O contido da resolución aprobatoria da puntuación definitiva dos méritos da persoas aspirantes admitidas está publicado na seguinte ligazón:
https://www.cidadedacultura.gal/gl/info/persoal.
Contra o acordo de aprobación da baremación definitiva poderá interporse recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
O prazo para a interposición do amentado recurso comezará o día seguinte ao da publicación, no Diario Oficial de Galicia, do anuncio de aprobación da baremación definitiva, ben por medios electrónicos, de acordo co sinalado nas bases para a presentación de solicitudes, ou ben por calquera das formas establecidas no artigo 16 da Lei 39/2015, caso en que deberá notificar o envío da documentación á Fundación Cidade da Cultura de Galicia mediante o correo electrónico cidade.cultura@xunta.gal no mesmo día da presentación.
Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2023
Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia