DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 2 de agosto de 2023 Páx. 46841

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 14 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 20220131TA-OU por infracción en materia sanitaria.

O 12 de xuño de 2023, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Ourense ditou a resolución do expediente sancionador 20220131TA-OU contra a persoa titular do DNI 44663371Q.

Tras intentar a notificación desta resolución consonte o artigo 42.2 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), non se puido efectuar, polo que mediante esta cédula notifícaselle á persoa titular do DNI 44663371Q o contido da dita resolución, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da devandita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, ao abeiro do disposto nos artigos 121 e 122 da antedita Lei 39/2015, de 1 de outubro,e lembráselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Ourense, na avenida de Zamora, 13, 4º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Tamén, as administracións públicas lexitimadas para impugnar o acto poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contado desde a data da publicación, e poderán realizar un requirimento previo de anulación ou revogación do acto no prazo de dous meses, todo isto de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución o pagamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Poderá efectuar o ingreso en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015.

Ourense, 14 de xullo de 2023

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: 20220131TA-OU.

DNI da persoa denunciada: 44663371Q.

Último enderezo coñecido: rúa Irmáns Vilar, 5, 2º A, 32005 Ourense.

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco (BOE núm. 309, do 27 de decembro), modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro (BOE núm. 318, do 31 de decembro). Artigo 7.u): prohíbese fumar en bares, restaurantes e demais establecementos de restauración pechados.

Tipificación: leve. Documéntase unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 19.2.a) da Lei 28/2005, modificada pola Lei 42/2010: consideraranse infraccións leves a) fumar nos lugares en que existe prohibición ou fóra das zonas habilitadas para o efecto.

Sanción proposta: trinta euros (30 €).