DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 31 de xullo de 2023 Páx. 46496

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 11 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica aos interesados as afeccións pola construción dunha instalación eléctrica prevista no concello de Toén, na provincia de Ourense.

Mediante o Acordo do 19 de mayo de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, foi sometida a información pública a solicitude da autorización administrativa previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Toén (expediente IN407A 2023/090-3), o cal foi publicado no DOG do 14 de xuño, e, ao mesmo tempo, realizouse a notificación aos particulares afectados.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares dos predios que no anexo se relacionan para ser notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 11 de xullo de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2023/090-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTA, CTI e RBTA Quellepán.

Concello: Toén.

Nº de
afección

Datos catastrais

Titular/es

Afección

Tipo de terreo

Lugar

Apoios

Voo

Cant.

Sup. (m2)

Lonx.

Sup (m2)

9

32082A044001190000LU

Hdros. Manuel Álvarez Penelas

30,00

Matogueira

Toxeira

11

32082A044001140000LI

Raúl Rodríguez González

33,00

541,00

Matogueira

Toxeira

13

32082A044001120000LD

Manuel Rodríguez Rodríguez

39,00

358,00

Matogueira

Toxeira

17

32082A044001690000LM

Alba Romero Borrajo

43,00

690,00

Labradio

Cerreiriñas

18

32082A044001680000LF

Noelia Rodríguez Varela

112,00

Viñedo

Cerreiriñas

20

32082A044001670000LT

Alba Romero Borrajo

77,00

Viñedo

Cerreiriñas