A Autoridade Portuaria de Vigo, ao abeiro do establecido no Real decreto 636/2020, do 27 de xullo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2021, realiza a convocatoria para cubrir a seguinte praza de persoal laboral fixo suxeito a convenio colectivo, mediante contrato de remuda indefinido a tempo completo, polo procedemento de concurso-oposición:
– 1 praza de técnico/a de sistemas de información e comunicacións GII BII N2.
As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web da Autoridade Portuaria de Vigo www.apvigo.es, na páxina web do organismo público Portos do Estado www.puertos.es e na páxina www.administracion.gob.es.
Os/as aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG), para a presentación de solicitudes.
Vigo, 21 de xullo de 2023
Carlos Botana Lagarón
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo