catastral

Fomento de La Coruña, S.A.

9583102NH4998S0000EA

9681906NH4998S0001IS

9581203NH4998S0001US

Silvosa Fernández, Carmen (hros.)

9692218NJ4999S0001OD

López Fernández, Perfecto

9692217NJ4999S0001MD

Mejuto Lorenzo, Santiago

9583103NH4998S0000SA

Manteiga García, Benigno

9692221NJ4999S0001OD

9692226NJ4999S0001ID

Rivas Candal, José Antonio

9593410NJ4999S0001RD

Monreal Pan, Pedro Enrique

9692223NJ4999S0001RD

Bahamonde Santiso, Ramón Francisco

9692216NJ4999S0001FD

9692225NJ4999S0001XD

Blanco Moreno, Elvira

9692212NJ4999S0001QD

Santiso Blanco, Leonor (hros.)

9692211NJ4999S0001GD