DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 2 de agosto de 2023 Páx. 46784

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2023 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, na escala técnica de saúde laboral, subgrupo A2, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 44, do 4 de marzo).

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso na escala técnica de saúde laboral, subgrupo A2, do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG núm. 44, do 4 de marzo); e realizado o acto de elección de destino provisional previsto na Resolución do 20 de xuño de 2023 (DOG núm. 120, do 26 de xuño), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, na escala técnica de saúde laboral, subgrupo A2, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais, segundo o disposto na base IV.6, os que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar o día 19 de setembro de 2023.

No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro de destino

Centro directivo

Concello

Adscr.

Niv.

Formación

1

***4819**

García Díaz, María

2

EIO291000027001012

Técnico/a de saúde laboral

EM

Centro Territorial do Issga en Lugo

Servizos periféricos-Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

Lugo

A2

22

Técnico de Nivel Superior de Prevención de Riscos Laborais nas súas tres especialidades: Seguridade no Traballo, Hixiene Industrial e Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada (R.I.).

2

***4976**

Bacaicoa Ripa, Silvia María

3

EIO291000032001011

Técnico/a de saúde laboral

EM

Centro Territorial do Issga en Ourense

Servizos periféricos-Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

Ourense

A2

22

Técnico de Nivel Superior de Prevención de Riscos Laborais nas súas tres especialidades: Seguridade no Traballo, Hixiene Industrial e Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada (R.I.).

3

***7242**

Gulías Sanmartín, Raquel

4

EIO291010136440020

Técnico/a de saúde laboral

EM

Centro Territorial do Issga en Pontevedra

Servizos periféricos-Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

Redondela

A2

22

Técnico de Nivel Superior de Prevención de Riscos Laborais nas súas tres especialidades: Seguridade no Traballo, Hixiene Industrial e Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada (R.I.).

4

***4235**

Neira Fernández, Laura

1

EIO291000015001017

Técnico/a de saúde laboral

EM

Centro Territorial do Issga na Coruña

Servizos periféricos-Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

Coruña (A)

A2

22

Técnico de Nivel Superior de Prevención de Riscos Laborais nas súas tres especialidades: Seguridade no Traballo, Hixiene Industrial e Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada (R.I.).