Convócase concurso público para a cobertura dunha praza de facultativo/a veterinario/a do servizo ambulante de animais de produción no Hospital Veterinario Universitario Rof Codina, dependente da Fundación Rof Codina. As bases están dispoñibles en www.rofcodina.org e o prazo de entrega de solicitudes finaliza aos 15 días naturais seguintes a partir da publicación deste anuncio.
Lugo, 24 de xullo de 2023
Javier Ferreira Fernández
Xerente da Fundación Rof Codina