DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 27 de xullo de 2023 Páx. 46127

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2023/63-1).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Metrovacesa, S.A. (A87471264).

Domicilio social: avenida Quintanavides, 13, 28050 Madrid

Título: proxecto técnico de instalación de LMTS, CT de 630 kVA, CT de 400 kVA e RBTS para edificio de 111 vivendas de promoción libre, garaxes e rochos sita na avenida Lamadosa (parcela 4 do proxecto de reparcelación do sector urbanizable 6), Eirís, A Coruña.

Situación: avenida Lamadosa (parcela 4 do proxecto de reparcelación do sector urbanizable 6), Eirís, A Coruña.

Características técnicas:

Liña soterrada de alta tensión de 15 kV, con inicio e final na liña de distribución EIR728, entre os centros 15SFJX e 15CDYS, logo de entrar e saír nos centros de transformación proxectados, condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2) KAL+H16, Al, lonxitude aproximada 54.1 m.

Dous centros de transformación compactos prefabricados de manobra exterior, con celas compactas de SF6 (2LP- 2 celas de liña (saída telecontrolada) e 1 cela de protección con fusibles (24 kV, 400A, 16 kA), e transformadores de aceite de 400 kVA e 630 kVA, refrixeración natural e relación de transformación 15 kV/420 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A presente autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal en que poida incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra o presente acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 11 de xullo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña