DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 28 de xullo de 2023 Páx. 46195

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se designan os membros e se fai pública a composición da Comisión de Selección que valorará os méritos das persoas candidatas aos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2022/23.

A Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, do 19 de xuño de 2023, pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2022/23 (DOG núm. 125, do 3 de xullo), establece no seu artigo 13 que para valorar os méritos das persoas participantes, a persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa designará unha comisión formada por un presidente ou unha presidenta, e ata un máximo de seis vogais, coa categoría de subdirector/a xeral, xefe/a de servizo ou inspectores e inspectoras de educación.

De conformidade co establecido no citado artigo 13, na disposición derradeira primeira da citada Orde do 3 de xullo de 2023, esta dirección xeral

RESOLVE:

Designar os membros da Comisión de Selección que valorará os méritos das persoas candidatas aos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2022/23, que é a que figura a seguir:

– Titulares:

Presidente: Manuel Enrique Prado Cueva, subdirector xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo.

Vogais:

María del Carmen Areán Vázquez, inspectora de educación.

José Fernando Carrasco Mera, inspector de educación.

María Magdalena Duarte Blanco, inspectora de educación.

– Suplentes:

Presidenta: Branca Nazaré Guerreiro Muñoz, inspectora de educación.

Vogais:

Genoveva Carmen Ferreiro Pumariño, inspectora de educación.

Patricia Gens Autrán, inspectora de educación.

María Elena Urtiaga Estévez, inspectora de educación.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2023

Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa